- Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.
- Cualificarase como non presentado quen non se presente ao exame final oficial nin na primeira nin na segunda oportunidade, independientemente do número de actividades entregadas.
- Na segunda edición de actas poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán na plataforma Moodle. As tarefas e o traballo tutelado entregaranse a data establecida para o exame oficial.
- Os traballos ou actividades entregaranse a través da plataforma Moodle nos prazos fixados. O traballo tutelado entregarase antes do 10 de decembro. Deberase gardar unha copia de cada actividade ou do traballo en previsión de problemas na recepción.
- As actividades, o traballo e o exame deben cumprir coas esixencias de corrección lingüística propias dos traballos académicos (ortografía, precisión léxica, rexistro formal etc.).
- O plaxio, mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica darán lugar á descalificación automática da actividade ou da proba. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio. Estas aplicacións poden recoñecer traballos presentados polo estudante noutras materias.
- Na convocatoria adelantada emplearanse os mesmos instrumentos
de avaliación coa mesma ponderación. As actividades do obradoiro
serán substituídas por tarefas que se publicarán na plataforma Moodle.
- Alumnado con dispensa académica de asistencia a clases recoñecida: as tarefas do obradoiro serán substituídas por actividades. O alumnado afectado debe contactar co profesor.
- Estudantes que precisen medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso.
- Alumnado erasmus e de intercambio: recoméndase un nivel de español equivalente a B2 ou superior para cursar esta materia.