Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Aplicar a análise e o comentario críticos a textos e discursos literarios e non literarios, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A2 A11
|
B1 B7
|
|
Identificar os problemas e temas de investigación do ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A14 A15 A16 A17 A18
|
B3 B6
|
|
Aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18
|
B1 B3 B6 B7
|
C1 C8
|
Interiorizar e aplicar un coñecemento avanzado da literatura galega e portuguesa. |
A1 A17 A18
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
A1 A2 A14 A15 A16 A17 A18
|
B1 B3
|
C1 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galego-portuguesa medieval. |
1.1 Nocións preliminares: definición, delimitación e contextualización.
1.2 Ámbitos, cronoloxía e periodización. |
2. A poesía profana. |
2.1 A cantiga de amor e a cantiga de amigo.
2.2 As cantigas satíricas e outros xéneros. |
3. A poesía relixiosa: as Cantigas de Santa María. |
3.1 Autoría, transmisión manuscrita e fontes.
3.2 Estrutura e clasificación tipológica. |
4. A prosa galego-portuguesa medieval. |
4.1 As materias narrativas: a Materia de Bretaña e a Materia de Roma.
4.2 A historiografía: Fernão Lopes.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A17 A18 |
20 |
30 |
50 |
Obradoiro |
A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B6 C8 |
22 |
33 |
55 |
Lecturas |
A2 A7 B6 B7 C1 C6 |
1 |
30 |
31 |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 |
2 |
11 |
13 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, entre outras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC ou o estudo de casos. |
Lecturas |
No Paso 8 desta Guia, atópase a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso. |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Obradoiro |
|
Descrición |
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a orientación e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada unha das actividades ao longo do curso e segundo a planificación da materia.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A2 A7 B6 B7 C1 C6 |
Terán de realizarse as leituras obrigatórias por parte do alumnado, sendo avaliadas ao longo do desenvolvimento das aulas.
O control destas lecturas será realizado por medio de recensións "ad hoc" e/ou en sesións específicas na sala de aulas, avaliando a capacidade de comprensión e a síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia. |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesorado. |
50 |
Obradoiro |
A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B6 C8 |
Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade tipolóxica. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá
obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos
avaliables/instrumentos de avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo
fixado. O alumnado que se vaia presentar á convocatoria adiantada de decembro, con matrícula parcial, semipresencial, dispensa académica ou calquera outra particularidade especial deberá pórse en contacto co profesorado ao comezo do curso a través do correo
electrónico e/ou utilizar o horarío de titorías fixado polo centro. Na segunda oportunidade haberá que superar as mesmas probas que na primeira.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades
contempladas inferior ao 50%.
______________ Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo /a
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). _______________ Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado en Moodle).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Brea, M. / Lorenzo, P. (1998). A cantiga de amigo. Vigo: Xerais
Beltrán, V. (1995). A cantiga de amor. Vigo: Xerais
Gutiérrez, S. / Lorenzo, P. (2001). A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago
Polín, R. (1994). A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela: Servicio de publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiag
Tavani, G. (1990). A Poesia Lírica Galego-Portuguesa. Lisboa: Comunicação
Lanciani, G. / Tavani, G. (1995). As cantigas de escarnio. Vigo: Xerais
Fidalgo, E. (2002). As Cantigas de Santa María. Vigo: Xerais
Projeto Littera (). Cantigas Medievais Galego-Portuguesas http://cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp.
Lanciani, G. / Tavani, G. (orgs.) (1993). Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Lisboa: Caminho
Brea, M. (coord.) (2000). Galicia. Literatura. A Idade Media. XXX.. A Coruña: Hércules de Ediciones
Dias, A. F. (1998). História Crítica da Literatura Portuguesa. Idade Média. Lisboa / São Paulo: Verbo
Pena, X. R. (2002). Historia da Literatura Medieval Galego-Portuguesa.. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Lapa, M. Rodrigues (1981). Lições de Literatura Portuguesa. Época Medieval.. Coimbra: Coimbra Editora
Buescu, Mª L. Carvalhão (1990). Literatura portuguesa medieval. Lisboa: Universidade Aberta
Oliveira, A. Resende de (2001). O Trovador Galego-Português e o seu Mundo. Lisboa: Notícias
Oliveira, A. Resende de (1995). Trobadores e Xograres (Contexto Histórico). Vigo: Xerais |
Obras de
lectura obrigatoria: - Arias Freixedo, X. B. (2003): Antoloxía
da lírica galego-portuguesa (Vigo: Xerais). - Ferreiro, M. / Martínez
Pereiro, C. P. (1996): Cantigas de Santa María. Afonso X (Antoloxía) (Vigo:
A Nosa Terra / AS-PG). - Freixeiro Mato, X. R. (1996): Prosa
literaria medieval (Antoloxía) (Vigo: A Nosa Terra / AS-PG). |
Bibliografía complementaria
|
Marques, A. H. Oliveira (1981). A Sociedade Medieval Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa
Martins, M. (1980). Estudos de Cultura Medieval. Lisboa: Brotéria |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
NOTA BENE –Todas as cuestións non contempladas
explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co
desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de
atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no
lugar correspondente. |
|