Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Alxebra Código 770G01006
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Suarez Peñaranda, Vicente
Correo electrónico
vicente.suarez.penaranda@udc.es
Profesorado
Suarez Peñaranda, Vicente
Suarez Taboada, Maria
Correo electrónico
vicente.suarez.penaranda@udc.es
maria.suarez3@udc.es
Web
Descrición xeral Descríbense nesta materia algúns conceptos básicos da álxebra lineal e a xeometría diferencial, cuxa exposición desenvolvida pode verse no paso 3: Contidos.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A6 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan suscitar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Resolve problemas matemáticos que poden plantearse na Enxeñería. A6
B1
B2
B3
B4
B6
C1
Ten aptitude para aplicar os coñecementos adquiridos de Álxebra Liñal; Xeometría e Xeometría Diferencial. A6
Sabe utilizar métodos numéricos na resolución de algúns problemas matemáticos que se propoñen. A6
B1
Coñece o uso reflexivo de ferramentas de cálculo simbólico e numérico. A6
B1
B2
B3
B6
C1
Posúe habilidades propias do pensamento científico matemático, que lle permiten preguntar e respostar a determinadas cuestións matemáticas. A6
B1
B2
B3
B6
C1
Ten destreza para manexar a linguaxe matemática; en particular, a linguaxe simbólica e formal. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. A6
B4
B6
Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos. A6
B1
B2
B3
B4

Contidos
Temas Subtemas
Xeometría Tema 1: Camiños en Rn. Reparametrizacións. Integrais de funcións escalares. Aplicacións das integrais de funciones escalares. Integrais de funcións vectoriais. Funcións de tipo gradiente. Teorema de Green.
Tema 2: Integrais de superficie: Produto vectorial. Superficies en R3. Área duhna superficie. Integrais de funcións escalares. Superficies orientables. Integrais de funcións vectoriais. Diverxencia. Teorema de Gauss.
Álxebra Lineal Tema 3: Tipos de matrices e exemplos. Operacións con matrices. Matriz trasposta. Matrices simétricas e antisimétricas. Determinante dunha matriz cadrada. Rango dunha matriz. Matriz inversa.
Tema 4: O espazo vectorial Rn. Operacións: suma, produto por números reais. Subespazos vectoriais. Suma directa. Combinación lineal, peche lineal. Conxuntos libres e ligados. Sistemas de xeradores. Base e dimensión. Teorema da base. Coordenadas, cambio de coordenadas.
Tema 5: Aplicacións lineales. Propiedades das aplicaciones lineales. Núcleo e Imagen dunha aplicación lineal. Operacións con aplicaciones lineais. Matriz asociada a unha aplicación lineal.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B2 B3 B4 C1 21 31.5 52.5
Solución de problemas A6 B1 21 31.5 52.5
Proba mixta A6 A6 B1 B4 C1 8 8 16
Prácticas de laboratorio A6 B4 B6 9 9 18
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Expoñense os contidos da materia. Amósanse exemplos de aplicación dos coñecementos desenvolvidos e propóñense actividades relacionadas.
Solución de problemas Con eles pásase de teoría á práctica. Resólvense problemas concretos da materia desenvolvida nas clases maxistrais.
Proba mixta Son útiles para coñecer o grao de aproveitamento que os alumnos fan das clases e o estudo persoal. Pode consistir nunha explicación de parte do contido da asignatura, a contestación a preguntas test, a resolución de cuestións teóricas ou prácticas e o desenvolvemento de solucións a cuestións que implican o dominio profundo da materia.
Prácticas de laboratorio O seu obxectivo é que o alumno amose a súa capacidade para resolver problemas dos contidos da asignatura mediante o uso de programas informáticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada permite adecuar o estudio ao nivel de coñecementos e competencias de cada estudante. Dirixir persoalmente cada estudante optimiza o tempo adedicado ao estudio e permite rectificar erros conceptuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A6 B1 Formularanse cuestións prácticas nas que o estudante buscará a solución a un determinado problema. 20
Proba mixta A6 A6 B1 B4 C1 Son probas coas que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte dos estudantes. Non terán un perfil definido, xa que poden abranguer dende cuestións test, nas que o estudante unicamente debe elixir unha resposta entre as opcións que se propoñen, ata a resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas que reflictan o grao de coñecemento da materia. 70
Prácticas de laboratorio A6 B4 B6 Os estudantes deben coñecer o funcionamento dalgún programa informático que axude a resolver mecánicamente problemas previamente plantexados. 10
 
Observacións avaliación


Fontes de información
Bibliografía básica Nakos, G. e outros (1999). Álgebra lineal con aplicaciones. Thomson
Grossman, S. (1995). Álgebra lineal con aplicaciones. McGraw-Hill
Granero Rodríguez, F. (1991). Álgebra y geometría analítica. McGraw-Hill
Besada Morais, M. y outros (2008). Calculo vectorial e ecuacións diferenciais. Servizo publicacións da Universidade de Vigo
Roberto Benavent (2010). Cuestiones sobre Álgebra Lineal. Paraninfo
Guillem Borrell i Nogueras (2008). Introducción a Matlab y Octave. http://iimyo.forja.rediris.es/matlab/

Bibliografía complementaria Ladra González y otros (2003). Preguntas test de álbegra lineal y cálculo vectorial. J.B.Castro Ambroa y Copybelén
Prieto Sáez, E y otros (1995). Matemáticas I: economía y empresa. Centro de estudios Ramón Areces


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisíca II/770G01007

Materias que continúan o temario
Ecuacións Diferenciais/770G01011
Mecánica de Fluídos/770G02016

Observacións

O estudante debe dominar os contidos das materias de Matemáticas impartidas na E.S.O. e bacharelato. Aqueles alumnos procedentes de Ciclos Formativos deben estudar os conceptos básicos relativos a aplicacións, funcións e integración de funcións reais de variable real, que están contidos nos currículos de Bacharelato, e non están nos dos Ciclos Formativos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías