As anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:
1. O 50% da cualificación final obterase pola proba mixta. Para aprobala, e para aprobar a asignatura, deberase obter nela un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 nesta proba non é posible compensalo cun 7 pola suma doutras actividades e a asistencia.
2. O 40% obterase pola realización de actividades na aula durante o curso.
3. O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso, con atención á aprendizaxe colaborativa.
4. Para obter cualificación é indispensable realizar a proba mixta.
5. Toda avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as probas pertinentes. Isto serve igualmente para a cualificación do 10% contemplada no punto 3, que se manterá na segunda oportunidade.
6. O alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es, co asunto: “Dispensa de asistencia", en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. A dispensa académica elimina neste caso o 10% correspondente á asistencia. Esa porcentaxe trasládase a un traballo concertado co profesor, que sería o 10%, e o 40% restante a un exercicio práctico relacionado coa materia. Con todo, dado o carácter fundamentalmente práctico desta asignatura, non se recomenda esta opción.
7. O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas ten a opción de acollerse ao sistema anterior, mediante aceptación expresa, nas condicións do punto 6 e antes do mes de outubro, baixo as mesmas salvedades.
8. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.
9. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Moodle.
10. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web institucional:
https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en: https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/