Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A33 |
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podolóxica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. |
A35 |
Coñecer e empregar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamentos dos tumores no pé. Coñecer e saber tratar as complicacións e efectos secundarios derivados da aplicación das técnicas de cirurxía podolóxica e quiropodolóxicas. |
A36 |
Integrar e aplicar na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante la carrera, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados. |
A37 |
Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía. |
A38 |
Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida. |
A39 |
Desenvolver as técnicas de exploración física. |
A40 |
Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A41 |
Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A42 |
Emitir un diagnóstico e pronóstico. |
A43 |
Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. |
A44 |
Deseñar planes de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. |
A45 |
Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. |
A46 |
Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. |
A47 |
Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. |
A48 |
Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. |
A49 |
Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A50 |
Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos. |
A51 |
Elaborar e interpretar informes clínicos. |
A52 |
Avaliar os resultados obtidos do proceso de atención podolóxica. |
A53 |
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A54 |
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
A55 |
Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía. |
A60 |
Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno. |
A62 |
Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa prevención, avaliación diagnóstica e tratamento podolóxico. |
A64 |
Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B11 |
Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo. |
B12 |
Capacidade de xestión da información. |
B14 |
Implicación na calidade e busca da excelencia. |
B16 |
Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo. |
B17 |
Capacidade de motivarse e motivar a outros. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B21 |
Habilidades interpersonais. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podológica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos nas clínicas podológicas universitarias e centros acreditados. |
A36 A60
|
B19
|
|
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía |
A37
|
|
|
Realiza a historia clínica podolóxica e rexistra a información obtida. |
A38
|
|
|
Desenvolve as técnicas de exploración física. |
A39
|
|
|
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A40
|
|
|
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A41
|
B12
|
|
Emite un diagnóstico e prognóstico. |
A42
|
|
|
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podológico. |
A43 A62 A64
|
|
|
Deseña plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. |
A44 A62
|
|
|
Desenvolve a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. |
A45
|
B4 B17
|
|
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos. |
A46
|
|
|
Desenvolve as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A47
|
|
|
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. |
A48 A49
|
B7 B21
|
C1
|
Prescribe, administra e aplica tratamentos farmacolóxicos, ortopodológicos, físicos e cirúrxicos. |
A50
|
|
|
Elabora e interpreta informes clínicos. |
A51
|
B7 B12
|
|
Avalía os resultados obtidos do proceso de atención podológica. |
A52
|
B14
|
C4
|
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A53
|
B11 B12 B16
|
|
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
|
B1 B3 B14
|
C6
|
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía. |
A55
|
B6
|
C4 C6
|
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico. |
|
B2 B18
|
C3
|
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podológicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podológica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. |
A33 A54
|
|
C7 C8
|
|
A33 A35 A54
|
|
C7 C8
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Na materia Prácticum 3 o alumno/a aplica os coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o 2º cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno/á efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. |
-Método clínico en podoloxía.
-Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida.
-Técnicas de exploración física.
-Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
-Probas complementarias e a racionalización do seu uso.
-Diagnóstico e prognóstico.
-Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
-Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
-Protocolos: execución e avaliación.
-Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos.
-Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
-Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
-Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
-Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos.
-Elaboración e interpretación de informes clínicos.
-Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
-Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
-Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes.
-Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
-Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Clinical practice placement |
A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 |
240 |
0 |
240 |
Student portfolio |
A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 |
0 |
50 |
50 |
Objective test |
A35 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 |
2 |
6 |
8 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Clinical practice placement |
As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podología e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescripción, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimiento das afecciones tratadas e a súa evolución.
Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obligatoria e non pode ser substituída por ningunha outra actividade.
A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das causas recolleitas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC debidamente acreditada (con justificante con data do día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 7 días da ausencia na administración da CUP).
Terase dereito a non recuperar as prácticas ata un máximo de 3 ausencias xustificadas a prácticas.
Cada ausencia xustificada adicional será penalizada con -0,25 puntos na avaliación continua do servizo no que se ausente.
Un número maior a 8 de faltas xustificadas ou a existencia de faltas injustificadas supoñerá o suspenso da materia.
Calquer suposto que se presente no límite da presente norma será revisado polo coordinador da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación.
Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 7 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 30 días de antelación ao coordinador da materia.
Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 2 ausencias a prácticas son:
- Congreso Nacional de Podoloxía
- Xornadas Galegas de Podoloxía
- Congresos Internacionais de Podoloxía
- Congreso de Estudantes de Podoloxía
Todo o alumnado debe de asistir no grupo no que está inscrito e dado que debe de asistir todos os días a prácticas. Non existe a posibilidade de cambiar prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a deberá asinar á súa entrada na CUP.
A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica.
Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao persoal de administración da CUP antes de pasados 7 días desde a ausencia.
A puntualidad na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera atraso.
As faltas de puntualidad serán penalizadas podendo chegar a supoñer o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica que á súa vez será quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisiones.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pijama e calzado sanitario branco, limpo así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP en todo momento (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), a lexislación vigente e o Código Deontológico de Podoloxía moi especialmente no que ao segredo profesional refírese.
O incumprimento da normativa de Clínica Podolóxica, normativa da UDC e/ou Ley Orgánica de Protección de Datos de carácter Personal supondrá el suspenso de la materia.
suporá o suspenso da materia.
|
Student portfolio |
Este apartado consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, petición de probas complementarias, elaboración de informes clínicos, etc.), e a realización de seminarios e sesións clínicas para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas.
Para iso todo o alumnado matriculado deberá elaborar e entregar a través da plataforma Moodle en formato PDF nomeando ao arquivo con Apelido1_Apelido2_Nomee_TAREFA.PDF as seguintes tarefas:
I.- Entregar 1 caso clínico real de pacientes vistos polo alumno/a en cuestión durante o cuadrimestre en que curse a materia.
O caso clínico poderá estar redactado en galego, castelán ou inglés
Contará cunha extensión de entre 10 e 15 páxinas, sen contar o índice, iconografía, a bibliografía e os anexos que inclúa.
A fonte e o tamaño de letra serán uniformes en todo o texto (Arial de 12 puntos) e o interlineado utilizado será de 1,5 liñas, con posibilidade de adaptación nas táboas que figuren no traballo
As marxes da páxina axustaranse ás seguintes dimensións: superior e inferior de 2 cm, lateral esquerda de 2 cm e lateral dereita de 2 cm
O texto debe estar paginado, cos números de páxina centrados na marxe superior
No pé de páxina consignarase o título do traballo, o título abreviado do traballo ou, de ser o caso, o nome completo do/a alumno/a.
ESTRUTURA DO CASO CLÍNICO:
Introdución: Presentarase o problema xeral ou a temática principal a que se circunscribe o caso. Co apoio das referencias bibliográficas abordarase o estado actual da cuestión. Xustificarase o caso clínico.
Presentación do caso: Descrición cronolóxica da situación clínica.
Valoración: Recollerase información clínica obxectiva e subxectiva da persoa para chegar a xuízos correctos e exactos que guíen a intervención profesional.
Plan de actuación: debe incluír: fase diagnóstica; fase de planificación; fase de execución e fase de avaliación.
Discusión: Destacaranse os resultados máis relevantes do caso, en particular o grao de resolución, e estableceranse comparacións cos resultados da literatura científica en casos similares.
Sinalaranse as limitacións ou dificultades para pór en práctica o plan de actuación. Sinalaranse as implicacións para a práctica en forma de recomendacións clínicas.
|
Objective test |
Realizarase unha proba final teórica e outra proba final práctica con paciente real
Nesta proba obxectiva avaliarase calquera das competencias a adquirir nos 3 Practicums.
Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada Servizo da CUP.
O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodológicos.
Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes. En caso de suspender o exame dun Servizo non se fai media coa cualificación obtida no exame do outro servizo.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodología e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodología (20%) |
Personalized attention |
Methodologies
|
Student portfolio |
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Objective test |
A35 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 |
Realizarase unha proba final teórica e outra proba final práctica con paciente real
Nesta proba obxectiva avaliarase calquera das competencias a adquirir nos 3 Practicums.
Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada Servizo da CUP.
A planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes da data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
O día da súa realización facilitarase toda a información relativa a puntuación das preguntas.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodológicos.
Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes. En caso de suspender o exame dun Servizo non se fai media coa cualificación obtida no exame do outro servizo.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodología e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodología (20%) |
40 |
Clinical practice placement |
A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 |
A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum e en calquera dos 2 Practicums anteriores.
A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes-aptitudes que cada profesor recollerá durante o desenvolvemento das prácticas clínicas.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodología-Cirurxía (19%)
-Patomecánica-Ortopodología (19%)
-Servizo Cámara hiperbárica (2%)
É necesario superar cada apartado (5/10), é dicir superar as prácticas clínicas de cada Servizo para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual:
-Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal.
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo.
O incumprimento da normativa de Clínica e/ou da lexislación vixente no que a protección de datos persoais refírese así como da normativa xeral da UDC suporá o suspenso da materia independentemente das cualificacións obtidas no resto de metodoloxías.
Da mesma forma o incumprimento de ditas normativas pode supor tamén a expulsión da práctica clínica sen dereito a ser recuperada.
|
40 |
Student portfolio |
A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 |
Avaliaranse todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio.
Toda a información relativa á avaliación do portafolio detállase no apartado de Metodoloxías.
O portafolio do alumnado ten un valor do 20% sobre a cualificación final. |
20 |
|
Assessment comments |
|
Sources of information |
Basic
|
|
Tendo en conta que todos os contidos teórico-prácticos da titulación son relevantes para o exercicio profesional e, polo mesmo motivo, para as prácticas clínicas, as fontes de información básica e recomendadas por todas e cada unha das materias conforman as fontes de información, consulta e estudo durante a realización das prácticas clínicas comprendidas deste Prácticum. No entanto existen determinadas fontes documentais de gran utilidade para a súa consulta clínica diaria e que concretará o profesorado que supervise as prácticas clínicas dos diferentes servizos da CUP. A modo de exemplo citamos: -Buckup K. Pruebas
clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed.
Barcelona: Elsevier; 2007. -Espinás Boquet J, Vilaseca Canals
J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la
selección razonada de medicamentos). 4ª ed. Barcelona: Sociedad
Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2010. -Dockery
GL. Cutaneous disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997 -Muñoz Calvo B et al, comité
editorial. Cliniguía,
actualización de diagnóstico y terapéutica. 7ªed. España: EvieScience; 2012. -Straus SE, Scoot Richardson W,
Glasziou P, Haynes RB. Medicina
Basada en la evidencia. 3ªed. Madrid: Elsevier; 2006. -Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro
inferior. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2006.
-Villa LF. Coordinación.
Medimecum, guía de terapia farmacológica. 15ª ed. España:
Luis F Villa Alcazar; 2010. |
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
General Human Anatomy /750G02001 | Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02002 | General Physiology/750G02003 | Physiology of Systems/750G02004 | Biology/750G02005 | Psychology/750G02006 | Microbiology and Parasitology/750G02007 | General Pathology/750G02008 | Pharmacology/750G02009 | Information and Communication Systems in Health Science/750G02010 | Scientific Method and Public Health/750G02011 | General Podiatry/750G02012 | Biomechanics of the Lower Limb/750G02013 | Radiology and Radiation Protection/750G02014 | Preventive Podiatry/750G02015 | Podiatric Orthopedics 1/750G02017 | Podiatric Orthopedics 2/750G02018 | Podiatric Orthopedics 3/750G02019 | Digital Orthopedics and Footwear Therapy/750G02020 | Podiatric Pathology 1/750G02021 | Podiatric Pathology 2/750G02022 | Physical Podiatry/750G02023 | Dermatology/750G02026 | Chiropody 1/750G02027 | Chiropody 2/750G02028 | Podiatric Surgery 1/750G02029 | Podiatric Surgery 2/750G02030 | Infection Prevention Techniques and Procedures/750G02032 | Practicum 1/750G02033 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Pharmacological Therapy/750G02024 | Sports Podiatry/750G02025 | Diabetic Foot/750G02031 | Practicum 2/750G02034 |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentales e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o 2º cuatrimestre do 4º curso de grado así como os impartidos simultáneamente no 2º cuatrimestre do 4º curso de grado, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser ter en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum 3, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostenible e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sostenible ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentales que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle en formato digital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, se empleará papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. Débese facer un uso sostenible delos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidad nos comportamentos persoais e profesionais. Facilitarase a plena integración del alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturales experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e provechoso a la vida universitaria Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas,e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdad, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas. A fin de facilitar a conciliación familiar do profesorado do Practicum 3 aqueles/as docentes que así o estimen, poderán acordar cos alumnos/as que correspondan en cada rotación o cambio de hora de inicio e fin da práctica notificándoo ao persoal da CUP. Na realización dos traballos da materia, o plagio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtenido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, si é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tralo correspondente procedemento. |
|