Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A2 A3 A4 A10 A11
|
B1 B2 B5 B7
|
C1 C2 C4
|
Coñecer e aplicar diferentes métodos e técnicas de análise á produción literaria e cultural galega do século XX. |
A1 A2 A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 A23
|
B1 B3 B7
|
C1 C4 C6
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma |
A1 A4 A7 A10 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B3 B5 B8 B10
|
C1 C4 C7
|
Aplicar as técnicas de análise cultural, considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 A17
|
B4 B5 B7 B9
|
C1 C7
|
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos da creación literaria. |
A1 A2 A4 A10 A11 A15 A17
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C1 C6 C8
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. |
A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27
|
B1 B3 B4 B5 B8 B10
|
C1 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Introdución xeral á literatura galega do séc. XX
|
1.1.- Caracterización xeral. Periodización
1.2.- Cuestións metodolóxicas |
2.- O segundo renacemento
|
2.1.- As liñas de actuación cultural das Irmandades: ampliación e consolidación do sistema literario
2.2.- Da "Xeración do 16" ao grupo Nós: caracterización e problemas.
2.2.1.- Principais autores. Análise de textos representativos
2.3.- Á procura da renovación temática e formal. As vangardas e a súa influencia.
2.3.1.- Principais autores. Análise de textos representativos
|
3.- A literatura de posguerra e o exilio ás dúas beiras do Atlántico: continuidade e ruptura |
3.1 Guerra civil e posguerra na Galiza.
3.2. A literatura e cultura galegas na emigración e no exilio.
3.2.1. Principais autores. Análise de textos representativos
|
4.- A recuperación literaria no interior a partir de 1950 |
4.1. A reconstrución do sistema literario: axentes editoriais e actividade cultural. Grupos, movementos e autores/as.
4.2.- Continuidade e innovación na literatura da década de 60
4.2.1.-Principais autores/as. Análise de textos representativos
4.3.- Renovación da linguaxe poética, narrativa e teatral na década de 70
4.3.1.- Principais autoras/es. Análise de textos representativos
|
5.- Da década de oitenta á actualidade |
5.1 Diversificación xenérica. Grupos, movementos e autoras/es.
5.2 A irrupción das autoras e a apertura a novos discursos.
5.3. Análise de textos representativos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 |
2 |
20 |
22 |
Lecturas |
A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 |
0 |
15 |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 |
2 |
4 |
6 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 |
2 |
25 |
27 |
Actividades iniciais |
A1 A23 B6 |
1 |
1 |
2 |
Discusión dirixida |
A3 A7 A14 |
6 |
2 |
8 |
Recensión bilbiográfica |
A17 B6 B1 C2 |
2 |
7 |
9 |
Seminario |
A4 A11 B3 C2 C6 |
6 |
12 |
18 |
Presentación oral |
A1 A3 A4 A15 A17 B1 C2 |
6 |
6 |
12 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B2 B5 B7 B9 B10 C4 C6 C7 C8 |
10 |
13 |
23 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas.
|
Lecturas |
O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
|
Proba mixta |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. |
Traballos tutelados |
Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigatoria. O tema e dimensións serán acordados coa profesora na aula, nas horas de atendemento ou a través do correo laura.tato@udc.gal. |
Actividades iniciais |
Presentación e aprendizaxe de uso das plataformas dixitais da literatura galega contemporánea. |
Discusión dirixida |
Comentario colectivo realizado a partir dos textos literarios seleccionados pola profesora e que estarán a disposición do alumnado na plataforma Moodle. |
Recensión bilbiográfica |
Traballo individual realizado na aula sobre unha ou varias obras. |
Seminario |
Traballo en grupo reducido en torno ás obras de lectura e/ou textos seleccionados pola profesora. |
Presentación oral |
Comentario individual realizado na aula sobre un texto ou unha obra de lectura obrigada. |
Sesión maxistral |
Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Análise de fontes documentais |
Proba mixta |
|
Descrición |
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 |
O control das lecturas poderá realizarse mediante a entrega dos resumos ou fichas, mediante exposición oral ou cunha parte específica dentro da proba mixta. |
10 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 |
Os comentarios de textos que o alumnado realice na aula ou na casa poderán ser recollidos e avaliados ao longo do curso ou ben serán incluídos como unha parte específica dentro da proba mixta. |
25 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
|
40 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 |
Traballo individual sobre unha das lecturas obrigatorias. A sua temática debe ser comunicada á profesora e na aula serán dadas as explicacións pertinentes sobre as súas dimensións e o sistema de citación que debe ser empregado. |
25 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.
O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación. SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo.
ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica deberá poñerse en contacto coa profesora (laura.tato@udc.gal) para fixar os traballos que debe presentar, ademais de realizar as lecturas e a proba mixta.
AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta" que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía.
NON PRESENTADO/A
Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue os traballos marcados ou non realice a proba escrita.
OUTRAS PRECISIÓNS Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vilavedra, D. (coord.) (1995-2000). Diccionario da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Tarrío, Anxo (coord.) (). Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV) . A Coruña:Hércules de edicións
Vilavedra, D. (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.)A.VV. (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Comtemporánea. Vigo Xerais
Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da Literatura III. De 1916 a 1936. Vigo: Xerais
Pena, Xosé Ramón (2019). Historia da literatura IV. De 1936 a 1975. A "longa noite". Vigo Xerais
Tato Fontaíña, L. (1999). Historia do Teatro Galego. das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez Sánchez, F. (1990 ). Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación . Vilaboa: Ed. do Cumio
Bernárdez, C. L. et alii (2001). Literatura galega S. XX. Vigo: A Nosa Terra |
OBRAS DE LECTURA OBRIGADA: - Ramón Cabanillas: Da terra asoballada
- Ramón Otero Pedrayo: Arredor de si
- Alfonso R. Castelao: Retrincos
- Manuel Antonio: De catro a catro
- Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
- Álvaro Cunqueiro: Merlín e familia ou As cronicas do Sochantre
- Eduardo Blanco-Amor: Xente ao lonxe
- Xosé Luis Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias
- Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste
- Roberto Vidal Bolaño: Saxo tenor
- Enma Pedreira: Besta do seu sangue
|
Bibliografía complementaria
|
Domínguez Alberte, X. C. (). "A diversificación do xénero narrativo dende 1975", en Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Forcadela, Manuel (1998). "A narrativa galega contemporánea: 1800-1975. Unha perspectiva", en Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2003). A Construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, Francisco (1993). Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada. Vilaboa: Edicións do Cumio
González Fernández, Helena (2005). Elas e o paraugas totalizador: escritoras, xénero e nación. Vigo Xerais
Carvalho Calero, Ricardo (1989). Estudos e ensaios sobre literatura galega. A Coruña: Ediciós do Castro
Castelao, Manuel (2009). Novoneyra. Celso Emilio. Os Eidos. Longa noite de pedra. Santiago de Compostela: Laiovento
Biscaínho, Carlos e Lourenço, Cillha (2002). O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña
Rodríguez Fer, Claudio (1989). Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo Xerais
Castro Vázquez, Isabel (2007v). Reexistencia, a obra de Manuel Rivas. Vigo Xerais
González Millán, X. (2000). Resistencia cultural e diferencia histórica. Barcelona: Sotelo Blanco |
A profesora facilitará, a través da plataforma Moodle, a bibliografía e os recursos bibliográficos complementarios pertinentes para cada un dos temas e cada unha das obras obxecto de estudo nesta materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 | Literatura Galega Contemporánea 1/613G02024 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Poesía en Lingua Galega e Portuguesa/613G02043 | Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa/613G02046 | Teatro en Lingua Galega e Portuguesa/613G02047 |
|
Observacións |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: laura.tato@udc.gal |
|