Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A8 |
Coñecer os principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación á estrutura de átomos e moléculas. |
A9 |
Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
A27 |
Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Entende-las diversas formas nas que a radiación electromagnética interacciona coa materia, e como consecuencia delo os distintos tipos de espectroscopía, e a información estrutural e analítica que cada un deles pode suministrar. |
A1 A7 A8 A9 A12 A27
|
B1 B3
|
C1 C2 C3 C8
|
Comprende-los fundamentos teóricos dos procesos de emisión e absorción de radiación electromagnética, con especial fincapé no significado do momento dipolar de transición. |
A1 A7 A8 A9 A12 A27
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C3 C8
|
Entende-lo fundamento teórico que explica a intensidade e a forma dos sinais espectrais, así como ser capaz de realizar prediccións sobre as mesmas en casos concretos. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A20 A21 A27
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C6 C8
|
Saber aplica-los fundamentos da teoría de grupos na espectroscopia molecular. |
A1 A8 A14
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C3 C6
|
Comprende-los fundamentos teóricos dos distintos tipos de espectroscopia, así como a súa aplicación de cara a elucidación estrutural e as técnicas de análise. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A20 A21 A27
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C6 C8
|
Determinación práctica de diversos tipos de espectros, análise e interpretación dos mesmos, tanto dende o punto de vista estrutural como analítico, cualitativo e cuantitativo. |
A7 A12 A14 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Comprende-los fundamentos teóricos e prácticos da acción láser, e as súas aplicacións, con énfase na Química. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Entende-las bases teóricas e prácticas implicadas na espectroscopía fotoelectrónica. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Comprender e aplicar-los fundamentos básicos teóricos e prácticos da Fotoquímica: fluorescencia e fosforescencia, diagrama de Perrin-Jablonski. |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Entende-las bases teóricas e prácticas implicadas nos métodos de difracción, con especial fincapé na elucidación de estruturas cristalinas por difracción de raios X. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A27
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introducción á Espectroscopía |
Radiación electromagnética e materia. Procesos resonantes e non resonantes. Tratamento clásico da interacción radiación-materia. Tratamento semiclásico: coeficientes de Einstein e momento dipolar de transición. Emisión espontánea. Regras de selección. Tipos de espectros. Poboación dos niveis de enerxía: intensidades. Lei de Bouger-Lambert-Beer. Factores que determinan a forma e anchura das bandas espectrais. Transformada de Fourier.
|
Simetría en Química |
Elementos e operacións de simetría. Propiedades básicas dos grupos. Representacións de grupos. Representacións reducibles e irreducibles. Aplicacións en Química. |
Espectros de rotación |
Clasificación das moléculas. Espectros de moléculas diatómicas e lineais. Poboación de niveis e intensidade das transicións. Distorsión centrifuga. Determinación da estructura molecular. Aspectos experimentais da Espectroscopía de microondas: efecto Stark e momento dipolar. |
Espectros de rotación-vibración |
Moléculas diatómicas.
Aproximación do oscilador armónico: niveis de enerxía. Anharmonicidade. Potenciais empíricos. Regras de selección. Enerxías de disociación. Espectros de rotación-vibración.
Moléculas poliatómicas.
Tratamento clásico: modos e coordenadas normais. Tratamento mecanocuántico: niveis de enerxía. Consideracións de simetría. Regras de selección. Frecuencias de grupo. Técnicas experimentais.
Espectros Raman.
Polarizabilidade molecular e tensor de polarizabilidade. Teoría clásica da dispersión Rayleigh e Raman. Representación cuántica. Espectros de rotación pura. Espectros de rotación-vibración. Técnicas experimentais.
|
Espectros electrónicos |
Moléculas diatómicas.
Estados electrónicos. Regras de selección. Intensidade das compoñentes de vibración: principio de Frank-Condon. Estrutura de vibración: progresións e secuencias. Enerxías de disociación.
Moléculas poliatómicas.
Estrutura e estados electrónicos. Regras de selección. Espectros de moléculas simples. Cromóforos.
Espectros fotoelectrónicos.
Procesos de ionización. Técnicas experimentais. Espectroscopía fotoelectrónica de ultravioleta (UPS): Interpretación dos espectros. Interpretación dos espectros fotoelectrónicos de raios X (XPS o ESCA): desprazamento químico.
|
Fundamentos de Fotoquímica |
Fluorescencia e fosforescencia: diagrama de Perrin-Jablonski.
Leis da fotoquímica. Rendemento cuántico. Desactivación bimolecular (Quenching). Procesos fotoquímicos. |
Fundamentos da acción láser |
A acción láser. Tipos de láseres. Espectroscopías de absorción e excitación: fluorescencia inducida por láser. Espectroscopías Raman. |
Espectroscopías de Resonancia Magnética |
Estados de espín nuclear e electrónico: reglas de selección.
Espectroscopia de resonancia magnética nuclear (RMN). O desprazamento químico: contribucións o factor de apantallamento. Estructura fina: acoplamentos. A transformada de Fourier. Procesos de relaxación.
Espectroscopia de resonancia de espín electrónico (ESR): estructura fina e hiperfina. Técnicas experimentais e aplicacións. |
Métodos de difracción |
Características xerais do fenómeno de difracción. Difracción de raios X. Condicións de Bragg e Laue. O factor de estrutura. Determinación da estrutura cristalina. Síntese de Fourier. O problema da fase. Difracción de neutróns. Difracción de electróns por gases. Ecuación de Wierl e función de distribución radial. Técnicas experimentais. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A27 B1 |
19 |
28.5 |
47.5 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C6 |
10 |
12.5 |
22.5 |
Seminario |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C6 C7 C8 |
8 |
12 |
20 |
Solución de problemas |
A1 A14 A15 A21 A27 B2 C6 |
9 |
13.5 |
22.5 |
Presentación oral |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
2 |
5 |
7 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A16 A27 B5 B7 C3 C6 |
0 |
4 |
4 |
Simulación |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 C3 C6 |
2 |
4 |
6 |
Lecturas |
A1 A16 A23 A24 C6 C7 C8 |
0 |
6.5 |
6.5 |
Proba de resposta múltiple |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C7 C8 |
0 |
3 |
3 |
Proba mixta |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
3 |
7 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Básicamente é a clásica lección maxistral, en xeral con apoio audiovisual, na que se exporán os aspectos fundamentais con contidos teóricos da asignatura. Pénsase nun formato dinámico no que hai lugar para a participación d@s estudiantes. |
Prácticas de laboratorio |
Realización de actividades de carácter práctico con obxeto de aplica-los coñecementos teóricos, e, á vez, adquiri-las destrezas experimentais asociadas os mesmos. |
Seminario |
Esta actividade levarase a cabo en grupo reducido. Profundización nos distintos temas baseada na participación activa d@s estudiantes. |
Solución de problemas |
Aplicación práctica, tanto numérica como conceptual, dos coñecementos teóricos. |
Presentación oral |
Exposición verbal dun traballo preparado en grupo sobre as prácticas de laboratorio, proposto pol@ profesor/a. Na actividade se inclúe un debate posterior sobre o tema obxecto da presentación.
|
Prácticas a través de TIC |
Está orientada o aprendizaxe efectivo do alumnado a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. |
Simulación |
Utilización de programas informáticos, no aula de informática, para reproducir diversos tipos de espectros, o que tra-la correspondente análise crítica debe de servir como experiencia de aprendizaxe. Actividade para ser realizada en grupos reducidos. |
Lecturas |
Conxunto de textos que se empregarán como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Proba de resposta múltiple |
O longo do curso realizaranse unha serie de probas para avaliar a aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. Esta actividade pode implicar o emprego de plataformas como MOODLE, ferramentas a dispor no paquete Office365 e/ou aplicacións dispoñibles en Internet. |
Proba mixta |
Combinación de distintos tipos de preguntas: tipo test, de resposta breve, tipo ensaio. Con este último tipo se busca que se resposte por escrito a preguntas de certa amplitude, valorando que se proporcione a resposta esperada, o que permite avaliar coñecementos, capacidade de razoamento, e espírito crítico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Simulación |
Solución de problemas |
Seminario |
|
Descrición |
Con elo trátase de axuda-l@s estudantes na comprensión dos contidos, esencialmente prácticos, da asignatura, así como na busca da mellor estratexia persoalizada de aborda-la solución de problemas.
O momento da súa utilización será fixada directamente pol@s docentes e @s estudantes según xurda a necesidade de utilización. En principio levaránse a cabo nos despachos d@s docentes. serán 4 sesións de 15 minutos distribuidos o longo de cuadrimestre.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá asistir a alomenos a unha titoría personalizada por seminario en horario acordado entre o profesorado e @ estudante, o que se complementará co emprego de e-titoría. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Simulación |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 C3 C6 |
Análise crítico dos resultados obtidos nas simulacións.
|
10 |
Proba de resposta múltiple |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C7 C8 |
Conxunto de probas ON-LINE, a realizar nos prazos sinalados.
|
10 |
Presentación oral |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
Calidade da información contida na presentación.
Habilidades amosadas na presentación.
Capacidade para defende-lo traballo presentado.
|
10 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A16 A27 B5 B7 C3 C6 |
Utilización de TIC nas actividades propostas on-line, a realizar nos prazos sinalados.
|
5 |
Seminario |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C6 C7 C8 |
Participación activa nos seminarios. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C6 |
A avaliación inclue:
* Aspectos operacionais (desenvolvemento no laboratorio e confección da correspondente libreta) (5%)
* Informe final das prácticas de laboratorio (o que inclúe a análise crítica dos resultados) (10%)
|
15 |
Proba mixta |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
Examen final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%) na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas numéricos.
|
40 |
|
Observacións avaliación |
Globalmente trátase de avaliar a adquisición dos coñecementos, a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade d@ estudante.
Asistencia.O mellor aproveitamento da asignatura implica a asistencia a tóda-las actividades presenciais. A asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio e obrigatoria. A non asistencia implica o suspenso con cero, sobre 10, na asignatura.
Primeira oportunidade.Para que se teñan en conta as outras actividades suxeitas a avaliación é preciso obter unha cualificación mínima de catro con cinco (4.5) sobre dez (10) en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio. A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restriccións previamente fixadas.
Segunda oportunidade.Repetición da proba mixta e das actividades presenciais suxeitas a avaliación nas que non se acadou o aprobado (non se inclúe o relativo os seminarios nin as sesións presenciais de laboratorio). A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restriccións previamente fixadas.
En calquera das dúas oportunidades, de non alcanzarse una cualificación mínima de catro con cinco (4.5) sobre dez (10) en cada unha das dúas partes da proba mixta así como nas prácticas de
laboratorio, a asignatura figurará como suspensa aínda que a cualificación final, calculada segundo as porcentaxes correspondentes, sexa superior o igual a 5 (sobre 10). Neste caso a cualificación final será 4.5 (sobre 10).Na segunda oportunidade, no caso de cualificacións inferiores a 4.5 nas actividades avaliables distintas da proba mixta, ou 4.5 nas actividades avaliables relacionadas coas prácticas de laboratorio (excluida a parte de presencialidade no laboratorio), oportunamente establecerase a data e o procedemento para reenviar/entregar/presentar as devanditas actividades. O aprobado da asignatura obtense o acadar na cualificación final como mínimo 5 puntos, sobre 10. A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restriccións previamente fixadas.
Matrícula de honra. No caso de que haxa varios estudantes, con idéntica cualificación numérica, que poidan optar á matrícula de honra, se lles convocará a unha proba escrita sempre e cando o número de matrículas sexa inferior o de estudantes na devandita situación. Compre sinalar que @s estudantes avaliados na segunda oportunidade poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.
Cualificación de non presentado. Aplicarase @s estudiantes que teñan participado en actividades avaliables programadas que representen menos do 50% da cualificación final, elo sempre e cando non se teña obtido un 5, sobre 10, nas prácticas de laboratorio.
Sucesivos cursos académicos.O proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volta a comenzar de cero co novo curso, podendo quedar excluida a repetición das prácticas de laboratorio cando foran aprobadas cunha cualificación superior a 5 sobre 10. A exención da realización das prácticas de laboratorio, caso de ofertarse, será solicitad@ pol@ estudante no prazo que a tal fin se estableza.
Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Son de aplicación, para ámbalas dúas oportunidades, os criterios anteriores agás a asistencia e participación nos seminarios. Neste caso disporán das actividades a
realizar nos seminarios, que deberán entregar/enviar segundo o medio telemático que oportunamente se estableza. Emprego desta asignatura como complemento de formación para
estudos de doutoramento. A cualificación será "apto" ou "non apto"
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Atkins, Peter W. (2014). Atkins' Physical Chemistry. Oxford : Oxford University Press
Levine, Ira N. (2004). Fisicoquímica. Madrid : McGrawhill
Luis Carballeira Ocaña & Ignacio Pérez Juste (2008). Problemas de Espectroscopía Molecular . Oleiros : Netbiblo
Atkins, Peter W. (2008). Química física. Buenos Aires : Médica Panamericana |
Además das fontes indicadas neste apartado, e no seguinte, poderán suxerirse na plataforma de teleformación MOODLE,outras que ó longo do curso se consideren interesantes. |
Bibliografía complementaria
|
(2005). International tables for crystallography. Volume A, Space-group symmetry. Dordrecht : Springer
http://www.spectroscopynow.com/ (). .
http://photobiology.info/ (). .
http://nobelprize.org/nobel_prizes/ (). .
http://www.johnkyrk.com/photosynthesis.html (). .
http://micro.magnet.fsu.edu/optics/timeline/people/jablonski.html (). .
http://ozonewatch.gsfc.nasa.gov/ (). .
http://www.nist.gov/ (). .
http://www.ch.ic.ac.uk/local/symmetry (). .
B. Metin (2005). Basic ¹H-and ¹³C-NMR spectroscopy. Amsterdam : Elsevier
A. M. Ellis (2005). Electronic and photoelectron spectroscopy fundamentals and case studies.. Cambridge University Press
Alberto Requena Rodríguez & José Zúñiga Román (2004). Espectroscopia. Pearson Educación, S.A.
Víctor Luaña, V. M. García Fernández, E. Francisco & J. M. Recio (2002). Espectroscopía molecular.. Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones
Andrew Gilbert & Jim Baggott (1991). Essentials of molecular photochemistry.. Oxford ; Boston : Blackwell Scientific Publications
P. R. Griffiths (2007). Fourier transform infrared spectrometry. . John Wiley & Sons
C. Gell (2006). Handbook of single molecule fluorescence spectroscopy. Oxford University Press
G. Socrates (2005). Infrared and raman characteristic group frequencies tables and charts. . John Wiley & Sons
R. Jenkins (1996). Introduction to X-ray powder diffractometry. New York : John Wiley & Sons
Helmet H. Telle, Angel Gonzalez Ureña, Robert J. Donovan (2007). Laser chemistry : spectroscopy, dynamics and applications.. West Sussex : John Wiley & Sons
J. Michael Hollas (2004). Modern Spectroscopy. Hoboken (New Jersey) : John Wiley & Sons
Françoise Hippert et al. (2006). Neutron and x-ray spectroscopy. Dordrecht : Springer
T. N. Mitchell (2004). NMR--from spectra to structures: an experimental approach. Berlin: Springer
Carol E. Wayne & Richard P. Wayne (1996). Photochemistry. Oxford : Oxford University Press
J. R. Albani (2007). Principles and applications of fluorescence spectroscopy. Oxford : Blackwell
J. R. Lakowicz (2006). Principles of fluorescence spectroscopy. New York : Springer
Ooi, Li-ling (2010). Principles of x-ray crystallography. Oxford : Oxford University Press
Alberto Requena & José Zúñiga (2007). Química Física : problemas de espectroscopia : fundamentos, átomos y moléculas diatómicas. . Madrid : Pearson Educación
D. C. Harris (1989). Symmetry and spectroscopy an introduction to vibrational and electronic spectroscopy. New York : Dover
S. F. A. Kettle (2007). Symmetry and structure : readable group theory for chemists.. John Wiley
J. Keeler (2010). Understanding NMR spectroscopy.. Chichester : John Wiley and Sons |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/610G01001 | Matemáticas 2/610G01002 | Física 1/610G01003 | Física 2/610G01004 | Bioloxía/610G01005 | Xeoloxía/610G01006 | Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 | Química Analítica 1/610G01011 | Química Física 1/610G01016 | Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Orgánica 1/610G01026 | Química, Información e Sociedade/610G01031 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Laboratorio de Química 2/610G01032 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Física 3/610G01018 | Experimentación en Química Física/610G01019 | Química Física Avanzada/610G01020 | Traballo de fin de Grao/610G01043 |
|
Observacións |
É moi recomendable que @ estudante repase con asiduidade os conceptos teóricos introducidos nas clases de teoría, así como que simultáneamente;resolva as cuestións e exercicios que se lle irán propoñendo o longo do curso. Desaconséllase estudiar ÚNICAMENTE polos apuntes de clase, que nunca deben sustituir as fontes de consulta. Pode resultar moi ÚTIL emprega-las horas de titoría para aclarar dúbidas e afondar nos coñecementos asociados á asignatura. |
|