Os alumnos que superen a materia na primeira oportunidade e asistiran asiduamente ás aulas (sen ningunha falta de asistencia) obterán un punto extra na cualificación final.
En tódalas actividades escritas, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Penalizaranse as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha se descontará da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor no caso dos alumnos Erasmus ou de outros programas de intercambio.
A cualificación obtida na proba mixta ou exame ten que ser como mínimo un 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia, tanto na primeira oportunidade como na segunda. Se na primeira oportunidade a materia está suspensa e a nota do exame foi inferior a 5, na segunda oportunidade hai que facer o exame de novo.
As actividades entregadas fóra do prazo estabelecido penalizaranse un 50% da nota.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar en exames, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase coa anulación total da actividade de que se trate.
Obterán a cualificación de NP (no presentado) os alumnos que non se presenten ao exame, aínda que realizaran o resto das actividades.
A materia poderá ser adaptada a estudantes con necesidades especiais.
Os alumnos que teñan que superar a materia na segunda oportunidade recuperarán as actividades que teñan suspensas coas mesmas porcentaxes (comentarios sincrónicos ou diacrónicos en conxunto e/ou proba práctica). A proba será o día 14 de xullo ás 18: 30 h. Para recuperar os comentarios as profesoras propoñerán novos textos e se entregarán a través de Moodle antes do 8 de xullo.
Na convocatoria adiantada de decembro (finalización de estudos) a avaliación farase cun exame teórico-práctico.
Recoméndase un nivel B2 ou superior para seguir a materia con éxito.
Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia
Os procedementos e as porcentaxes de avaliación serán as mesmas que para o resto dos alumnos, nas dúas oportunidades.
Os comentarios entregaranse en tódolos casos a través de Moodle, onde haberá un apartado especial para estes alumnos.
As titorías concertaranse por correo electrónico e se realizarán en horas adecuadas tanto para o alumno como para as profesoras.
Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través de Moodle e do correo electrónico.