Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento das principais institucións xurídicas. |
A2 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
A3 |
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A4 |
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. |
A5 |
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A6 |
Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. |
A7 |
Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional. |
A8 |
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. |
A9 |
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). |
A10 |
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. |
A11 |
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. |
A12 |
Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). |
A13 |
Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito. |
A14 |
Capacidade de elaboración de normas. |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B6 |
Aprender a aprender. |
B7 |
Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B8 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. |
B9 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. |
B10 |
Traballar de forma colaborativa. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro. |
B13 |
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Manexo adecuado das categorías xurídicas propias do Dereito da persoa, o que abrangue o que é a persoa física, a persoa xurídica, os dereitos da personalidade e demáis situación xurídicas relevantes, básicamente os distintos estados civís |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A12
|
B7 B9 B10 B12
|
C1 C2 C3 C7
|
O alumno debe adquirir as competencias e as destrezas suficientes para abordar e resolver con éxito calqueira cuestión conflictiva referente aos bens da personalidade ou os estados civís da persoa. |
A8 A9 A10
|
B6 B8 B11 B12 B13 B3 B4
|
C2
|
Elaborar e comprender correctamente os documentos e negocios necesarios para constituír unha persoa xurídica (fudacións e asociacións) |
A9 A10 A11 A13 A14
|
B10
|
C2 C4 C6
|
Destrezas básicas das novidades do Rexistro Civil rematado o período de "vacatiolegis" da Nova Ley do Rexistro Civil |
A11
|
B13
|
C1 C2 C3 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Lección 1.- O Dereito da Persoa |
1.- A posición funcional e institucional da persoa no Ordenamiento xurídico
2- O deber xeral de respeto á persoa
3.- A Capacidade xurídica: concepto e características
4.- A capacidade de obrar: concepto, caracteres e clases
|
Lección 2.-A Persoa física e a persoa xurídica |
1.- Requisitos esixidos no Ordenamiento xurídico español para a adquisición da personalidade.
2.-A extinción da personalidade da persoa física.
3.- A declaración de falecemento.
4.- A persoa xurídica: Concepto e clases de persoas xurídicas
|
Lección 3.- O concibido |
1.- Situación xurídica do concibido non nacido ante o Dereito civil.
2.- Contido da protección xurídica do concibido no Dereito positivo
|
Lección 4.- Os bens ou dereitos da personalidade |
1.- Concepto, natureza xurídica e carácteres.
2.- A protección dos bens da personalidade
|
Lección 5.- Os bens da personalidade na esfera física |
1.- A tutela civil da vida e da integridade física.
2.- Delimitación do poder interno do seu titular:
a) Autorizacións en orde ao cambio de sexo.
b) Cesión e trasplante de órganos.
c) Esterilización.
|
Lección 6.- Os bens da personalidad na esfera moral ou espiritual |
1.- A tutela civil do honor, da intimidade persoal e familiar e da propia imaxe.
2.- A tutela civil do nome da persoa. O cambio de nome e apelidos.
3.- O dereito moral de autor: delimitacións, contido, natureza e protección.
|
Lección 7.- O estado civil da persoa |
1.- Concepto e caracteres do estado civil no Ordenaminto xurídico español.
2.- Estados civís admitidos no Dereito español.
3.- O título do estado civil.
4.- Contido e eficacia do estado civil
|
Lección 8.- O Rexistro civil |
1.- Concepto, fundamento e antecedentes históricos. A nova Lei de Rexistro Civil.
2.- Organización actual
3.- Feitos e actos inscribibles.
4.- Valor xurídico dos asentos
|
Lección 9.- A idade da persoa |
1.- A súa significación xurídica. Cómputo da idade.
2.- A maioría de idade.
3.- A menor idade e a súa significación xurídica.
4.- Determinación do ámbito de poder e capacidade do menor.
5.- A responsabilidade civil do menor
|
Lección 10.- A emancipación |
1.- Concepto e tipos.
2.- Efectos da emancipación en xeral: as restriccións.
3.- O menor de vida independente.
|
Lección 11.- Outros supostos de capacidade de obrar restrinxida |
1.- A persoa coa capacidade xudicialmente modificada (incapacitación): Título de atribución do estado civil de incapacitado.
2.- Efectos.
3.- Modificación e extinción da incapacitación.
4.- A prodigalidade.
|
Lección 12.- A nacionalidade e veciñanza civil |
1.- Nacionalidade: O seu significado e vicisitudes; Adquisición e perda da nacionalidade
2.- A veciñanza civil: significado xurídico e vicisitudes; Adquisición e modificación
|
Lección 13. A ausencia |
1.- Concepto e significado.
2.- Natureza xurídica.
3.- A defensa provisional dos intereses do desaparecido.
4.- A declaración de ausencia: Requisitos, significado e alcance.
5.- A representación legal do ausente.
6.-A terminación da situación de ausencia legal.
7.-A ausencia non declarada na Lei de Dereito Civil de Galicia
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 C2 |
21 |
0 |
21 |
Estudo de casos |
A8 A10 A11 A13 A14 B6 B8 B3 C2 |
7 |
21 |
28 |
Prácticas a través de TIC |
A9 A13 B13 C2 C3 C6 C8 |
7 |
7 |
14 |
Simulación |
A1 A3 A6 A7 A12 B10 B11 B12 C1 C2 C7 |
7 |
14 |
21 |
Proba de ensaio |
B7 B9 B3 B4 C2 C4 |
1 |
23 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
42 |
0 |
42 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada coa introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoita reservarse a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia
|
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Prácticas a través de TIC |
Realización de traballos tutelados en materias relacionadas co contido da asignatura. como pode ser o comentario dun film durante as horas presenciais asignadas á materia, nesta actividade os alumnos poderán consultar en todo momento co profesor e utilizar as TIC |
Simulación |
Elaboración de documentos de carácter xurídico como por exemplo unha solicitude perante o Rexistro Civil (cambio de nome e apelidos, nacionalidade, cambio de sexo), a creación dunha persoa xurídica, demandas, recursos de apelación, etc no eido de materias propias da asignatura. |
Proba de ensaio |
Método de evaluación consistente nunha proba escrita (examen). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A atención personalizada relativa á metodoloxía prácticas a través de TIC levarase a cabo conforme ao descrito no apartado Metodoloxías.
A atención personalizada xenérica consiste na tradicional tutoría mediante a cal o profesor ponse a disposición dos alumnos nun momento temporal concreto co obxecto de que estes poidan consultar ou solucionar calquera problema de xeito individualizado.
Así mesmo virtualmente o/a alumno/a poderá poñerse en contacto co profesor en calquera momento e formularlle preguntas ou concertar reunións e tutorías, cando sexan cuestións puntuais poderán ser solventadasonline pero sempre estará aberta a posiblidade do seu tratamento convencional e presencial.
En relación aos/ás alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, progamarase unha primeira xuntanza para concretar o cronograma do curso e as especialidades da modalidade na entrega de traballos, prazo, formato, etc
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A9 A13 B13 C2 C3 C6 C8 |
Os traballos realizados polo alumno, logo de concluír as sesións presenciales serán entregados ou expostos na propia aula, segundo as circunstancias e, en todo caso, evaluados polo profesor tendo en conta basicamente a capacidade argumentativa demostrada e sobre todo a orixinalidade (a detección dun traballo plaxiado, en todo ou en parte, con ou sen permiso do titular da obra orixinal suporá automáticamente o suspenso na asignatura). |
10 |
Simulación |
A1 A3 A6 A7 A12 B10 B11 B12 C1 C2 C7 |
Durante as sesións presenciales nos grupos reducidos os alumnos deberán expoñer os seus traballos a través dun portavoz, entregando ademais o orixinal escrito ao profesor. Ambos orixinal e intervención oral serán obxecto de avaliación. |
10 |
Proba de ensaio |
B7 B9 B3 B4 C2 C4 |
Consistirá nunha proba escrita ao rematar o cuatrimestre.
A proba poderá consistir nun un exame de desenvolvemento, nun exame tipo test ou nun examen de preguntas cortas. A opción concreta será especificada polo responsable de cada grupo o primeiro día de clase na presentación da materia.
|
70 |
Estudo de casos |
A8 A10 A11 A13 A14 B6 B8 B3 C2 |
Os alumnos durante as sesións presenciais intervirán oralmente expoñendo a súa solución aos casos propostos debatendo, no seu caso, co profesor e os seus compañeiros. Os coñecementos, competencias e habilidades demostradas durante esta exposición serán obxecto de avaliación polo profesor. |
10 |
|
Observacións avaliación |
As calificacións obtidas durante o cuatrimestre a través
dos traballos (prácticas, simulacións, estudo de casos etc )
teránse en conta só cando o alumno asista ás clases con regularidade,
o que se traduce nunha asistencia mínima do 70% das clases en grupos reducidos. Os que non cumplan
con ese mínimo de presencialidade terán unicamente como cualificación a da
proba de ensaio. A devandita presencialidade non se terá en conta en
relación aos/ás alumnos/as a tempo parcial que solitaran e lles fora concedida a dispensa de asistencia a clase (vid. normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial). Estes/as alumnos/as deberán poñerse en contacto para planificar o cronograma dos traballos que se levarán a cabo ó longo do cuadrirmestre. No caso de que modelo de exame sexa de preguntas cortas,
si non se especifica presumirase que teñen todas o mesmo
valor. A cualificación de cero en duas das preguntas cortas suporá
o suspenso automático da asignatura. En todo caso para superar a materia deberá susperarse a proba escrita o que supón obter como mínimo 3.5 puntos na devandita proba. No caso
de que o exame sexa de desenvolvemento se publicitará con antelación suficiente antes da súa realización o número de preguntas e o
valor de cada unha delas, de non determinarse presumirase que teñen un valor
idéntico. En todo caso deberá superarse a proba escrita otendo como mínimo a cualificación de 3.5 puntos
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Os manuais que se recollen a continuación son a tíu meramente de
exemplo, o máis importante á hora de escoller un libro deste tipo é que
esté ao día, sobre todo nos temas que foron obxecto de reforma
recentemente. ABALADEJO GARCÍA, M. Derecho
civil. Introducción y parte general, Edti. Edisofer, Madrid, 2013 BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, R., Manual de derecho Civil. Derecho de la persona, Edit.Bercal, 2016 DÍEZ PICAZO, L Sistema
de derecho civil. I. Edit.Tecnos, Madrid, 2016 MARTÍNEZ DE AGUIRRE, C., DE PABLO CONTRERAS, P.,PARRA LUCÁN,
MªA., PÉREZ ÁLVAREZ, M., Curso de Derecho Civi, Tomo l.Volumen I
Derecho de la persona, Edt. Edisofer, Madrid, 2016 LACRUZ BERDEJO, J.L., Elementos
de derecho civil. Parte General, Edit.Dykinson, 2010 LASARTE ÁLVAREZ, C., Principios de Derecho Civil. Tomo I: Parte General y Derecho de la Persona, Edit.Dykinson, Madrid 2017 VVAA , Cuadernos
prácticos Bolonia, Persona Cuaderno II La falta de capacidad. Instituciones
protectoras, Edti.Dykinson, Madrid,
2009 -Cuadernos prácticos Bolonia, Persona Cuaderno III La persona física y
sus derechos, Edti.Dykinson, Madrid, 2009 Tamén é importante manexar un Código Civil da última edición (esperar pola de setembro 2019)
|
Bibliografía complementaria
|
|
Ao longo do curso cando se trate cada tema específico recomendaránse lecturas sobre o mesmo tanto de artigos de revistas como de monografías que se poden atopar na biblioteca do centro. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Fundamentos romanísticos da cultura xurídica occidental/612G01001 | Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos/612G01003 | Comunicación oral e escrita/612G01004 | Teoría do Dereito/612G01006 |
|
|