Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A26 |
Saber qué son os instrumentos financeiros derivados, como se pode acceder á súa utilización, para qué serven, en qué caso convén utilizar uns ou outros produtos |
A27 |
Valorar criticamente a utilización dos instrumentos financeiros derivados en determinadas ocasións sabendo as vantaxes ou desvantaxes que poderían proporcionar |
B2 |
Planificación para a resolución de problemas. |
B3 |
Uso adecuado dos medios e sistemas de información dispoñibles. |
B6 |
Pensamento crítico e avaliación das accións propias e alleas. |
B7 |
Habilidade para traballar de forma autónoma e tomar decisións. |
B13 |
Capacidade para adaptarse a novas situacións, flexibilidade. |
B14 |
Análise e toma de decisións en materia de riscos financeiros e de investimento |
B16 |
Utilización de técnicas estatísticas e econométricas para a resolución de problemas específicos no ámbito das finanzas e a banca |
B17 |
Comprensión do concepto de valor temporal do diñeiro e aprendizaxe dos instrumentos de matemáticas financeiras que o utilizan para resolver distintos problemas no ámbito das finanzas |
B18 |
Adquisición da capacidade necesaria para analizar a situación financeira da empresa nun momento determinado, establecemento das correccións adecuadas e planificación do seu futuro |
B23 |
Coñecemento dos principais aspectos que abarca a actividade bancaria |
B24 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación |
B25 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B26 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B27 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B28 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o concepto, tipoloxía, características, operativa e finalidades dos instrumentos financeiros derivados |
AP26
|
BP3 BP23
|
|
Coñecer as consecuencias da aplicación práctica dos instrumentos financeiros derivados, con especial atención á determinación do resultado do seu uso |
AP26
|
BP2 BP3 BP18
|
|
Coñecer e aplicar os principais modelos de valoración de instrumentos financeiros derivados |
AP26
|
BP2 BP16 BP17 BP24 BP28
|
|
Considerar criticamente o uso dos instrumentos financeiros derivados, determinando as vantaxes e desvantaxes de cada instrumento e estratexia nun contexto específico |
AP27
|
BP6 BP7 BP13 BP14 BP25 BP26 BP27 BP28
|
|
Desenvolver habilidades para superar o exame de certificación EFA |
AP26 AP27
|
BP2 BP3 BP6 BP7 BP13 BP14 BP16 BP17 BP18 BP23 BP24 BP25 BP26 BP27 BP28
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución. Forwards, futuros e swaps |
1.1. Risco financeiro e instrumentos derivados
1.2. Mercado de derivados: organizado e non organizado (OTC)
1.3. Mercado de futuros: organización e funcionamento
1.4. Tipos de contratos: forward (OTC) e futuros
1.5. Formación xeral de prezos e aplicacións prácticas: operacións de cobertura e arbitraxe
1.6. Permutas financeiras (swaps) |
2. Opcións, estruturados e outros produtos |
2.1. Mercado de opcións. Tipos de contratos
2.2. A prima. Modelos de valoración
2.3. Aplicacións prácticas e combinacións de opcións
2.4. Produtos complexos e outros derivados
2.5. Derivados exóticos e produtos estruturados
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A26 B3 B23 B24 |
8 |
20 |
28 |
Solución de problemas |
A27 B2 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B25 B26 B27 B28 |
10 |
30 |
40 |
Proba de resposta múltiple |
A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 |
1 |
1 |
2 |
Proba mixta |
A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 |
2 |
2 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición dos contidos teóricos e prácticos da materia. |
Solución de problemas |
Actividades, individuais ou en grupo, que poden implicar o uso das TIC. |
Proba de resposta múltiple |
Probas que se realizarán durante o periodo de clases. |
Proba mixta |
Exame teórico-práctico dos contidos da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
|
Descrición |
As titorías para todo o alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) celebraranse nos horarios anunciados ao inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia. Neses horarios, o alumnado será atendido para aclarar as dúbidas que se lle plantexen na preparación da materia. Antes de acudir a titorías, recoméndase ao alumnado que empregue o correo electrónico do profesorado para plantexar a data e hora da súa preferencia (dentro das anunciadas para as titorías), indicando a materia á que se refire, coa finalidade de facilitar a xestión e efectividade das mesmas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A27 B2 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B25 B26 B27 B28 |
Durante o período de clases realizaranse varias actividades, individuais ou en grupo. Poden implicar o uso das TIC e, de requirirse entregables, o seu envío será en formato dixital. Valorarase a participación activa e o aproveitamento, e suporán en conxunto o 12% da cualificación final. |
12 |
Proba de resposta múltiple |
A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 |
Durante o período de clases realizaranse varias probas. Non terán carácter liberatorio e suporán en conxunto o 24% da cualificación final. |
24 |
Proba mixta |
A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 |
Exame da materia que supón o 64% da cualificación final. Celebrarase en primeira e segunda oportunidade. En ningún caso será posible obter con este exame a parte da cualificación correspondente ao resto das actividades de avaliación. |
64 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado debe acreditar a súa personalidade, dacordo á normativa vixente, en todas as actividades de avaliación. Os criterios de avaliación expostos aplícanse a todo o alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia), e son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade. Na oportunidade adiantada, e só neste caso, haberá unha proba mixta para avaliar todas as competencias e contidos da materia, coa que se poderá obter o 100% da cualificación. Na avaliación continua da materia, será requisito indispensable para ser avaliado a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais e actividades organizadas polo profesorado da materia e a coordinación do Mestrado. A cualificación de NON PRESENTADO outorgarase ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente da Facultade. En caso de acceso á realización dunha proba de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos non autorizados expresamente polo profesorado responsable, ou de realización fraudulenta dunha proba de avaliación, procederase á expulsión inmediata do alumnado implicado da proba, e aplicarase o contemplado na normativa da Universidade ao respecto.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Elvira, Óscar & Puig, Xavier (2015). Comprender los productos derivados: futuros, opciones, productos estructurados, CAPs, Floors, Collars, CFDs... Barcelona: Profit
Hull, John C. (2014). Introducción a los mercados de futuros y opciones. México: Pearson Educación
Knop, Roberto (2013). Manual de instrumentos derivados: cuatro décadas de Black-Scholes. Madrid: Escuela de Finanzas Aplicadas
Castellanos Hernán, Enrique (2011). Opciones y futuros de renta variable: manual práctico. Madrid: Instituto BME |
|
Bibliografía complementaria
|
Sacks, Jana (2016). Elementary Financial Derivatives: A Guide to Trading and Valuation with Applications. Hoboken: John Wiley & Sons
Casanovas Ramón, Montserrat (2014). Opciones financieras. Madrid: Pirámide
Hull, John C. (2018). Options, Futures, and Other Derivatives. New York: Pearson
Marroni, Leonardo & Perdomo, Irene (2014). Pricing and Hedging Financial Derivatives: A Guide for Practitioners. Chichester: John Wiley & Sons
Boyle, Patrick & McDougall, Jesse (2018). Trading and Pricing Financial Derivatives: A Guide to Futures, Options, and Swaps. Berlin, Boston: De Gruyter |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Técnicas estatístico-econométricas aplicadas/611448003 | Valoración financeira/611448012 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|