Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A10 |
Organización e dirección de empresas. |
A13 |
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. |
A31 |
Aplicar os coñecementos á práctica. |
B2 |
Capacidade de análise e síntese. |
B3 |
Capacidade de organización e planificación. |
B4 |
Capacidade de xestión da información. |
B8 |
Razoamento crítico. |
B9 |
Traballo en equipos. |
B12 |
Motivación para a calidade. |
B13 |
Adaptación a novas situacións. |
B14 |
Aprendizaxe autónomo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos básicos dos sistemas de información |
A10 A13 A31
|
B4 B9 B14
|
C1 C3
|
Elaborar distintos tipos de documentos en procesadores de texto |
A10 A31
|
B2 B3 B8 B12
|
C1 C3
|
Elaborar distintos tipos de documentos en follas de cálculo |
|
B13
|
C1 C3
|
Crear bases de datos |
A10
|
B9 B14
|
C1 C3
|
Xestionar a empresa empregando software específico |
A10
|
B3 B4 B8 B12
|
C1 C3
|
Coñecer a biblioteca informática |
|
B4
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque I: Introdución aos sistemas de información |
Tema 1: Conceptos, compoñentes e funcións |
Bloque II: Procesadores de texto |
Tema 2: Tarefas básicas
Tema 3: Formatos, estilos e configuración de páxina
Tema 4: Correspondencia |
Bloque III: Follas de cálculo |
Tema 5: Tarefas básicas
Tema 6: Táboas, datos e gráficos
Tema 7: Análise avanzada de datos |
Bloque IV: Bases de datos e presentacións |
Tema 8: Bases de datos
Tema 9: Presentacións efectivas |
Bloque V: Programas de xestión na empresa |
Tema 10: Xestión de tarefas e traballo colaborativo |
Bloque VI: Biblioteca informática |
Tema 11: Biblioteca informática |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A13 B12 C1 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A10 B2 B3 B4 |
10 |
5 |
15 |
Prácticas a través de TIC |
A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 |
32 |
64 |
96 |
Foro virtual |
B8 B12 C3 |
0 |
1.5 |
1.5 |
Aprendizaxe servizo |
A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 |
3.5 |
10.5 |
14 |
Traballos tutelados |
A13 A31 B9 B3 C1 C3 |
3.5 |
10.5 |
14 |
Proba práctica |
A13 A31 B2 B4 B8 B13 C1 C3 |
3 |
3 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Enquisa para determinar os coñecementos previos, competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado. |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas tratados no programa. |
Prácticas a través de TIC |
Aprendizaxe a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), favorecendo o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
Foro virtual |
Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia. |
Aprendizaxe servizo |
Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna co fin de mellorala. Plantexarase aos estudantes matriculados na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con algunha entidade colaboradora. O alumn@ poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. Polo tanto, o número de horas adicadas a esta actividade será a suma das previstas para cada actividade, é dicir, 7 horas de traballo presencial e 21 horas de traballo autónomo. |
Traballos tutelados |
Tal e como figura na metodoloxía anterior o alumnado pode escoller entre aprendizaxe-servizo e traballo tutelado.
No caso do traballo tutelado os estudantes deberán realizar un traballo práctico relacionado con algún contido da materia. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente. |
Proba práctica |
Exame final que valora a aplicación práctica do conxunto de coñecementos e técnicas adquiridos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas a través de TIC |
Proba práctica |
Aprendizaxe servizo |
|
Descrición |
As prácticas a través de TIC requiren unha atención personalizada ao alumnado para guialo no proceso de aprendizaxe. Esta realizarase indivualmente ou en grupo, co obxectivo de resolver as dúbidas que xurdan no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Tanto no traballo tutelado coma na actividade aprendizaxe-servizo o alumnado contará con titorías personalizadas e en grupo para o seguimiento do seu traballo.
Para o alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co equipo docente da materia antes do 30 de setembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A13 A31 B9 B3 C1 C3 |
Ver apartado anterior. A cualificación correspondente a esta actividade é un 20% |
10 |
Prácticas a través de TIC |
A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 |
Pedirase aos estudantes a entrega de prácticas a través de TIC. Cada unha valorarase sobre 10 puntos e deberá acadar unha puntuación superior ou igual a 4 puntos. Terase en conta a calidade, contidos e puntualidade das entregas que se soliciten ao longo do curso.
|
40 |
Proba práctica |
A13 A31 B2 B4 B8 B13 C1 C3 |
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final que valorará a aplicación práctica do conxunto de coñecementos e técnicas adquiridos. |
40 |
Aprendizaxe servizo |
A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 |
Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. |
10 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos na clase e no foro virtual. Valorarase positivamente a participación activa na aula/foro virtual, tendo en conta tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. Prácticas a través de TIC. A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente. Aprendizaxe-servizo / Traballos tutelados. Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. A cualificación de non presentado aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguirá o mesmo sistema de avaliación. Para o exame parcial ou entrega de probas realizadas durante as sesións, acordarase un calendario específico compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto coa profesora da materia antes do 30 de setembro. Avaliación da segunda oportunidade. Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade. Por último, no caso de que ao estudante se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e só nese caso, realizarase unha proba práctica encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia, podendo o docente solicitar a defensa oral de parte da proba práctica. A valoración conxunta da proba mixta e a defensa oral representará o 100% da cualificación na acta.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Nesta materia, a entrega das Prácticas a través de TIC e da Proba práctica realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilas. |
|