Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Seguir con facilidade unha conversa sobre asuntos cotiáns ou de carácter xeral, participar espontáneamente e ser capaces de relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade. |
A6
|
B4
|
C2
|
Entender as ideas principais dun discurso extenso oral ou escrito, seguir liñas argumentais complexas e identificar as conclusións sempre que o tema sexa relativamente coñecido.
|
A6
|
B4
|
C2
|
Comprender casi todas as noticias da televisión, programas sobre temas actuales ou películas sempre que se fale un nivel de lingua estándar. |
A6
|
B3 B4
|
C2
|
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situación cotiáns explicando e defendendo puntos de vista. |
A6 A15
|
B1 B3
|
C2
|
Expoñer un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados ou outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden. |
A6 A15
|
B3 B5
|
C2
|
Escribir textos ben enlazados e gramaticalmente correctos sobre temas diversos, transmitindo información ou propoñendo motivos que apoien ou refuten un punto de vista concreto. |
A6 A9 A15
|
B3 B4 B5 B6
|
C3
|
Redactar o curriculum vitae, cartas solicitando traballo ou informes sinxelos con corrección.
|
A6 A9 A15
|
B3 B4 B6
|
C2
|
Amosar creatividade e imaxinación nos traballos elaborados en lingua inglesa. |
A6
|
B3
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Gramática |
1.1. O futuro
1.2. Cláusulas de relativo
1.3. Estilo indirecto
1.4. Verbos modais
1.5. Oracións condicionais
1.6. Frases idiomáticas
|
2. Vocabulario |
2.1. Traballo e finanzas
2.2. Saúde e estado de forma
2.3. Ciencia e tecnoloxía
2.4. Medios de comunicación
2.5. Arte e entretemento
2.6. Lei e criminalidade
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A9 B4 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A6 A15 B3 |
10 |
15 |
25 |
Seminario |
B1 B5 B6 C3 |
13 |
15 |
28 |
Discusión dirixida |
B4 B5 C2 |
7 |
3 |
10 |
Traballos tutelados |
B1 |
0 |
15 |
15 |
Proba oral |
A6 A9 A15 B4 B5 C2 |
0 |
6 |
6 |
Portafolios do alumno |
A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 |
2 |
18 |
20 |
Lecturas |
A6 |
0 |
10 |
10 |
Proba mixta |
A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 |
3 |
15 |
18 |
Aprendizaxe colaborativa |
B3 B4 B6 |
0 |
15 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Primeira toma de contacto coa lingua inglesa en xeral e coa materia en particular, en que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
|
Seminario |
Aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso. |
Discusión dirixida |
Actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados pola profesora lectora, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela. |
Traballos tutelados |
O alumnado deberá realizar un traballo en grupo ("project") sobre un tema que se especificará ao inicio do curso. Con este traballo preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da profesora así como a aprendizaxe colaborativa. |
Proba oral |
Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista coas profesoras individualmente ou por parellas. O alumnado terá tamén que ler un texto en voz alta e tal vez improvisar situacións suxeridas polas profesoras, que poderán usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba. |
Portafolios do alumno |
O portafolio consistirá na recompilación das diferentes tarefas de redacción encomendadas polo profesorado durante o cuadrimestre. |
Lecturas |
Todo o material que o estudantado terá que ler fóra da aula para a realización dalgúns exercicios de comprensión lectora así como todas as lecturas que poidan facer en inglés para outras materias. Tamén se considerarán "lecturas" a lectura de xornais, revistas, foros de internet, etc. en lingua inglesa, actividade que recomendaremos encarecidamente.
|
Proba mixta |
Proba práctica con exercicios variados de uso da lingua, algúns de resposta breve outros de elección múltiple, outros de ordenación ou de maior elaboración. Ás veces pedirase xustificación das respostas.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo presencial e non presencial a través de TICs en pequenos grupos co fin de compartir información e habilidades e optimizar os resultados de aprendizaxe de todos os membros do grupo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
Para a realización do traballo tutelado é importante que o estudantado informe ao profesorado dos avances que vai facendo ao longo do cuatrimestre. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
B1 B5 B6 C3 |
Nesta materia chámanse seminarios ás aulas de docencia interactiva nas que se traballa en grupos reducidos. A asistencia e participación activa nestas aulas suporá un 5% da nota final. |
5 |
Traballos tutelados |
B1 |
O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. |
10 |
Proba mixta |
A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 |
No exame oficial de maio-xuño todo o alumnado deberá realizar unha proba mixta coas seguintes partes: gramática e vocabulario; comprensión lectora; comprensión auditiva. |
50 |
Proba oral |
A6 A9 A15 B4 B5 C2 |
O alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre na que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Se ao longo do cuadrimestre un alumno ou alumna acada máis dun 5 sobre 10 na avaliación continua das suás competencias de expresión oral, non terá que facer a proba final.
|
15 |
Portafolios do alumno |
A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 |
No portafolios avaliaremos as tarefas de produción escrita realizadas ao longo do curso. |
20 |
|
Observacións avaliación |
IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do exame final, da proba oral e das tarefas de producción escrita non poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automáticamente coa calificación de 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. O alumnado que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso. OPORTUNIDADE de XULLO: A distribución de porcentaxes será a seguinte: exame (50%), tarefa(s) de redacción (20%), traballo tutelado (10%), entrevista oral individual co profesorado (20%). Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carter, R. et al (2011). English Grammar Today. CUP
Thomas B., et al. (2015). Grammar and Vocabulary for First. . CUP
Woolard, G (2004). Key Words for Fluency. Thomson ELT
Swan, Michael (1996). Practical English Usage.. OUP
Simon, P. (2016). The Grammaring Guide to Eglish Grammar . My E-Book Publishing House |
Recommended Websites for autonomous learning:
– http://dictionary.cambridge.org/grammar/british-grammar/ (based on English Grammar Today) –
http://www.grammaring.com/the-grammaring-guide-to-english-grammar (based
on The Grammaring Guide to English Grammar) – https://www.engvid.com/ (free English video lessons on grammar, vocabulary, speaking and pronunciation, listening and writing) – https://www.ted.com/topics |
Bibliografía complementaria
|
|
. Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin. ·
Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Prepositions. London: Penguin. ·
Beaumont, D. & C. Granger. 1991. Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann. ·
Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Listening 3. Cambridge: C.U.P. ·
Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3. Cambridge: C.U.P. ·
Greenall, S. & D. Pye. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Reading 3. Cambridge: C.U.P. ·
Greenall, S. & M. Swan. 1986. Effective Reading.
London: Cambridge:
C.U.P ·
Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|