Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, frecuentemente nun contexto de investigación e, máis ao pormenor, nun contexto de investigación lingüística. |
|
BI1
|
|
Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
|
BI2
|
|
Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e valorizacións. |
|
BI3
|
|
Habilitar estratexias de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar a estudar dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
|
BI5
|
|
Adquirir coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes actuais no ámbito dos estudos lingüísticos. |
|
BI6
|
|
Adquirir os fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar nos principais modelos teóricos da lingüística actual. |
|
BI7
|
|
Abrir vías de investigación innovadoras no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais. |
|
BI9
|
|
Comprender as interrelacións existentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o mestrado, nun produtivo exercicio de transversalidade entre as materias e os contidos leccionados. |
|
BI10
|
|
Comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas, centrándose nos modelos formalistas e funcionalistas. |
AI1 AI2 AI3
|
|
|
Xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, uso de recursos na rede etc.). |
AI9
|
|
|
Aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de diferentes corpus lingüísticos. |
AI4
|
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma (galego e español). |
|
|
CM1
|
Pór en valor a enorme importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avanzo socioeconómico e cultural da sociedade, ben como, do punto de vista do individuo, a grande relevancia que posúe na súa realización persoal e laboral. |
|
BI4
|
CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A lingüística como disciplina |
1.1. A complexidade do obxecto de estudo
1.2. A división en subdisciplinas lingüísticas |
2. Ópticas no estudo da lingua e metodoloxías asociadas |
2.1. A visión formal da lingua e as súas implicacións metodolóxicas.
2.2. A visión comunicativa da lingua e os funcionalismos. |
3. Estudo dunha metodoloxía e as súas implicacións. |
Teoría e praxe da aplicación dun modelo teórico |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 A2 A3 B2 B3 B5 B7 B10 |
0 |
30 |
30 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 |
15 |
0 |
15 |
Traballos tutelados |
A2 A4 A9 B2 B4 B6 B9 C8 |
0 |
40 |
40 |
Seminario |
A9 B1 B3 B7 B10 |
5 |
0 |
5 |
Actividades iniciais |
A2 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C1 C8 |
10 |
40 |
50 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
As lecturas, tanto as obrigatorias como as complementares, serven para o alumnado coñecer o estado da arte sobre un tema previamente marcado polo profesor ou profesora ou para aprofundar nalgún aspecto. |
Sesión maxistral |
Sesións expositivas dos contidos da materia obxecto de estudo. Servirán para introduciren e presentaren os diferentes temas do programa, proporen cuestión para debateren e estabeleceren as directrices para as diferentes actividades e tarefas do curso. |
Traballos tutelados |
Trátase dunha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado baixo a tutela do profesorado. |
Seminario |
Teñen como finalidade a supervisión do traballo do alumno ou da alumna no marco de grupos máis reducidos. |
Actividades iniciais |
As actividades serven para o profesorado saber, a través dun medio práctico, cal é o nivel de partida do estudantado. As actividades e prácticas que non foren iniciais teñen como principal meta que o alumnado aprofunde nun determinado tema ou aspecto dunha maneira eminentemetne práctica, ben como que o estudantado aprofunde na análise de fenomenoloxías lingüísticas tamén dun modo fundalmentalmente activo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Seminario |
|
Descrición |
Os traballos tutelados responden a una metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado baixo a tutela do profesorado. Por súa vez, o seminario implica, nun grupo máis reducido, a supervisión do traballo do alumno ou da alumna.
Noutra orde de cousas, poderanse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Actividades iniciais |
A2 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C1 C8 |
Outras actividades avaliábeis (comentarios, exercicios, lecturas etc.). |
25 |
Traballos tutelados |
A2 A4 A9 B2 B4 B6 B9 C8 |
Tarefas relacionadas con cada un dos blocos do programa. |
60 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 |
Neste tipo de sesión terase en conta a asistencia e a participación. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Cuestións xerais: A. O alumnado terá de entregar os traballos e exercicios no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencias mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia
de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección
lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no
día 06.07.2018 e pendurado en Moodle). B. Na segunda oportunidade de xullo, o alumnado poderá presentar unha nova versión dos traballos que non obtivesen o nivel suficiente. No caso dunha cualificación insuficiente nas seccións relacionadas coa asistencia e coa participación, a cualificación do traballo constituirá 100% da final. Caso houbese convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados os mesmos principios de avaliación que na de xullo. C. O estudantado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar
e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider
asistir ás titorías, deberá pórse en contacto cos profesores a través do correo electrónico. Tamén terán de contactar co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica. Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán
ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(A) Mairal Usón, R. / F.J. Ruiz de Mendoza (2010). "La lingüística como ciencia cognitiva. Presupuestos metodológicos para una teoría del lenguaje". en Mairal Usón, R. et al.. Teoría lingüística: Métodos, herramientas y paradigmas. Madrid: UNED/Edit
(B) Sánchez de Zavala, V. (1982). Funcionalismo estructural y generativismo. Madrid: Alianza.
(C) Machin, D. & Andrea M. (2012). How to do Critical Discourse Analysis. Londres. Sage.
(C) Butler, C. et al. (1988). Nuevas perspectivas en gramática funcional.. Barcelona: Ariel.
(C) Moreno Fernández, F. (2012). Sociolingüística cognitiva. Proposiciones, escolios y debates. Madrid: Iberoamericana.
(B) Alcaraz, E. (1990). Tres paradigmas de la investigación lingüística. Alcoy: Marfil.
(A) López García, Á. (1998). “La lingüística del siglo XXI: ¿hacia dónde se dirige la ciencia del lenguaje?”. en Gallardo Paúls, B. (ed.), Temas de lingüística y gramática, Valencia, Universidad de Valencia, pp
(B) Cabré, M.T. / M. Lorente (2004). “Panorama de los paradigmas en lingüística”. Enciclopedia iberoamericana de Filosofía. Vol. Ciencias exactas, naturales y sociales, coordinado po
(A) Martin Vide, C. (1996). “Parámetros para la reflexión sobre el lenguaje humano: a modo de introducción”. n C. Martín Vide (ed.): Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro, 11-26.
(A) García Gondar, F. / F. G. Rojo (2000). "A linguística no século XX". Revista Galega do Ensino, 28/2, 221-245.
(A) Dik, S. (1978). "Prelimnaries", An introduction to functional grammar. Amsterdam: North Holland.
(C) Eggins, S. (2004). An introduction to systemic functional linguistics.. New York: Continuum.
(A) Moreno Cabrera, J. C. (2018). Claves históricas de la lingüística actual. Madrid: Arco / Libros
(C) Ruiz Antón, J. C. (1998). Curso de tipología lingüística. Enfoque funcional. Castelló de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I.
(C) Báez San José, V. (1988). Fundamentos Críticos de la Gramática de Dependencias. Madrid: Síntesis.
(C) Escandell, V. (1996). Introducción a la pragmática.. Barcelona. Ariel.
(B) Gil, J. M. (2001). Introducción a las teorías lingüísticas del siglo XX. . Santiago de Chile: RIL editores.
(C) Calsamiglia Blancafort, H. & A. Tusón (2012). Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel.
(C) Silva, A. Soares da. (org.) (2001). Linguagem e Cognição. A Perspectiva da Linguística Cognitiva. Braga: Ass. Portuguesa de Linguística & Universidade Católica Portuguesa.
(C) Ibarretxe-Antuñano, I. / J. Valenzuela (dirs.) (2012). Lingüística Cognitiva.. Barcelona: Anthropos.
(B) Ramallo, F. et al. (2000). Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais
(B) Butler, Christopher S. (2003). Structure and function: a guide to three major structural-functional theories. Amsterdam: John Benjamins.
(B) Mairal Usón, R. et al. (2010). Teoría lingüística: Métodos, herramientas y paradigmas.. Madrid: UNED/Editorial Ramón Areces.
(C) Herrero Cedilla, J. (2006). Teorías de pragmática, de lingüística textual y de análisis del discurso. Cuenca. Universidad de Castilla-La Mancha.
(B) Heine, B. / H. Narrog (eds.) (2010). The Oxford handbook of linguistic analysis. Oxford: Oxford University Press. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Lexenda: (A) Introducións, (B) Presentacións xerais, (C) Bibliografía específica. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|