Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e utilizar axeitadamente algunhas técnicas de inferencia estatística e comprender os resultados da súa aplicación empírica. |
A3 A4 A6 A8 A12
|
B3 B4 B5
|
C1
|
Coñecer e valorar a utilidade dos modelos econométricos no campo da predición. |
A3 A4 A6
|
B1
|
C1 C5 C6
|
Coñecer e aplicar os procedementos do software apropiado para estimar, contrastar e predicir nun modelo de regresión lineal múltiple. |
A3 A4 A8 A9 A10
|
B2
|
C8
|
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas e instrumentos que se utilizan no ámbito da disciplina. |
A11 A12
|
B10
|
C1 C4 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O modelo de regresión lineal clásico. |
1.1. Revisión das hipóteses e do proceso de estimación.
1.2. Propiedades dos estimadores.
1.3. Análise da bondade do axuste. |
2. Inferencia no modelo clásico. |
2.1. Hipótese de normalidade.
2.2. Distribucións de probabilidade dos estimadores.
2.3. Contrastes de hipóteses para os parámetros.
2.4. Estimación por intervalo.
2.5. Estimación máximo-verosímil.
|
3. Predición no modelo clásico. |
3.1. A predición: concepto e clases.
3.2. Predición óptima no modelo clásico.
3.3. Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
3.4. A estabilidade no período de predición. |
4. Multicolinealidade. |
4.1. Concepto.
4.2. Causas e consecuencias.
4.3. Procedementos para detectala.
4.4. Posibles formas de actuar.
4.5. Selección de regresores. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A9 |
1 |
0 |
1 |
Obradoiro |
A3 A12 |
17 |
42.5 |
59.5 |
Prácticas a través de TIC |
A4 A6 C1 C4 |
8 |
16 |
24 |
Proba obxectiva |
A3 A8 A9 |
2 |
6 |
8 |
Sesión maxistral |
A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B10 C5 C6 C7 C8 |
17 |
34 |
51 |
|
Atención personalizada |
|
6.5 |
0 |
6.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Consisten na presentación da materia suxerindo a revisión dalgúns conceptos correspondentes a outras que xa se teñen cursado. Tamén se expoñen detalladamente os resultados da aprendizaxe, as actividades coas que se pretende acadalos e os criterios para a avaliación. |
Obradoiro |
Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios, problemas e tarefas prácticas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos. |
Prácticas a través de TIC |
Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas. |
Proba obxectiva |
Ë unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe. |
Sesión maxistral |
Aínda que se fomentará a participación dos alumnos, cada sesión maxistral consiste na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores. A exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Proba obxectiva |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A heteroxeneidade dos estudantes, no que se refire á súa formación previa e á súa situación académica, require unha atención personalizada que permita resolver as dúbidas específicas que teñan ao longo do curso. Neste sentido, as prácticas a través de TIC, os obradoiros e as titorías configúranse como ferramentas importantes para resolver problemas teóricos e empíricos, tanto a nivel colectivo como individual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A3 A12 |
Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. |
30 |
Proba obxectiva |
A3 A8 A9 |
A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. |
70 |
|
Observacións avaliación |
Cuestións xerais
Como é
preceptivo, as probas réxense polas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e master universitario.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación
dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades
disciplinarias). Todas as probas de avaliación son presenciais e non se poden substituír por exercicios ou outras tarefas. Para a súa realización non se admitirán cambios de grupo, agás aqueles concedidos oficialmente pola Facultade, que sexan adecuadamente xustificados. A cualificación de non presentado
corresponde só aos alumnos que participen en actividades de avaliación con
unha ponderación inferior ao 20 por cento do total. Oportunidades de maio e xullo
Para superar a materia deben obterse ao
menos 5 puntos (sobre un total de 10) sumando as cualificacións
correspondentes ás actividades desenvolvidas nos obradoiros e na proba
obxectiva. O sistema de avaliación será aplicado tal
como se describiu nas dúas oportunidades e a todos os alumnos con
independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de
dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización
das probas. Oportunidade adiantada
Única e exclusivamente nesta oportunidade,
a avaliación realizarase con unha soa proba con estrutura similar á obxectiva
de maio e xullo, a que se lle asigna o 100 por cento do peso da
cualificación. O contido de dita proba é o temario completo que se describe
nesta guía docente. Para superar a materia requírese obter un mínimo de 5
puntos (sobre un total de 10).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carrascal, U.; González, Y.; y Rodríguez, B. (2001). Análisis econométrico con Eviews. Ra-Ma.
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill.
Ramil, M.; Rey, C.; Lodeiro, M.; Arranz, M. (2013). Introducción a la econometría. Teoría y práctica. Reprografía Noroeste, S.L. |
|
Bibliografía complementaria
|
Gujarati, D.; Porter, D. (2010). Econometría. McGraw-Hill.
Wooldridge, J. (2012). Introducción a la econometría. Un enfoque moderno. Thomson. |
A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais da economía, tales como os que poden atoparse en acceso libre en http://www.usc.es/economet e http://ideas.repec.org.
Utilizaranse, ademais, outros libros de texto, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán ao longo do curso.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/611G02001 | Principios de Macroeconomía/611G02005 | Estatística I/611G02006 | Matemáticas I/611G02009 | Matemáticas II/611G02010 | Estatística e Introdución á Econometría/611G02014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Esta materia é a continuación da Introdución á econometría; por tanto, é moi importante que os alumnos estean familiarizados co seu contido. Recoméndase revisar o material correspondente antes ou ao comezo do cuadrimestre. |
|