Para superar a materia o alumno terá que acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba mixta, e unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima na proba mixta, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).
Na segunda oportunidade só é posible mellorar a cualificación da proba mixta.
Só os alumnos que non realicen ningunha das actividades avaliables terán a consideración de "non presentados".
Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.
O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, polo que, non se manterá ningunha das cualificacións obtidas no curso seguinte.
No caso de alumnado con dispensa académica adoptaranse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia, flexibilizando os horarios de realización das prácticas e a entrega de exercicios.