Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A1 A2 A15
|
B7
|
C1
|
Saber analizar e comentar textos literarios e non literarios dos ámbitos galego e portugués aplicando as técnicas de análise textual. |
A1 A2 A14 A15
|
B7
|
C1 C6
|
Elaborar textos escritos de diversa tipoloxía (traballos tutelados, fichas de lectura, críticas etc.). |
A2 A9 A11 A15
|
B1 B6 B7
|
C1 C6
|
Saber analizar, avaliar e sintetizar criticamente información especializada relativa á edición e comentario de textos galegos e portugueses. |
A11 A14
|
B1 B3 B7
|
C6
|
Coñecer a edición de textos e a crítica textual. |
A16
|
B3 B8
|
C6
|
Coñecer a evolución histórica das linguas galega e portuguesa. |
A27 A28
|
B3 B8
|
C6
|
Coñecer e utilizar os principais recursos web e bibliográficos, así como as bases de datos necesarios para a edición e comentario de textos galegos e portugueses. |
A11
|
B1 B3
|
C6
|
Relacionar os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras disciplinas afíns.
|
A11 A14 A15
|
B3 B5
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Ecdótica, crítica textual, textoloxía |
1.1. Conceptos xerais: teoría e método
1.2. Introdución á edición crítica
|
2. A Ecdótica e a Crítica Textual no ámbito galego-portugués |
2.1. O período medieval
2.2. A literatura galega
2.3. A literatura portuguesa
|
3. O comentario de textos |
3.1. Textos literarios
3.2. Textos non literarios
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A16 A27 A28 |
15 |
22.5 |
37.5 |
Obradoiro |
A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B7 C1 C6 |
14 |
28 |
42 |
Lecturas |
A11 B3 B6 B7 B8 |
1 |
12 |
13 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
1 |
12 |
13 |
Proba mixta |
A1 A2 A9 A11 A14 A15 A16 A27 A28 B7 C1 |
1 |
5 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que o profesorado explica os contidos teóricos e procedementais fundamentais para que o alumnado poda atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a realización de prácticas ecdóticas e de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC e estudos de casos.
|
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado.
No paso 8 desta Guía, atópase a referencia da obra de lectura obrigada. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escollido entre unha serie de propostas presentadas no inicio de curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes de diverso tipo. |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico, de edición e comentario etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O profesorado orientará aos e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria, especialmente para a realización do traballo tutelado. Cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento.
A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións escritas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A11 B3 B6 B7 B8 |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. Eventualmente poderán ser solicitados breves resumos ou fichas de lectura. |
15 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. |
25 |
Obradoiro |
A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B7 C1 C6 |
Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (edición de textos, comentarios etc.). |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A9 A11 A14 A15 A16 A27 A28 B7 C1 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con edición e comentario de textos. Serán valoradas cuestións como o rigor expositivo e a calidade expresiva.
|
40 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes
elementos avaliables.
O alumnado terá de entregar os traballos e actividades
solicitados no prazo fixado. Todas as actividades ou
probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento
"Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección
de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4). As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto co profesorado para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes aos da dispensa académica. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%. As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos solicitados polo profesorado (ficha da obra de lectura obrigada [15%] e traballo tutelado [35%]) e superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Brea, Mercedes & Lorenzo Gradín, Pilar (1996-). Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa [MedDB 3] <www.cirp.gal>. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Lopes, Graça Videira & Ferreira, Manuel Pedro et al. (2011-). Cantigas Medievais Galego Portuguesas [base de dados online] <www.cantigas.fcsh.unl.pt>. Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA
AA.VV. (1986). Comentário de Textos Literários. Madrid: Alhena
Crespillo, Manuel (ed.) (1997). Comentario lingüístico de textos. Málaga: Universidad de Málaga
AA.VV. (1986). Critique Textuelle Portugaise. Actes du Colloque (Paris, 20-24 octobre 1981). Paris: Fondation Calouste Gulbenkian
Marchese, Angelo & Forradellas, Joaquín (2000). Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Barcelona: Ariel
Marcos Marín, Francisco (1978). El comentario lingüístico (Metodología y práctica). Madrid: Cátedra
Spaggiari, Barbara & Perugi, Maurizio (2004). Fundamentos da Crítica Textual. História. Metodologia. Exercícios. Rio de Janeiro: Lucerna
Azevedo Filho, Leodegário de (1987). Iniciação em crítica textual. Rio de Janeiro: Presença
Martínez-Gil, Víctor (coord.) (2001). L’edició de textos: història i mètode. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya
Blecua, Alberto (1983). Manual de crítica textual. Madrid: Cátedra
Reis, Carlos (1978). Técnicas de Análise Textual. Coimbra: Livraria Almedina
Ferreiro, Manuel (dir.) (2018-). Universo Cantigas [Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesas] <www.universocantigas.gal>. A Coruña: UDC |
Obra de lectura obrigada:
Cambraia, César Nardelli (2005). Introdução à crítica textual. São Paulo: Martins Fontes. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|