Adquirir os coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver unha actividade profesional exitosa no campo da asesoría xurídica empresarial. Aprender a delimitar e identificar con claridade as distintas situacións xurídicas ás que se enfronta a empresa e determinar o ordenamento xurídico de pertinente aplicación en cada caso. Coñecer a aplicación práctica dos coñecementos xurídicos, en diversos ámbitos multidisciplinares. Coñecer o conxunto normativo aplicable, lexislativo e xurisprudencial, e a doutrina aplicables ao mundo da empresa. Identificar, saber interpretar e facer fronte ás diferentes problemáticas xurídico-económicas que afecten á empresa. Coñecer, manexar, elaborar e interpretar os principais documentos de tipo xurídico-económico relacionados co mundo empresarial. Elaborar, comunicar e defender con soltura textos xurídicos, como ditames e informes, memorias ou traballos de investigación. |
AP1 AP2 AP3 AP4 AP5
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP15 BP16
|
CP4 CP8
|
Desenvolver actitudes proactivas na resolución de problemas xurídico-empresariais, conformes ás prácticas deontolóxicas. Saber coordinar e dirixir grupos de traballo. Desenvolver habilidades para redactar, presentar e defender informes conforme ás distintas áreas do dereito relacionadas coa empresa. Desenvolver capacidades de alto nivel para a práctica profesional independente ou como profesional dentro dunha organización empresarial |
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP7 BP8 BP15 BP16 BP17
|
CP3 CP4 CP5 CP6 CP8
|