Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer, analizar e interpretar a situación sociolingüística da lingua galega.
|
A1 A2 A9 A11 A14 A15 A23 A24
|
B5 B7 B8 B9
|
C1 C2 C6
|
Describir e analizar a relación entre lingua e sociedade e tamén interpretar a complexidade dos fenómenos sociolingüísticos. |
A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27
|
B1 B3 B4 B8 B9 B10
|
C1 C4 C8
|
Coñecer e programar obxectivos e medidas de planificación lingüística |
A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A intervención sobre as linguas |
1.1. Os conceptos de política lingüística, normalización e planificación; relación entre eles
1.2. A planificación lingüística: orixe, definición, tipos e fases
1.3. A planficación lingüística na Galiza
|
2. A planificación do status da lingua galega |
2.1. Ámbito institucional
2.2. O papel das organizacións non gobernamentais
2.3. O Plan xeral de normalización da lingua galega |
3. A planificación do corpus da lingua galega |
3.1. Antecedentes decimonónicos
3.2. As propostas normativas no século XX
3.3. O acordo normativo de 2003
|
4. Metodoloxías para a planificación da lingua galega |
4.1. Modelos, procedementos e recursos xerais
4.2. Planos e proxectos de normalización lingüística: elaboración, aplicación e avaliación
4.3. Metodoloxías complementares: implantación e dinamización lingüísticas
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C4 C6 C8 |
12 |
36 |
48 |
Obradoiro |
A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C2 |
3 |
18 |
21 |
Presentación oral |
A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 |
1.5 |
6 |
7.5 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 |
2 |
12 |
14 |
Lecturas |
A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 |
3 |
18 |
21 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesorado presentará e desenvolverá os contidos que integran o temario. Estas sesións servirán como base para o desenvolvemento das outras metodoloxías e estarán orientadas á consecución dos resultados de aprendizaxe previstos. |
Obradoiro |
Serán propostas actividades prácticas de diferente tipo que permitan relacionar os contidos presentados nas sesións maxistrais coas outras metodoloxías desenvolvidas na materia. Estas actividades promoverán a reflexión teórica e metodolóxica e o pensamento crítico do alumnado. |
Presentación oral |
Cada estudante seleccionará, de acordo co profesorado, unha acción de planificación lingüística relacionada cos ámbitos e sectores a que fan referencia os temas 2 e 3, que explicará e analizará criticamente nunha das sesións presenciais. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deseñará unha proposta de planificación para a lingua galega, cuxo obxecto e orientación metodolóxica serán acordados previamente co profesorado en sesións de seguimento. O resultado será presentado e debatido nunha sesión conxunta final. |
Lecturas |
O profesorado proporá a realización de lecturas obrigatorias e complementares ao longo do curso. Os seus contidos serán desenvolvidos e analizados criticamente a través de actividades prácticas de diferente tipo, como exercicios, comentarios e debates. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Sesión maxistral |
Lecturas |
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Alén do labor de titorización no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente ao apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á entrega do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 |
As lecturas farán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán de ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. O profesorado estabelecerá lecturas obrigatorias para cada tema e poderá exixir a elaboración de comentarios de análise crítica sobre elas. |
25 |
Presentación oral |
A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 |
O/a estudante terá de explicar e analizar criticamente unha acción de planificación lingüística desenvolvida nos ámbitos e sectores a que fan referencia os temas 2 e 3 dos contidos. |
25 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 |
Cada estudante terá de desenvolver unha proposta de planificación lingüística, cuxo obxecto e orientación metodolóxica requirirá o visto e prace do profesorado en sesións de seguimento. Os traballos serán presentados e debatidos nunha sesión conxunta final. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación global igual ou superior a 5 valores sobre 10, e deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10 no traballo tutelado. Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non entregaren o traballo tutelado e/ou non fixeren a presentación oral. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema da primeira oportunidade. De ser o caso, só deberá entregar aquelas actividades e traballos non realizados na primeira oportunidade ou que non atinxiron unha cualificación do 40% da nota máxima prevista para cada actividade ou traballo. O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado de acordo co mesmo sistema de avaliación que se aplica ao alumnado con matrícula ordinaria. As datas de entrega de traballos e realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente. Na convocatoria adiantada de decembro aplicarase o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade. O/a estudante deberá contactar o profesor antes de acabar o mes de novembro. As datas de entrega de traballos e realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente. Tanto a presentación oral como o resultado das lecturas e o propio traballo tutelado deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Muljacic, Z. (1995). "A estandardización do galego á luz de procesos análogos noutras linguas minorizadas", en Monteagudo, H. (ed.) (1995), 19-25. Vigo: Galaxia
Núñez Singala, M. (2001). "Algunhas reflexións verbo da elaboración de plans de política lingüística". Cadernos da lingua, 23: 35-52
Calvet, L.-J. (1998). "As políticas lingüísticas, a liberdade dos falantes e o poder dos planificadores", en Aula Castelao de Folosofía (ed.), Filosofía e lingua. A loita polas palabras, 55-66. Santiago de Compostela: Laiovento.
Lorenzo Suárez, A. M. (2005). "Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego". Cadernos de Lingua 27. 37-59
Lamuela, X., & Monteagudo, H. (1996). "Planificación lingüística", en Fernández Pérez, M. (ed.), Avances en lingüística aplicada, 229-301. Santiago de Compostela: Universidade.
Falcón, X. (2000). "Planificación lingüística", en Ramallo, F., Rei-Doval, G., & Rodríguez Yáñez, X. P. (eds.), Manual de ciencias da linguaxe, 409-442.. Vigo: Xerais
Boix, X. & Vila, F. X. (1998). "Polítiques i planificació lingüística", en Sociolingüística de la llengua catalana, 271-340. Barcelona: Ariel
Monteagudo, H. (1997). "Quince anos de política lingüística en Galicia (1981-96). Notas para un balance". Grial 136, 527-548
Calvet, L.-J. (1998). A (socio)lingüística. Santiago de Compostela: Laiovento
Fernández Paz, A., Lorenzo Suárez, A. M., & Ramallo, F. (2008). A planificación lingüística nos centros educativos. [Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Calvet, L.-J. (2007). As políticas lingüísticas. São Paulo: Parábola)
García Negro, M. P. (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Ames, Laiovento
Monteagudo, H. (ed.) (1995). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo. Ames: Laiovento
Cooper, R. (1997). La planificación lingüística y el cambio social. Cambridge: Cambridge University Press
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Sánchez Vidal, P. (2010). O Debate Normativo da Lingua Galega (1980-2000) . A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
García Negro, M. P. (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Vilaboa: Edicións do Cumio.
Alonso Pintos, S. (2006). O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Galanes Santos, I. (1998). Os procesos de implantación lingüística. Dispoñíbel en <http://kit.consellodacultura.gal/materiais-de-cursos-e-xornadas/>
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Vaquero Quintela, I. (2012). Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución. Dispoñíbel en <http://kit.consellodacultura.gal/materiais-de-cursos-e-xornadas/>
Carvalho Calero, R. (1992). Umha voz na Galiza. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Samartim, R. (2005). “Ideia de língua e vento português na Galiza do tardofranquismo: O caso de Galaxia”. Agália 83/84: 9-53 |
|
Bibliografía complementaria
|
Muljacic, Z. (1999). "Estandardización de linguas románicas 'baixo presión': unha proposta tipolóxica", en Fernández Rei, F., & Santamarina, A. (eds.), Estudios de sociolingüística románica, 11-26. Santiago de Compostela: Universidade
Subiela, X. (2002). "Política lingüística", en A normalización lingüística a debate, 131-171. Vigo: Xerais
Rodríguez Sánchez, F. (2016). Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza. Ames: Laiovento
Herrero Valeiro, Mário (2011). Guerra de grafias. Conflito de elites. Compostela: Através Editora
Sanmartín Rei, G. (ed.) (2010). Lingua e futuro. Ames: Laiovento
Mosquera Carregal, X. (ed.) (2010). Lingua e Xénero. VI Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Álvarez, R. / Monteagudo, H. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega
Fagim, Valentim (2015). O galego (im)possível. Ainda mais. Compostela: Através Editora
Bouzada, X., Fernández Paz, A., & Lorenzo, A. (2003). O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000), vol. 2, Educación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
García Negro, M. P. (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela: Laiovento
Martínez Lema, P. & Sanmartín Rei, G. (eds.) (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|