Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir e organizar novos coñecementos (integrándoos nos xa posuídos) sobre o funcionamento da linguaxe e das linguas, tanto no que atingue á súa estrutura interna como nas súas dimensións cognitiva, social, aplicada, ... |
A3 A11 A14 A15 A29
|
B1 B3 B5 B7
|
C6 C7 C8
|
Interpretar os textos científicos e divulgativos da lingüística, e relacionar os diferentes contidos tratados. Adquirir novo coñecemento a partir da súa lectura, integrándoo de maneira crítica. |
A1 A2 A3 A29
|
B3 B7
|
C6
|
Buscar e seleccionar información sobre a linguaxe e as linguas. |
A3
|
B1 B3 B5 B7
|
C6
|
Utilizar diferentes metodoloxías e técnicas habituais no estudo da linguaxe. |
A1 A3 A11 A15
|
B5
|
C3 C6 C8
|
Analizar a estrutura das linguas nos seus diferentes niveis. |
A1 A15
|
B2 B6 B7
|
C3
|
Analizar a linguaxe nas súas dimensións cognitiva, social, psicolóxica, ... |
A1 A3 A11
|
B2 B3 B5 B7 B9
|
C3 C6 C8
|
Sintetizar, relacionar e elaborar xeneralizacións a partir dos datos dispoñibles, de forma selectiva, para a resolución de problemas lingüísticos. |
A1 A3
|
B2 B5 B7 B9
|
C3 C6 C8
|
Organizar e expor contidos relativos á linguaxe, as linguas e a comunicación de forma organizada e argumentada, seguindo as pautas aceptadas no campo. |
A4 A5 A6 A9 A10 A11 A29
|
B1 B2 B4 B9 B10
|
C1 C2 C6
|
Utilizar modos argumentativos e formas de traballo característicos da ciencia lingüística. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A11
|
B2 B7 B10
|
C1 C2 C4 C7
|
Analizar e comentar textos e discursos utilizando apropiadamente as técnicas de análise. |
A1 A2 A10 A11 A15 A29
|
B4
|
C1
|
Traballar cooperativamente na resolución de problemas de carácter lingüístico. |
A10 A14 A15
|
B3 B4 B6 B7
|
C3 C6
|
Afrontar sen prexuízos os novos coñecementos sobre a linguaxe, as linguas e a diversidade lingüística, así como as novas perspectivas e métodos. |
A1 A11
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10
|
C7 C8
|
Seguir e integrar sen prexuízos os avances doutras disciplinas que axuden ao progreso da lingüística, tanto na súa dimensión teórica como na aplicada. |
A29
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contribuír ao desenvolvemento científico e social aplicando as competencias adquiridas. |
A15
|
B9 B10
|
C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A natureza da linguaxe e a lingüística. |
1.1. Características xerais da linguaxe.
1.2. Linguaxe, lingua, fala.
1.3. Competencia(s) e actuación.
1.4. As dimensións estrutural, social e cognitiva da linguaxe e as linguas.
1.5. Como estudar a linguaxe. |
2. A comunicación. |
2.1. Definición, elementos e procesos da comunicación.
2.2. Sistemas de comunicación: linguaxe humana e linguaxes dos animais.
2.3. As orixes da linguaxe e das linguas.
2.4. Modos de comunicarse/canais de comunicación: a oralidade, a escrita, a dactilografía; linguas xestuais e tactis. |
3. Linguaxe, mente e cerebro. |
3.1. Conceptos básicos. A psicolingüística e a neurolingüística.
3.2. Lateralización e localización da linguaxe.
3.3. Patoloxías lingüísticas.
3.4. Adquisición da linguaxe e aprendizaxe das linguas. |
4. Os sons das linguas. |
4.1. Son lingüístico, fonema e alófono. A fonética e a fonoloxía.
4.2. Fonación, articulación e acústica dos sons lingüísticos.
4.3. Representación gráfica e clasificación dos sons lingüísticos.
4.4. Métodos de análise e estudo do son lingüístico.
4.5. Trazos suprasegmentais: melodía, ton e entoación.
4.6. Os sistemas fonolóxicos. |
5. Da palabra ao discurso. |
5.1. A forma das palabras. A morfoloxía.
5.2. A estrutura da oración. A sintaxe. |
6. O significado. |
6.1. O significado lingüístico. A semántica.
6.2. Significado, intención e contexto; a interpretación. A pragmática. |
7. Unidade e diversidade das linguas. |
7.1. Lingua e sociedade. A sociolingüística.
7.2. Universais e tipoloxía lingüística. |
8. Aplicacións da lingüística. |
8.1. Para que serve a lingüística?
8.2. A lingüística noutros campos científicos: o desenvolvemento científico e tecnolóxico.
8.3. Lingüística e desenvolvemento social. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 A2 A3 A9 A10 A11 A14 A29 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
0 |
27 |
27 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
13 |
0 |
13 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 |
2 |
20 |
22 |
Seminario |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
12 |
3 |
15 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A10 A11 A14 A15 A29 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
37 |
5 |
42 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
10 |
20 |
30 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
As lecturas proporcionaranlle ao estudantado a maior parte dos contidos do curso, e deberá facer unha ou varias por cada tema. O estudantado deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración.
Ademais, o profesor poderá entregarlle ao alumnado (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos. |
Obradoiro |
Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise de xeito contrastivo de propostas de diferentes autores ou momentos históricos, todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias. |
Proba mixta |
Á metade e ao final do curso o alumnado deberá realizar unha proba de tipo teórico e aplicado, con preguntas de resposta aberta e/ou pechada, que suporá o 45% da cualificación final. |
Seminario |
Constituirá un método habitual de traballo, principalmente nas aulas de grupo mediano e reducido: o profesor plantexará algún tema (ben por iniciativa del, ben pola do alumnado) sobre o que se traballará, debatirá e elaborarán conclusións, utilizando materiais aportados polo profesor ou buscados polos/as estudantes e, sobre todo, utilizando a reflexión individualizada e grupal e a posta en común. |
Sesión maxistral |
Haberá unha sesión maxistral de 90 minutos cada semana. Dependendo do tema e/ou do profesor, consistirán na exposición por parte deste dalgúns contidos seleccionados ben por iniciativa propia ou a proposta do estudantado, xa sexa para aclarar dúbidas sobre contidos recollidos nas lecturas, corrixilos ou tratar outros completamente novos. |
Traballos tutelados |
O alumnado deberá realizar algunhas actividades prácticas ou de busca de información seguindo instrucións específicas do profesor e, cando este o determinar, sendo controlado o seu traballo cando menos en certas etapas (planificación inicial, estratexia de traballo, ...) O obxectivo é que o/a estudante desenvolva dinámicas e prácticas de traballo axeitadas e/ou propias da área de coñecemento. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Obradoiro |
Lecturas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada será unha constante nas sesións de grupo reducido e tamén nas titorías individuais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 |
Proba escrita que o/a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre. |
50 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Comprende toda a actividade do estudante desenvolvida na aula e fóra dela. Teranse en conta a asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso. |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Cada estudante deberá realizar TRES actividades a longo do curso. |
40 |
|
Observacións avaliación |
1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro 2020) responderá ao seguinte reparto porcentual: 1.1. Un 50% obterase pola
PROBA MIXTA ESCRITA. Celebrarase unha soa proba mixta escrita (exame) no
mes de xaneiro, na data oficial de exame da materia. Para aprobar a
materia, é imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4.00 nesta
proba. 1.2. Un 40%
obterase da realización de TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao
longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato
electrónico e en formato impreso. As actividades deben entregarse nas
datas fixadas. 1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. 1.4. O alumnado repetidor que non asistan ás aulas ou os que teñen unha dispensa académica oficial,
recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA
ESCRITA, e outro 50% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais
ou grupais) avaliables. Ao iniciarse o curso, todos os/as alumnos/as repetidores ou con dispensa académica oficial deben comunicar ao
profesorado en que grupo interactivo se encadran. Ademais, os
repetidores deben comunicar se asistirán ás aulas xa que, de non facelo,
aplicaráselles o mesmo reparto porcentual que aos de primeira matrícula
(50%+40%+10%). 1.5. Superará a materia quen obteña unha
cualificación media mínima global de 5.00, logre un mínimo de 4.00
puntos na proba mixta escrita, e entregue polo menos dúas actividades
avaliables. 2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2020): 2.1. Consérvanse as cualificacións das probas e actividades superadas na 1.ª oportunidade. 2.2.
Quen deba realizar o exame (proba mixta escrita), farao no día oficial
(ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). 2.3.
Realizaranse a/s actividade/s suspensas (poden ser diferentes ás
realizadas en xaneiro, aínda que co mesmo formato). Estarán dispoñibles
en Moodle ao rematar o período de exames do segundo cuadrimestre. 2.4. Ao alumnado que non supere a materia en xaneiro e teñan unha
puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e
participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2.ª
oportunidade de xullo: (a) proba mixta escrita, 50%; (b) actividades ou
tarefas avaliables, 50%. 3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2019): 3.1.
Poden presentarse a esta oportunidade só estudantes cuns poucos
créditos pendentes para rematar a titulación. Consúltese a documentación
pertinente na web da UDC. 3.2. Realizarase a avaliación
exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter
teórico-práctico, pola que se outorgará o 100% da cualificación. 4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO.
Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas
que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas oficiais
e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.
NOTA. Uso de ferramentas antiplaxio. O profesor/a poderá
utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre elas Turnitin) para
detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as estudantes durante o
curso. De atopar coincidencias que exceden o razoable, terá
consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non recibir puntuación
algunha polo traballo afectado e mesmo a cualificación global de suspenso na materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Non se recollen nesta bibliografía as lecturas obrigatorias de curso,
que se entregan á parte; no espazo Moodle da materia atopará recursos
na internet e outras suxestións que lle permitirán ampliar os seus
coñecementos.
Manuais e obras
introdutorias Bernárdez, Enrique (2000). ¿Qué son las lenguas? Madrid: Alianza. Escandell Vidal, M. Victoria
(coord.) e outros (2011). Invitación a la lingüística. Madrid: Editorial Centro de Estudios
Ramón Areces & UNED. (***) Fasold, Ralph W. & Jeff
Connor-Linton (eds.) (2006). An Introduction to Language and Linguistics.
Cambridge: Cambridge University
Press. (***) Fromkin, Victoria (ed.)
(2000). Linguistics: An Introduction to Linguistic Theory. Oxford: Blackwell. (**) Genetti, Carol (ed.) (2019, 2nd edition). How Languages Work. An Introduction to Language and Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press. (***) López García, Ángel, et alii (1994). Lingüística general y
aplicada. València: Universitat de València. (**) Martín Vide, Carlos (ed.) (1996). Elementos de Lingüística.
Barcelona: Octaedro. (**) Martínez Celdrán, Eugenio (1995). Bases para el estudio del
lenguaje. Barcelona: Octaedro. (*)
Moreno Cabrera, Juan Carlos (20002). Curso
universitario de lingüística general. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis
general; Tomo II: Semántica, Pragmática, Morfología y Fonología. Madrid:
Síntesis.
O’Grady, William, Michael
Dobrovolsky & Francis Katamba (1997). Contemporary Linguistics. An
Introduction. London & New York: Longman. (**) Ramallo, Fernando et alii
(eds.) (2000). Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Edicións Xerais. (*) Simone, Raffaele (1993 [1990]). Fundamentos
de lingüística. Barcelona:
Ariel. (**) Tusón Valls, Jesús (2007). Introducción al lenguaje (=
Humanidades; 11). Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. [Orix. en
catalán: 2003.] (*)
Yule, George (20073). El lenguaje. Madrid: Akal.
[Orix. inglés: 20063.] Hai unha cuarta edición en inglés: The
Study of Language. Cambridge: Cambridge University Press, 20104. (***)
Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…) Alcaraz Varó, Enrique & Mª Antonia Martínez Linares (20042). Diccionario de lingüística moderna (= Ariel Referencia). Barcelona: Ariel. (***) Brown, Keith (ed.) (2006). Encyclopedia of Language and Linguistics; 14 vols. Amsterdam & Boston, MA: Elsevier. (*) Crystal, David (2000). Diccionario de lingüística y fonética (= Universidad Textos). Barcelona: Octaedro. [Orix. en inglés: A Dictionary of Linguistics and Phonetics. Oxford: Blackwell, 19974. Hai unha nova edición revisada en inglés: 20086.] (***) Crystal, David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus. [Orixinal en inglés: 1987.] (***) Crystal, David (20103). The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press. (***) Moreno Cabrera, Juan Carlos (1998). Diccionario de lingüística neológico y multilingüe. Madrid: Síntesis. Moreno Cabrera, Juan Carlos (2003). El universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas (= Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica; 23). Madrid: Castalia. Trask, R. L. (1997). A Student’s Dictionary of Language and Linguistics. London: Arnold. (*) |
Bibliografía complementaria
|
|
Outros manuais e obras introdutorias Alonso-Cortés, Ángel (2002). Lingüística. Madrid: Cátedra. Alvar, Manuel (ed.) (2001). Introducción a la lingüística española. Barcelona: Ariel. Bernárdez, Enrique (2008). El lenguaje como cultura. Una crítica del discurso sobre el lenguaje. Madrid: Alianza Editorial. Fischer, Steven Roger (2003). Breve historia del lenguaje (= Humanidades; 4750). Madrid: Alianza [orix. inglés: 1999.] Fromkin, Victoria & Robert Rodman (1993 [1988]). Introdução à Linguagem. Coimbra: Livraria Almadina. Hudson, Grover (2000). Essential Introductory Linguistics. Oxford: Blackwell. Isac, Daniela & Charles Reiss (2008). I-Language: An Introduction to Linguistics as Cognitive Science (= Oxford Core Linguistics). Oxford: Oxford University Press. López García, Ángel & Beatriz Gallardo Paúls (eds.) (2005). Conocimiento y lenguaje (= Educació. Materials; 80). València: Universitat de València. Mariño, Xurxo (2018). El misterio de la mente simbólica. Cerebro, lenguaje y evolución. Madrid: EMSE EDAPP / El País. Martínez Celdrán, Eugenio (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones. Barcelona: Masson. McCabe, Anne (2011). An Introduction to Linguistics and Language Studies. London: Equinox Publishing. Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza. Moreno Cabrera, Juan Carlos (2017). Claves históricas de la lingüística actual: 20 siglos de reflexiones sobre el lenguaje a través de 20 referencias fundamentales (= Claves de la Lingüística). Madrid: Editorial Síntesis. Moreno Cabrera, Juan Carlos (2018). Origen y evolución de la gramática (= Claves de la Lingüística). Madrid: Editorial Síntesis. Radford, Andrew et alii (2000). Introducción a la lingüística. Madrid: Cambridge University Press, 2000 [orix.: Linguistics: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press, 1999. Hai unha segunda edición en inglés de 2009, traducida ao español en 2016.] Trask, R. L. & Bill Mayblin
(2010). Lingüística: una guía gráfica (= Para todos; 14). Buenos Aires & Barcelona:
Paidós. [Orix. ingl.: Introducing Linguistics. Royston, UK: Icon Books
Ltd, 2005.]
Outras obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…) Asher, R. E. & Christopher Moseley (eds.) (20062). Atlas of the World's Languages. London: Routledge. Breton, Roland (2003). Atlas des langues du monde: Une pluralité fragile (= Collection Mini-Atlas). Paris: Éditons Autrement. Bright, William (ed.) (1992). International Encyclopedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press. Cardona, Giorgio Raimondo (1991 [1988]). Diccionario de lingüística. Barcelona: Ariel. Comrie, Bernard, Stephen Matthews & Maria Polinsky (eds.) (2010). The Atlas of Languages: The Origin and Development of Languages Throughout the World
(= Facts on File Library of Language and Literature Series). London:
Quarto Publishing. [Hai versión en portugués da edición de 1996 en
inglés: O Atlas das Línguas: A Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial Estampa, 2001.] Ducrot, O. & T. Todorov (1998). Nuevo diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Pamplona: Arrecife. Garry, Jane & Carl Rubino (eds.) (2001). Facts About the World's Languages: An Encyclopedia of the World’s Major Languages, Past and Present. New York & Dublin: New England Publishing. Junyent, Carme & Cristina Muncunill (2010). El libro de las lenguas (= Colección bolsillo). Barcelona: Octaedro. Lázaro Carreter, Fernando (1953). Diccionario de términos filológicos. Madrid: Gredos. Price, Glanville (ed.) (2001). Enciclopedia de las lenguas de Europa. Madrid: Gredos [orix. inglés: 1998.] Richards, Jack C., John Platt & Heidi Platt (1997). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel. [Orix. en inglés: 19922.] Störig, Hans Joachim (19902). A aventura das lïnguas: Uma viagem através da História dos idiomas do mundo. São Paulo: Melhoramentos [orix. alemán: 1987.] Tusón, Jesús (ed.) (2000). Diccionari de lingüística. Barcelona: Biblograf. Xavier, M. F. & M. H. Mateus (eds.) (1992). Dicionário de termos lingüísticos. Lisboa: Cosmos. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndaselle ao estudantado que lea atentamente esta guía docente.
Nela atopará resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a
concepción, organización e obxectivos do curso; pode acudir ao
profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Particulamente,
debe prestar especial atención ao seguinte: 1. Realice puntualmente as lecturas e actividades encomendadas; estas deben entregarse no día fixado. 2. O
plaxio total ou parcial de actividades é inadmisible. Pode conlevar a
perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o
suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e
ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta
bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.
Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos elaborados
por outros alumnos. 3. Nas exposicións escritas, deben coidarse a corrección ortográfica, o estilo e a adecuación expositiva. De non ser así, reflectirase
negativamente nas cualificacións. |
|