Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A1 A10
|
|
|
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A2
|
|
|
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A4
|
|
|
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A9
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A15
|
|
|
Dominar a gramática da lingua galega. |
A21
|
|
|
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega |
A23
|
|
|
Coñecer a variación lingüística da lingua galega |
A25
|
B8
|
|
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía |
A29
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
|
B1 B3
|
|
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
|
B4
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
|
B2 B5
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
|
B7
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
C1
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
C4
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Norma, usos e variación |
1.1. O concepto de norma e o seu valor simbólico
1.2. Usos lingüísticos
1.3. O proceso de estandarización da lingua galega
1.4. A variación lingüística no galego actual
1.5. A linguaxe técnica e especializada |
2. Norma, modelos lingüísticos e desvíos |
2.1. Modelos de lingua: oral / escrita, popular / culta, urbana / tradicional etc.
2.2. Arcaísmos, dialectalismos, vulgarismos
2.3. Españolismos e pseudogaleguismos
2.4. Empréstimos |
3. Norma e calidade lingüística |
3.1. A necesidade dun uso modelar da lingua galega: a calidade lingüística
3.2. Aspectos ortográficos e fonéticos
3.3. Aspectos morfosintácticos
3.4. Aspectos léxico-semánticos
3.5. Aspectos pragmático-textuais
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A15 |
21 |
21 |
42 |
Obradoiro |
A1 A29 B1 B7 |
16 |
16 |
32 |
Lecturas |
A23 A25 B8 |
0 |
12 |
12 |
Traballos tutelados |
B1 B2 B3 C4 C7 |
1 |
29 |
30 |
Presentación oral |
A4 B4 C1 |
1 |
10 |
11 |
Proba mixta |
A1 A9 A10 A21 B5 |
0 |
20 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, exercicios varios etc.
|
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas polo profesor. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e escollido entre varios temas propostos no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Presentación oral |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Proba mixta |
Proba escrita en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas. Esta proba realizarase na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Obradoiro |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado" e da "Presentación oral" e tamén para as sesións prácticas do "Obradoiro". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A9 A10 A21 B5 |
Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia. Esta proba realizarase na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. |
50 |
Presentación oral |
A4 B4 C1 |
Na PRESENTACIÓN ORAL derivada do "Traballo Tutelado" avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais), a calidade da lingua e os recursos expositivos empregados polo alumnado. |
10 |
Obradoiro |
A1 A29 B1 B7 |
Nas sesións de OBRADOIRO realizaranse actividades prácticas avaliábeis derivadas das SESIÓNS MAXISTRAIS (análise de textos, estudo de fontes documentais, comentarios de lecturas etc.). |
10 |
Traballos tutelados |
B1 B2 B3 C4 C7 |
No TRABALLO TUTELADO porase en valor fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Cuestións xerais: 1. Para superar a materia, o alumnado deberá
conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores
sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10
para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos no
prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencais mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia
de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle). 3. O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e
entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado. Se non puider
asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto con el aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica. 4.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos
criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 4 valores, absorbendo así o "Obradoiro", que desaparece como elemento de avaliación. Antes da data oficial do exame ten de ser entregue o "Traballo tutelado". No caso da "Presentación oral", marcarase un día
para a súa realización. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados
idénticos principios de avaliación que na oportunidade de xullo. 5. A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún
dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a "Proba
mixta"; b) a alumna ou o alumno non entregou nin realizou ningunha das actividades
previstas ("Traballo tutelado", "Presentación oral", "Obradoiros"); c) o alumno
ou a alumna non fixo nin a "Proba mixta" nin realizou ningunha das
actividades programadas ("Traballo tutelado" e "Presentación
oral", "Obradoiros"). Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán
ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais
López Viñas, X. / Lourenzo Modia, C. / Moreda Leirado, M. (2010). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Cpruña: Baía Edicións
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Santiago de Compostela: Laiovento
Sánchez Rei, X. M. (coord.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
Mateus, M. H. Mira / Cerdeira, (2007). Norma e Variação. Lisboa: Caminho
Álvarez, R. / Monteagudo, H. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega
RAG / ILG (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG / ILG
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Vidal, P. (2010). O debate normativo da lingua galega (1980-2000). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Alonso Pintos, S. (2006). O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Kabatek, J. (2000). Os falantes como lingüistas. Tradición e innovación no galego actual. Vigo: Xerais
Lagares, X. / Bagno, M. (orgs.) (2011). Políticas da norma e conflitos linguísticos. São Paulo: Parábola
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2012). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: UDC
Freixeiro Mato, X. R. (2018). Sobre historiografia gramatical e codificación lingüística (1955-1971). A Coruña: UDC / Grupo ILLA |
|
Bibliografía complementaria
|
Bagno, M. (2005). A norma oculta. Língua & poder na sociedade brasileira. São Paulo: Parábola
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2012). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: SNL da UDC
Bagno, M. (2001). Dramática da língua portuguesa. Tradição gramatical, mídia & exclusão social. São Paulo: Edições Loyola
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da Lingua Galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|