Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
A materia de Ilícitos empresariais pretende constituir unha visión das distintas categorías de ilícitos que se poden verificar no marco da empresa. Analízanse fundamentalmente as infracións penais, e tamén os ilícitos de carácter administrativo e laboral. Como elemento de peche, examínase a responsabilidade civil do empresario derivada da comisión de feitos ilícitos.
Deste modo, obtense unha visión de conxunto das distintas clases de responsabilidade da empresa y o empresario pola comisión de actos ilícitos de diversa natureza, examinando, por un lado, as cuestións máis problemáticas en relación coa esixencia desta responsabilidade e, por outro lado, aqueles ilícitos de especial relevancia en cada momento, sexa pola súa frecuente verificación, sexa por verse afectados por reformas lexislativas: sirvan como exemplo as modificacións que nos últimos tempos veu experimentando o Dereito do traballo, o procedemento administrativo sancionador, e determinadas cuestións de Dereito penal da empresa como por exemplo a introdución da responsabilidade penal das persoas xurídicas.
|
AP1 AP2 AP5
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 BP9 BP12 BP13 BP14
|
CP4 CP6 CP7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Dereito administrativo sancionador
2. Infracións laborais e de Seguridade Social
3. Dereito penal da empresa
4. A responsabilidade civil do empresario
|
1.1. Principios e aspectos xerais do procedemento administrativo sancionador.
1.2. Examen do procedemento administrativo sancionador.
1.3. Especial referencia aos programas de cumplimento normativo no ámbito empresarial.
2.1. Órganos administrativos laborais.
2.2. Infracións e sancións na orde social.
2.3. Procedementos administrativos laborais.
2.4. Especial referencia aos protocolos de prevención de riscos laborais.
3.1. Cuestións de parte xeral de Dereito penal da empresa: especialmente, autoría e participación, e responsabilidade penal das persoas xurídicas.
3.2. Delitos cometidos no ámbito empresarial: especial referencia a delitos de carácter patrimonial e económico.
3.3. Especial referencia aos programas de cumplimento normativo en relación coa responsabilidade penal das persoas xurídicas.
4.1. Natureza e elementos da responsabilidade civil do empresario derivada de feitos ilícitos.
4.2. Relación de causalidade entre acción e dano, e criterios de valoración do dano causado. Fixación da indemnización. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 B4 |
16 |
0 |
16 |
Estudo de casos |
B5 B7 B8 B12 |
4 |
0 |
4 |
Proba práctica |
A5 B1 B2 B3 B6 B9 B13 B14 C4 C6 C7 |
5 |
125 |
130 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As sesións presenciais constarán, en combinación co estudo de casos, dunha exposición por parte do profesorado en formato tipo sesión maxistral. |
Estudo de casos |
As sesións presenciais no serán unicamente unha clase maxistral, senón que se exporán e analizarán casos para o seu debate co alumnado. |
Proba práctica |
A actividade final de módulo consistirá nunha proba práctica que terá que ser exposta oralmente na última sesión do Módulo, entregando simultáneamente un esquema ou resumo da exposición. O enunciado de tal actividade xunto coas preguntas guía e instrucións serán facilitados o primeiro día do Módulo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba práctica |
|
Descrición |
Para as posibles dúbidas na elaboración da Actividade final de módulo, establecerase a posibilidade de consultas e atención personalizada coa coordinadora do Módulo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba práctica |
A5 B1 B2 B3 B6 B9 B13 B14 C4 C6 C7 |
A proba práctica consistirá na exposición oral da resolución dun/s caso/s que se facilitarán o primeiro día do Módulo. Teranse que resolver e argumentar xurídicamente as cuestións específicas que se formulan en relación con o/s caso/s práctico/s, con base en previa búsqueda xurisprudencial e na selección de bibliografía recomendada. O traballo será realizado en grupos, e na exposición oral intervirán todos os membros do grupo (tendo en conta as especificidades do alumnado matriculado a tempo parcial con dispensa académica de asistencia). Así mesmo, o día da exposición entregarase un breve esquema ou resumo do traballo realizado. |
100 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
AAVV, Memento experto sobre responsabilidad penal y procesal de las personas jurídicas, Francis Lefebvre, Madrid 2015. MARTÍNEZ-BUJÁN PÉREZ, C., Derecho penal económico y de la empresa. Parte especial, Tirant lo Blanch, Valencia 2019. NIETO, A., Derecho administrativo sancionador, Tecnos, Madrid 2012. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|