Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise lingüistica textual. |
A1 A2 A4
|
|
|
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A3 A4 A9
|
|
|
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega. |
A9 A21
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica, avaliando criticamente o estilo dun texto e formulando alternativas e correccións. |
A10 A15
|
|
|
Dominar a gramática da lingua galega. |
A25
|
|
|
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. |
|
B1
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
|
B1 B3
|
|
Adquirir capacidade de autoformación. |
|
B3 B4
|
|
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
|
B4 B5
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
|
B5 B6
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
|
B6 B7
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
|
B7
|
C3
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
B2
|
C3 C6
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Lingua e comunicación |
1.1. A comunicación oral
1.2.Caracterización da linguaxe humana
1.3. A produción da fala: o aparello fonador |
2. Fonética e Fonoloxía |
2.1. Definición e relacións; o son e o fonema
2.2. As vogais e as consoantes
2.3. A ortografía: letras e dígrafos |
3. Descrición do sistema fonético-fonolóxico da lingua galega |
3.1. O sistema vocálico
3.2. O sistema consonántico
3.3. Rendibilidade expresiva: a fonoestilística |
4. Trazos prosódicos da lingua galega |
4.1. A cadea falada. Fonética sintáctica
4.2. A sílaba
4.3. O acento e a entoación
4.4. Dicción e locución |
5. Aspectos pragmáticos da comunicación |
5.1. A comunicación oral e as súas modalidades
5.2. A comunicación espontánea. A análise da conversación
5.3. A comunicación oral formal |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A4 A25 B4 B5 B7 C6 |
20 |
30 |
50 |
Obradoiro |
A1 A2 A4 A9 A10 A15 A21 B1 B3 B4 B6 B7 |
15 |
30 |
45 |
Lecturas |
A2 A4 A9 A21 B1 B2 B3 B6 B7 C6 |
1 |
30 |
31 |
Traballos tutelados |
A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 |
1 |
10 |
11 |
Presentación oral |
A4 A9 A15 A21 B2 B4 B6 C3 C6 |
1 |
6 |
7 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A9 A10 A15 A21 A25 B7 |
1 |
4 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos de tipoloxía variada, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as discusións dirixidas, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualemente, fornecidas polo profesor. Delas derivaranse resumos e recensións orais por parrte do alumnado nas aulas e ocasionalmente tamén por escrito. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo tutelado relacionado coa oralidade, en que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. O título concreto e o seu desenvolvemento deberán ser acordados co profesor. Deste traballo derivará unha presentación oral. |
Presentación oral |
Cada alumno ou alumna realizará unha presentación oral do "Traballo tutelado" e outras exposicións orais relacionadas co "Obradoiro". |
Proba mixta |
Trátase dunha proba escrita que recollerá actividades en que se avalíen os contidos do curso (actividades de carácter ensaístico, transcrición fonético-fonolóxica, comentario fonético de textos etc.). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A1 A2 A4 A9 A10 A15 A21 B1 B3 B4 B6 B7 |
Avaliarase a realización correcta das actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, transcrición fonético-fonolóxica etc.). |
10 |
Traballos tutelados |
A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 |
Valorarase fundamentalmente a aprendizaxe autónoma, o grao de consecución das destrezas propias da materia, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). |
20 |
Presentación oral |
A4 A9 A15 A21 B2 B4 B6 C3 C6 |
Serán valorados a calidade lingüística, os recursos e as estratexias expositivas empregadas, a coherencia e a cohesión do discurso, a clareza da exposición etc. |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A9 A10 A15 A21 A25 B7 |
Valoraranse os contidos, a clareza e o rigor expositivo, ben como a calidade lingüística das respostas. |
40 |
Lecturas |
A2 A4 A9 A21 B1 B2 B3 B6 B7 C6 |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor; será avaliada a través dos correspondentes resumos e recensións na aula e tamén mediante unha pregunta na proba mixta. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva e a calidade lingüística. |
10 |
|
Observacións avaliación |
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente,
todas as
actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de
reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo
o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado
pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). 3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica. 4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 4 valores, absorvendo así o "Obradoiro", que desaparece como elemento de avaliación. Antes da data oficial do exame ten de ser entregue o "Traballo tutelado". No caso da "Presentación oral", marcarase un día para a súa realización. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados idénticos principios de avaliación que na oportunidade de xullo. 5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a "Proba mixta"; b) a alumna ou o alumno non entregou nin realizou ningunha das actividades previstas ("Traballo tutelado", "Presentación oral"); c) o alumno ou a alumna non fixo nin a "Proba mixta" nin realizou ningunha das actividades programadas ("Traballo tutelado" e "Presentación oral").
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Catford, J. C. (1994). A Practical Introduction to Phonetics. Oxford. Clarendon
Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo. Xerais
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Regueira Fernández, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda 2 (http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php?art=art2_n2.html)
Barroso, H. (1999). Forma e Substãncia da Expressão em Língua Portuguesa. Coimbra. Almedina
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía. Vigo. A Nosa Terra
López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011). Gramática da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega I. Fonética e Morfonsintaxe. Santiago: Laiovento
Martínez Celdrán, E. (2002). Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Regueira Fernández, X. L. (2012). Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega
Studer, Jürg (2000). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer . Madrid: El Drac
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo. Xerais
Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega |
Lecturas obrigatorias Álvarez Blanco, R. (1988) Bagno, M. (2001), pp. 95-126 Barroso, H. (1999): pp. 43-63 Fernández Rei, F. (2001): pp. 39-53 e 189-214 Freixeiro Mato, X. R. (2006): pp. 142-159 Regueira, X. L. (2013): "Estándar oral..." Studer, J. (2000): pp. 125-139 |
Bibliografía complementaria
|
Bagno, M. (2001). A língua de Eulália. Novela sociolingüística. São Paulo. Contexto
Fernández Rei, F. / Hermida Gulías, C. (2004). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Álvarez Blanco, R. (1988). Consideracións sobre a metafonía nominal galega, en Homengem a Joseph Piel per ocasião do seu 85º aniversário. Tübingen. Instituto da Cultura e Língua Portuguesa e Consello da Cultura Galega
Regueira Fernández, X. L. (2011). Dicionario de pronuncia da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega
Regueira Fernández, X. L. (1999). Estándar oral e variación social da lingua galega, en Cincuidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela
Veiga Arias, A. (1976). Fonología gallega. Valencia. Bello
Morales, C. J. (2001). Guía para hablar en público . Madrid: Alianza
Sánchez Rei, X. M. (ed.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
Regueira Fernández, X. L. (1994). Modelos fonéticos e autenticidade lingüística. Cadernos de Lingua 10. 37-60 |
Obras para facer a recensión (unha por persoa):
Bagno, M. (2001)
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006)
Morales, C. J. (2001)
Regueira, X. L. (2012) Sánchez Rei, X. M. (ed.) (2014)
Studer, J. (2000) |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Galega 1/613G02002 | Lingua Galega 2/613G02014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|