Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
1. Profundar nalgúns aspectos que completan a visión da lingua española actual. |
A1 A3 A19 A20 A21 A22
|
B5 B8
|
C1 C2
|
2. Estudar as características da lingua oral, especialmente na súa manifestación máis xenuína que é a conversación coloquial. |
A1 A19 A20 A21
|
B1 B3 B5 B7
|
|
3. Achegarse a algúns feitos pragmáticos observados no uso da lingua española, principalmente na súa modalidade oral conversacional. |
A2 A3 A11 A15 A20 A21
|
B6
|
|
4. Introducirse no estudo da lingua española empregada en internet, analizando as súas características lingüísticas, pragmáticas e textuais. |
A2 A5 A11 A15 A19 A21 A22 A23
|
B1 B2 B4
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introducción: a lingua española. Situación actual |
1.1. O español no mundo
1.2. A unidade do idioma
1.3. O español como lingua internacional |
2. Español oral e español escrito |
2.1. Oral / escrito: oposición binaria e oposición gradual
2.2. A oralidade no texto escrito |
3. O español na internet |
3.1. Características ortográficas, sintácticas e léxicas
3.2. A escritura ideofonemática
3.3. Características textuais |
4. O español conversacional |
4.1. A conversa coloquial
4.2. As unidades conversacionais
4.3. Características fónicas, morfosintácticas e léxico-semánticas
4.4. Estratexias pragmáticas
4.4.1. A cortesía verbal
4.4.2. A intensificación
4.4.3. A atenuación
4.4.4. A conexión: os marcadores do discurso
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 A3 A11 A21 A22 A23 B1 B3 |
2 |
16 |
18 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 A20 A21 A22 B3 B4 B5 B6 B7 |
2 |
12 |
14 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A11 A20 A21 B5 B7 B8 |
11 |
15 |
26 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 |
1 |
14 |
15 |
Presentación oral |
A5 A15 B2 B4 B6 |
2 |
4 |
6 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A3 A11 B3 B5 B7 |
4 |
0 |
4 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A5 A15 A21 B1 B2 B6 B7 B8 C1 C2 |
9.5 |
18 |
27.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
O alumnado estará ao día das lecturas recomendadas polo profesorado ao inicio de cada tema. Estas lecturas son fundamentais para o seguimento da materia. |
Proba mixta |
O día sinalado no calendario de exames da Facultade, o alumnado realizará o correspondente exame que terá carácter teórico e práctico. |
Sesión maxistral |
O profesorado exporá na aula os contidos principais de cada tema. |
Traballos tutelados |
O alumnado realizará un traballo tutelado, ben de xeito individual, ben en grupo. O profesorado proporcionará os temas e lecturas para o mesmo, ao igual que as indicacións precisas para a súa elaboración a través da plataforma Moodle. O seguimento dos traballos realizarase en horario de titorías. |
Presentación oral |
Os traballos serán expostos oralmente na aula. As características coas que deberán contar estas exposicións, así como os criterios de avaliación das mesmas, serán distribuidos entre o alumnado a través da plataforma Moodle. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Os alumnado asistirá aos eventos científicos –sesións de congresos, coloquios, conferencias– relacionados cos contidos da materia. |
Estudo de casos |
Unha parte da materia consistirá na realización de exercicios, comentarios e debates nos que o alumnado aplicará os coñecementos adquiridos ao longo das sesións teóricas da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
Proba mixta |
|
Descrición |
O alumnado consultará co profesorado, ben de xeito presencial no horario de titorías, ben por correo electrónico, aqueles problemas surxidos no seu estudio, na elaboración do traballo ou na realización de exercicios ou comentarios. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 |
O asunto, características, proceso de realización, condicións de avaliación, procedimento e data de entrega do traballo tutelado serán detallados nun documento exposto en Moodle. |
20 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A5 A15 A21 B1 B2 B6 B7 B8 C1 C2 |
Dous dos exercicios propostos ao longo do cuatrimestre serán entregados á docente para a súa avaliación. As datas de realización e recollida destes exercicios serán determinadas na aula, con tempo de antelación suficiente para que o alumnado os poida preparar. |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 A20 A21 A22 B3 B4 B5 B6 B7 |
Realizarase no día indicado no calendario oficial de exames fixado pola Administración da Facultade.
Trátase dunha proba teórico-práctica na que o alumnado deberá demostrar ter asimilado os contidos estudiados ao longo do cuatrimestre. |
50 |
Presentación oral |
A5 A15 B2 B4 B6 |
O traballo académico realizado por escrito será exposto de maneira oral.
Valorarase a soltura na exposición, a adecuación ao estilo académico e a utilización de axudas técnicas. |
10 |
|
Observacións avaliación |
1. En todas as actividades escritas (exame, traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 2. A calificación obtida na proba mixta ou exame deberá ser, como mínimo, un 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia, tanto en primeira como en segunda oportunidade. 3. Os traballos e restantes actividades entregados fora do prazo estipulado serán penalizados cun 50 % da nota.
4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en exames ou outras variábeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate.
5. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non se presente ao exame, aínda que teña realizado as restantes actividades.
6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo, presentación oral ou entrega de exercicios por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade.
7. A materia poderá ser adaptada ao estudiantado con necesidades especiais, así como ao estudantado procedente de convenios e programas internacionais que non teña un nivel de competencia lingüística en español semellante ao nativo. Nestes casos, as persoas afectadas deberán contactar de maneira inmediata á docente no inicio do cuatrimestre, tras a súa incorporación á materia.
8. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B1 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.
Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia
Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes:
-Proba mixta, na mesma data e coas mesmas características que todo o restante alumnado: 50 %
-Traballo tutelado: 50 %
As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para a docente.
Oportunidade extraordinaria de decembro
O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización de un exame que suporá o 100% da calificación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Ao inicio de cada tema proporcionarase unha bibliografía específica, indicarase a que é de lectura obrigatoria ou de lectura recomendada e concretarase se está disponíbel na plataforma Moodle ou se debe ser localizada e obtida polo alumnado.
BRIZ, A. (1998): El español coloquial en la conversación, Barcelona, Ariel.
BRIZ, A. (coord.) (2008): Saber hablar, Madrid, Aguilar.
CALSAMIGLIA, H. y A. TUSÓN (2007 [1999]): Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso, Barcelona, Ariel.
KOTSCHI, T., W. OESTERREICHER y K. ZIMMERMANN (eds.) (1996): El español hablado y la cultura oral en España e Hispanoamérica, Madrid-Fráncfort, Iberoamericana-Vervuert.
LÓPEZ ALONSO, C. (2014): Análisis del discurso, Madrid, Síntesis.
PORTOLÉS, J. (2004): Pragmática para hispanistas, Madrid, Síntesis.
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA Y ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE LA LENGUA ESPAÑOLA (2009): Nueva gramática de la lengua española, Madrid, Espasa.
|
Bibliografía complementaria
|
|
ALBELDA, M. (2007): La intensificación como categoría pragmática: revisión y propuesta, Fráncfort, Peter Lang.
BRIZ, A. y GRUPO Val.Es.Co. (2000): ¿Cómo se comenta un texto coloquial?, Barcelona, Ariel.
BUSTOS TOVAR, J. J. de y otros (coords.) (2011): Sintaxis y análisis del discurso hablado en español. Homenaje a Antonio Narbona, Sevilla, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Sevilla.
FUNDÉU (2012): Escribir en internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales, Barcelona, Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores.
HAVERKATE, H. (1994): La cortesía verbal, Madrid, Gredos.
LOUREDA, Ó. y E. ACÍN (eds.) (2010): Los estudios sobre marcadores del discurso, hoy, Madrid, Arco Libros.
ROMERO, M.ª V. (coord.ª) (2006 [2002]): Lengua española y comunicación, Barcelona, Ariel.
VILÀ I SANTASUSANA, M. (coord.ª) (2005): El discurso oral formal, Barcelona, Graó.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Española 1/613G01001 | Lingua Española 2/613G01013 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Variedades do Español/613G01032 |
|
Observacións |
Esta materia compleméntase con "Variedades del español", asignatura optativa que se imparte no segundo cuatrimestre. |
|