Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ter un coñecemento das produccións culturais da Humanidade (Arte, Pensamento, Literatura) |
A2 A7 A15 A17 A18
|
B3 B6 B8
|
|
Coñecer os principais autores do Século de Ouro español,e valorar críticamente as súas produccións (particularmente os textos en prosa). |
A17 A18
|
|
|
Coñecer as técnicas e método de traballo e análise da ciencias humanas e sociais |
A1 A10 A11 A16
|
B1 B2 B7
|
C6
|
Valorar críticamente a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse e ser capaz de aproveitala para aprender e desenvolver o coñecemento |
|
B1 B2 B7
|
C3
|
Ter capacidade para comunicar os coñecementos adquiridos |
A5
|
B4 B10
|
C1
|
Traballar de forma autónoma e con iniciativa |
|
|
C5
|
Utilizar as TIC'S para o exercicio como ferramenta de aprendizaxe |
|
|
C3
|
Capacidade para interrelacionar os distintos ámbitos da Filoloxía e da Cultura |
A9
|
B5
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución
|
1. Contexto histórico-filolóxico.
2. Modelos e xéneros prosísticos. |
Prosa do século XVI |
1. Prosa humanística: (diálogo, epístola, misceláneas, outras).
2. Prosa de ficción 1: pervivencia de xéneros medievais.
3. Prosa de ficción 2: os xéneros novos. Literatura pastoril e picaresca, etc. |
Prosa do século XVII |
1. Prosa cervantina 1: El Quijote
2. Prosa cervantina 2: Las novelas ejemplares
3. Prosa intelectual e moral: Quevedo, Los sueños |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A7 A16 A17 B1 B3 |
0 |
60 |
60 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A2 A5 A10 B2 B4 B5 B8 C1 C3 C5 |
15 |
5 |
20 |
Traballos tutelados |
A9 A11 A15 A16 A18 B6 B7 B10 C6 |
0 |
20 |
20 |
Sesión maxistral |
A17 B5 |
21 |
0 |
21 |
Actividades iniciais |
A9 A10 |
3 |
0 |
3 |
Proba mixta |
A1 A9 A11 A17 C1 C6 |
3 |
20 |
23 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
O estudante terá que realizar ao longo do cuadrimestre as lecturas relativas ás fontes primarias e secundarias da materia. A lectura das obras deberá estar finalizada con antelación ao momento no que comece a sía explicación nas aulas de aprendizaxe colaborativo. As lecturas deberán facerse seguindo a selección realizada polos profesores que o estudante atopará na reprografía da Facultade. No caso de obras máis extensas, haberá que seguir as edicións que se mencionan na bibliografía desta guía. É importante que todos os estudantes conten coas mesmas edicións, alén da calidade filolóxica dos textos recomendados, para facilitar o seguimento das explicacións na aula e as correccións posteriores de traballos e exames. Na introducción a cada unha das seccións, proporcionarase ao estudante unha selección de textos de bibliografía secundaria para a contextualización dos temas. |
Aprendizaxe colaborativa |
Ao non existir na nomencaltura da guía a correspondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, adoptase esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto literario aplicado aos textos obxectos da materia. Para realizar esta actividade, o estudante deberá ter traballado previamente o texto proposto para a análise de xeito a poner en común os resultados do seu traballo. |
Traballos tutelados |
Partindo das obras dos autores obxecto da materia, ofrecerase ao estudante unha selección de posibles traballos de diversos tipos. O traballo será individual e os profesores supervisarán o desenvolvemento do mesmo en hora de titorías. |
Sesión maxistral |
Haberá unha sesión maxistral por semana de noventa minutos de duración. A responsabilidade desta sesión recae sobre os profesores. Os obxectivos das sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables para os periodos literarios abordados dos xenéros e autores estudados |
Actividades iniciais |
No primeiro día de aulas os estudantes realizarán individualmente un comentario de texto literario por escrito co fin de determinar o nível xeral e adecuar así a impartición da materia cara a obxectivos de mellora e progreso. Nesta mesma sesión, darase conta das ferramentas metodolóxicas introductorias á materia. |
Proba mixta |
Na data oficial marcada polo Centro, o estudante realizará unha proba na que desmostrará os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao longo do cuadrimestre fixaranse as sesións de titorías con cada un dos estudantes para supervisar o traballos tutelados e dar as orientacións relativas á aprendizaxe colaborativa.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A9 A11 A15 A16 A18 B6 B7 B10 C6 |
O traballo tratará dun tema á proposta do estudante e previamente acordado en titoría cos profesores. Terá unha extensión de 10 de páxinas a 1.5 espazo internliñal. Os criterios de avaliación serán: correcta estruturación do discurso (demostración e razoamiento); corrección léxica, ortográfica e gramatical, así como a correcta presentación. O traballo entregarase o día 5 de maio de 2020 para dar tempo a adecuada corrección e revisión. |
50 |
Proba mixta |
A1 A9 A11 A17 C1 C6 |
Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
|
50 |
|
Observacións avaliación |
Só se aceptarán traballos entragados na data marcada e con antelación suficiente respecto da proba mixta. Calquera indicio de plaxio conlevará a cualificación de cero (0). Non se poderá aprobar a materia sen ter unha calificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. Na segunda oportunidade (xullo) os alumnos que suspenderen a proba mixta (50%) deberán repetila na data fixada polo Centro; os alumnos que suspenderen o traballo tutelado (50%), deberán corrixindo as deficiencias e incorporando as mellloras indicadas polos preofesores. A data
de entrega do trabajo tutelado será o mesmo día que a fixada oficialmente para
o exame. Moi importante: o alumno será avaliado e calificado sempre que se presente á proba mixta. Recibirá a calificación de "NON PRESENTADO" cando non se presente ao exame. Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa
realizarán as mesmas probas que os demáis: proba mixta (50%) 3 traballo
tutelado (50%) por non se considerar na avaliación a asistencia e a
participación na aula. Arbitraranse de acordo co alumno todas as medidad de
atención necesarias.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Lecturas obrigatorias Anónimo, Lazarillo de Tormes,
ed. F. Rico, Madrid y Barcelona: Real Academia Española y Galaxia Gutenberg,
2011 (Biblioteca Clásica de la Real Academia Española, 5). Cervantes, Miguel de, El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, ed. L. Murillo, Madrid, Castalia, 1978. Cervantes,
Miguel de, Novelas
ejemplares, ed. J. García López, Madrid: Real Academia Española, 2013
(Biblioteca Clásica de la Real Academia Española, 46). Cervantes,
Miguel de, Entremeses,
ed. A. Barras Escolá, Madrid: Real Academia Española, 2012 (Biblioteca Clásica
de la Real Academia Española, 45). Quevedo y
Villegas, Francisco de,
La vida del Buscón, ed. F. Cabo Aseguinolaza, Madrid: Real Academia
Española, 2011 (Biblioteca Clásica de la Real Academia Española, 56). Quevedo y
Villegas, Francisco de,
Los sueños, ed. J. O. Crosby, Madrid: Castalia, 1993. Villalón, Cristóbal de, El Scholástico, J. M. Martínez Torrejón, ed., Barcelona, Crítica, 1997, selección facilitada por el profesor. |
Bibliografía complementaria
|
|
ALBERICH, J. et
al., dir (1990) Historia de la Literatura Española, Madrid, Cátedra,
2 vols. CARRASCO
URGOITI, S., F. LÓPEZ ESTRADA y F. CARRASCO, (2001) La novela española en el
siglo XVI, Madrid, Iberoamericana- Vervuert. MAINER, J. C.,
dir. (2009) Historia de la literatura española, vol. 3 (de 1598 a 1691),
Pedro Ruiz (coord.), Crítica. PEDRAZA, F. B.
y M. Rodríguez (1990) Las épocas de la literatura española, Madrid, Ariel.
PRIETO, A.,
(1986) La prosa española del siglo XVI, Madrid, Cátedra. RALLO GRUS, A.
(1987) La prosa didáctica en el siglo XVI, Madrid, Taurus. RALLO GRUS, A.
(1988) La prosa didáctica en el siglo XVII, Madrid, Taurus. RICO, F. dir.
(1994) Historia y crítica de la literatura española, Barcelona, Crítica,
vols. II, III y suplementos. RODRÍGUEZ
CACHO, L. (2009) Manual de historia de la literatura española, Castalia,vol
1. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005 | Lingua e Cultura Clásica/613G01006 | Literatura Española/613G01011 | Literatura Española Medieval/613G01022 | Literatura Española do Século de Ouro 1/613G01023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|