Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A3 A4 A10 A11 A15
|
B3 B7
|
C1 C6
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma |
A1 A7 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B5 B8 B9 B10
|
C1
|
Aplicar as técnicas de análise cultural, considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
|
A1 A2 A4 A10 A11 A14 A15 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9
|
C1
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués |
A4 A7 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B2 B5 B8 B10
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galega no século XIX. |
Caracterización xeral.
Periodización.
Cuestións metodolóxicas. |
2. O Prerrexurdimento. Prosa, poesía, teatro. |
Caracterización xeral. A poesía. O teatro.
A Gaita Gallega: singularidade xenérica, reivindicación e iniciación lingüística e denuncia social.
|
3. O Rexurdimento. Caracterización xeral. |
Reivindicación lingüística, renacemento cultural e construción da identidade nacional.
A cultura e a literatura popular.
A recuperación da historia propia.
A situación social da lingua. A procura dun modelo de lingua literaria.
Os Xogos Florais da Coruña.
Produción e difusión cultural: a prensa.
|
4. O Rexurdimento. Xéneros e autores. |
A poesía como xénero predominante.
Rosalía de Castro.
Manuel Curros Enríquez.
Eduardo Pondal.
A narrativa.
O teatro.
|
5. O rexionalismo e a transición ao século XX. |
Elementos definidores. As iniciativas editoriais: prensa e coleccións editoriais.
A consolidación institucional do rexionalismo no século XX: a fundación da Academia Galega.
Prosa e narrativa.
O teatro. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A2 A4 A11 A14 A15 B1 B4 C1 |
6 |
6 |
12 |
Lecturas |
A1 A2 A4 A7 A17 B3 B6 B7 C6 |
1 |
20 |
21 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A7 A14 A17 A19 A23 A27 B1 B5 B7 B10 C1 C6 |
21 |
25 |
46 |
Presentación oral |
A1 A2 A4 A11 A15 B3 B4 B5 B7 C1 |
1 |
0 |
1 |
Proba mixta |
A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
2 |
20 |
22 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 A19 B3 B5 B8 |
0 |
2 |
2 |
Traballos tutelados |
A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 |
1 |
20 |
21 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 |
10 |
12 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Requerirá unha preparación previa que os e as estudantes deberán realizar, de acordo coas indicacións que recibirán. |
Lecturas |
Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da información.
Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co apoio de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Terá como obxecto, principalmente, proporcionar unha visión panorámica dos temas que serán logo desenvolvidos en sesións complementares posteriores en grupos de menor tamaño. |
Presentación oral |
Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia a algún dos eventos científicos e divulgativos indicados pola profesora. |
Traballos tutelados |
Realización dun traballo tutorizado pola profesora segundo as indicacións que se proporcionarán no inicio do cuadrimestre. |
Análise de fontes documentais |
Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Proba mixta |
Sesión maxistral |
Lecturas |
Análise de fontes documentais |
Discusión dirixida |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A profesora orientará aos e ás estudantes na selección do tema do traballo, da metodoloxía e das fontes de información precisas e máis axeitadas para a súa elaboración.
A orientación farase de forma individualizada, persoalmente, e tamén se facilitarán indicacións escritas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
Realización dunha proba escrita relativa aos contidos e ás lecturas da materia. |
40 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 |
Realización das lecturas indicadas pola profesora (textos críticos, historiográficos, xornalísticos, literarios etc.) e o seu comentario e análise nas aulas.
A profesora poderá asignar lecturas específicas a cada estudante para a súa presentación nas aulas. |
20 |
Traballos tutelados |
A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 |
Realización dun traballo titorizado sobre o asunto que se definirá conxuntamente coa profesora ao inicio do período lectivo. O traballo será entregado por escrito e poderá ser obxecto de presentación oral nas aulas. |
30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 A19 B3 B5 B8 |
Asistencia a eventos científicos e/ou divulgativos indicados pola profesora. A avaliación farase tendo en conta a ficha que deberá cubrir o alumnado. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o/a estudante deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación segundo os criterios que serán publicados na plataforma Moodle no inicio do curso. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos prazos estabelecidos nas aulas. 1. OPORTUNIDADE DE XULLO Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 2. NON PRESENTADO Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba mixta. 3. DISPENSA ACADÉMICA Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación: 1. Proba mixta (50%). 2. Traballo titorizado (40%). Para concretar as características do traballo titorizado, o estudante deberá pórse en contacto coa profesora antes do día 28 de febreiro. 3. Eventos (10%).
4. ALUMNADO REPETIDOR E ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas e o alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, a profesora confirmará se o seu sistema de avaliación será o do alumnado con dispensa académica. 5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral que versará sobre as lecturas propias da materia (50% da cualificación).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995-2000). Diccionario da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia
VV. AA. (1996). Historia da Literatura Galega (vols. 1 e 2). Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia
Pena, Xosé Ramón (2014). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento . Vigo: Xerais
Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, Francisco (1990). Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación. Vilaboa: Edicións do Cumio |
Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es Cronoloxía da literatura galega (1801-1900): http://croliga.udc.es Galiciana. Biblioteca de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega: http://academia.gal/hemeroteca-virtual Monografías do século XIX (Real Academia Galega): http://academia.gal/biblioteca-virtual-monografias#inicio.do?current_page=7 As referencias anteriores son de materiais e de obras de consulta de carácter xeral. Na aula proporcionarase bibliografía específica para cada tema. Obras de lectura: A casamenteira de Antonio B. Fandiño. Selección de textos d'A gaita gallega de J. M. Pintos. "Conto gallego" de Rosalía de Castro. Follas novas de Rosalía de Castro. O divino sainete de Manuel Curros Enríquez. Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal. O catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal. O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro. Esta selección completarase con outras lecturas indicadas pola profesora. |
Bibliografía complementaria
|
|
Beramendi, Justo, De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Xerais, Vigo, 2007. Davies, Catherine, Rosalía de Castro no seu tempo, Galaxia, Vigo, 1987. Forcadela, Manuel, A poesía de Eduardo Pondal, O Cumio, Vigo, 1995. Freire Lestón, Xosé V., A actividade editorial en Galicia (1850–1936). Apuntamentos para unha historia do libro galego, O Cumio, Vigo, 1997. Hermida, C., Os precursores da normalización, Xerais, Vigo, 1992. Pociña, Andrés e López, Aurora, Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, Laiovento, Santiago de Compostela, 2000. Rodríguez, Francisco, Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, AS-PG, A Coruña, 2011. Esta selección completarase con bibliografía específica que a profesora proporcionará na aula. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Literatura Galega Contemporánea 2/613G02036 |
|
Observacións |
Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.gal. |
|