Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria no campo dos estudos latinos medievais |
A1 A29
|
|
|
Saber analizar e comentar textos literarios e non literarios latinos da Idade Media utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A2 A16
|
|
|
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina da Idade Media. |
A11 A13
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información especializados no campo dos estudios latinos medievais. |
|
B1
|
|
Adquirir capacidade de autoformación no campo dos estudos latinos medievais. |
|
B3 B6
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas, particularmente a historia das literaturas medievais vernáculas. |
|
B5
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento, de exercer o pensamento crítico e apreciar a diversidade cultural. |
|
B7 B8
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Cuestións preliminares. |
1.1. Cuestións de concepto: obxetivos e límites da materia.
1.2. Periodización da literatura latina medieval.
1.3. O latín medieval: características básicas.
1.4. Características da producción e difusión literaria medieval.
1.5. Fontes da cultura medieval: a tradición clásica e a tradición cristiana.
|
2. A literatura na Gallaecia tardoantiga |
2.1. Os séculos IV-V: panorama xeral
2.2. Paulo Orosio
2.3. Hidacio de Chaves
|
3. A literatura na Gallaecia do século VI |
3.1. O século VI: panorama xeneral
3.2. Martín de Braga. Estudio particular do De correctione rusticorum
3.3. Pascasio de Dumio. |
4. Os séculos VII-IX |
4.1. Os séculos VII-IX: panorama de autores e obras
4.2. As Etymologiae de Isidoro de Sevilla. A súa difusión e influencia durante a Idade Media
4.3. Fructuoso e Valerio do Bierzo
4.4. As crónicas asturianas
|
5. Séculos XI-XII |
5.1. Panorama xeneral
5.2. A Historia Compostellana
5.3. O Liber Sancti Iacobi
5.4. A Vida de San Rosendo de Celanova
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A2 A16 |
16 |
16 |
32 |
Traballos tutelados |
A11 B6 |
0 |
16.5 |
16.5 |
Lecturas |
B1 B3 B8 |
0 |
30 |
30 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A29 |
0 |
15 |
15 |
Proba mixta |
B5 B7 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A13 |
16 |
0 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Traballos tutelados |
Pequenos traballos que se irán indicando ao longo do curso relativos aos temas de aprendizaxe colaborativa, onde o alumno terá que demostrar a asimilación de conceptos, manexo da bibliografía e/ou aplicación dunha metodoloxía concreta. |
Lecturas |
Lectura dos manuais, artigos e monografías que se indiquen para cada tema, así como dos materiais que se poñan a disposición do alumnos a través da plataforma de teleformación. |
Análise de fontes documentais |
Análise dos textos medievais que se comentarán especialmente nas sesións maxistrais e de aprendizaxe colaborativa. Indicaranse ao longo do curso os textos e as traducións recomendadas. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas sobre contidos do programa. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Os traballos estarán relacionados cos temas destinados á aprendizaxe colaborativa. Consistirán en comentarios de textos, recensións de artigos, aplicacións de métodos de análise ou outras actividades puntuais que se consideren proveitosas para a autoaprendizaxe do alumno. O profesor fará un seguimento destes traballos e atenderá dúbidas sobre os mesmos no horario de titorías ou previa cita co alumno. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A13 |
Asistencia ás aulas. Para obter a puntuación deste apartado é necesario que o alumno asista como mínimo ó 70 % das sesións. |
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
A2 A16 |
Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. |
15 |
Traballos tutelados |
A11 B6 |
Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia e deberá facerse durante a penúltima semana de clase. |
25 |
Proba mixta |
B5 B7 |
Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas coma nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en tradución, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade ca os que teñan sido comentados e estudiados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros finalicen a proba e entreguen o exame. Requerirase unha cualificación mínima de 5 sobre 10 para dar por superada esta proba. |
50 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades e/ou probas non superadas ou non presentadas anteriormente. Os/as estudantes que, por teren dispensa académica, non asistan ás sesións maxistrais e prácticas deberán preparar pola súa conta os traballos e actividades programados para a avaliacion da materia. A cualificación ponderada será: 50% (traballos); 50% (proba final) Os estudantes recibirán a cualificación de Non Presentado en caso de non asistiren ás probas finais das oportunidades de maio e xulio.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Moralejo Álvarez, J.L. (1980). "Literatura hispano latina", en: Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, pp. 15-137. Madrid
(). Bibliotheca Augustana <http://www.fh-augsburg.de/~harsch/a_alpha.html>.
López Díaz, X. (trad.) (2013). Códice Calixtino. O liber Sancti Iacobi en galego. Santiago de Compostela
Amado, T. (). Estudos Clásicos e Bibliografía: http://www.gfc-usc.org/?q=es/node/98.
Dronke, P. (1995). La lírica en la Edad Media. Barcelona
Moralejo Álvarez, J. L. (2002). La poesía latina medieval: apuntes para una clasificación genérica. León
(). Latin Library <http://www.thelatinlibrary.com/>.
Leonardi, C. (ed.) (2002). Letteratura latina medievale (secoli VI-XV). Un manuale. Firenze
Curtius, E. R. (1955). Literatura europea y Edad Media latina. México-Madrid-Buenos Aires
Cavallo, G.-Leonardi, C.-Menestò, E. (eds.) (1993-). Lo spazio letterario del Medioevo. 1. Il Medioevo latino. Roma
Dronke, P. (1968). Medieval Latin and the Rise of European Love-Lyric. Oxford
López Pereira, J.E. (1989). O primeiro espertar cultural de Galicia: cultura e literatura nos séculos IV e V. Saantiago de Compostela
Genicot, L. (dir.) (1972-). Typologie des sources du Moyen Âge occidental. Turnhout
Díaz y Díaz, M. (1985). Visiones del más allá en Galicia durante la Alta Edad Media. Santiago de Compostela |
|
Bibliografía complementaria
|
|
A bibliografía complementaria indicarase con cada tema |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|