A mediados do curso realizarase un exame parcial que aprobado liberará materia para o exame final.
Para superar a materia é CONDICIÓN NECESARIA superar todas as partes das recollidas na táboa, sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar) e ter unha nota media igual ou superior a 5. Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a calificación final será de suspenso.
As notas dos traballos e do exame parcial gardarase ata a 2º oportunidade (xullo). En segunda
oportunidade sólo poderase recuperar a proba mixta, no pudiéndose recuperar o resto de metodoloxías da táboa anterior.
Durante o curso confirmarase se leva a cabo a visita á empresa ou no seu caso asistirase a algún evento científico, en calquera dos dous, requirirase a realización dun traballo.
O "alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicará o inicio do curso a súa situación á profesora da materia, según establece a normativa da UDC. No caso de que este
alumnado non poida asistir á visita á empresa plantexada, a profesora
planteará un traballo alternativo.