Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria |
A1 A2 A3 A10
|
|
|
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega |
A4
|
B4
|
|
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A10
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica |
A15
|
|
|
Dominar a gramática da lingua galega. |
A21
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información |
|
B1
|
|
Adquirir capacidade de autoformación |
|
B3
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas |
|
B5
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B6
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico |
|
B7
|
|
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional |
|
B10
|
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
|
|
C6
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
|
|
C7
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
|
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución á Gramática |
1.1. Definición, clases, partes e unidades
1.2. A tradición gramatical galega |
2. Gramática da cláusula |
2.1. Introdución aos estudos de sintaxe
2.2. A frase
2.3. A predicación lingüística
2.4. A cláusula |
3. Gramática da palabra |
3.1. O verbo
3.2. O nome
3.3. O pronome
3.4. As palabras invariábeis
|
4. Gramática do texto |
4.1. Introdución. Texto e contexto
4.2. As propiedades do texto. Cohesión e coherencia
4.3. A organizacion da información. Os marcadores discursivos
4.4. As modalidades textuais
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A4 A15 A21 B5 B6 C8 |
25 |
0 |
25 |
Recensión bilbiográfica |
A4 A10 A21 B1 B3 B5 B7 C7 |
2 |
32 |
34 |
Traballos tutelados |
A1 A4 A15 A21 B1 B3 B5 B6 B7 B10 C6 C7 C8 |
2 |
46 |
48 |
Presentación oral |
A4 A15 B1 B3 B4 B7 |
1 |
6 |
7 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A10 A15 A21 B5 B7 C7 |
2 |
30 |
32 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais precisos para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Recensión bilbiográfica |
Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesor indicar ao longo do curso. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá realizar un traballo tutelado sobre un tema relacionado cos contidos da materia e que deberá escoller de acordo co profesor. Nel deberá verificarse o feito de conseguir información por si propio e a habilidade de interrelacionar diferentes contidos, ao paso que tamén ten de demostrar que posúe unha práctica lingüística de calidade. |
Presentación oral |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, exercicios prácticos etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Alén do labor de atendemento realizado no horario marcado polo profesorado da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". Cada estudante deberá asistir, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega e exposición do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A4 A10 A15 A21 B5 B7 C7 |
Constitúe unha proba con elementos diversos (prácticos e teóricos), onde serán valorizados os contidos, a clareza e rigor expositivo, ben como a calidade da lingua utilizada. Entre as preguntas haberá polo menos unha referida ás lecturas obrigatorias. |
50 |
Recensión bilbiográfica |
A4 A10 A21 B1 B3 B5 B7 C7 |
Neste exercicio o alumno ou a alumna debe elaborar un comentario crítico dunha obra de lectura marcada polo profesor. Teranse en conta a capacidade crítica, a clareza expositiva e argumentativa e a de síntese, ben como unha práctica lingüística de calidade. |
15 |
Traballos tutelados |
A1 A4 A15 A21 B1 B3 B5 B6 B7 B10 C6 C7 C8 |
No traballo que cada estudante ten de realizar concederase importancia ao tratamento do tema, á clareza expositiva e argumentativa, á calidade da lingua e á capacidade de chegar a conclusións propias. |
25 |
Presentación oral |
A4 A15 B1 B3 B4 B7 |
Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorizados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Cuestións xerais: 1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencais mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle). 3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, terá de se pór en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán contactar con el aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica. 4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior. Isto significa que antes da data oficial do exame teñen de ser entregues todos os traballos e actividades programadas (recensións bibliográficas e traballos tutelados). No caso da presentación oral, marcarase un día para a súa realización. De haber convocatoria adiantada, serán aplicados idénticos criterios de avaliación que nos casos anteriores. 5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a proba mixta; b) a alumna ou o alumno non entregou nin desenvolveu ningunha das actividades previstas (traballo tutelado, recensión, presentación oral); c) o alumno ou a alumna non realizou a proba mixta nin desenvolveu ningunha das actividades programadas (traballo tutelado, recensión, presentación oral).
Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Neves, M. H. de Moura (2002). A Gramática. História, Teoria e Análise, Ensino . São Paulo: UNESP
Halliday, M. A. K. (1994). An Introduction to Functional Grammar . London / New York: Arnold / Oxford University Press
Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais
Báez San José, V. (1988). Fundamentos críticos de la gramática de dependencias . Madrid: Síntesis
Moreno Cabrera, J. C. (1987). Fundamentos de sintaxis general . Madrid: Síntesis
Álvarez, R. / Xove, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da Lingua Galega. Vol. II. Morfosintaxe. Vol. IV. Gramática do Texto . Vigo: A Nosa Terra
Mateus, M. H. M. et al. (2003). Gramática da Língua Portuguesa . Lisboa: Caminho
Vilela, M. / Villaça Koch, I. (2001). Gramática da Língua Portuguesa . Coimbra: Almedina
Busse, W. / Vilela, M. (1986). Gramática de Valências. Apresentação e Esboço de Aplicação à Língua Portuguesa. Coimbra: Almedina
Vilela, M. (1992). Gramática de Valências. Teoria e Aplicação . Coimbra: Almedina
Raposo, E. B. Paiva et al. (2013). Gramática do Português. Lisboa: Fund. Calouste Gulbenkian
Azeredo, J. C. de (2008). Gramática Hoauiss da Língua Portuguesa. São Paulo: Publifolha / Houaiss
Koch, I. Villaça (2004). Introdução à Linguística Textual . São Paulo: Martins Fontes
Portolés, J. (2001). Marcadores del discurso . Barcelona: Ariel
Sánchez Rei, X. M. (2010). O complemento preposicional en galego. Análise desde a gramática de valencias.. A Coruña: Área de Filoloxias Galega e Portuguesa da UDC
Freixeiro Mato, X. R. (2005). Os marcadores discursivos. Conectores contraargumentativos no galego escrito. A Coruña: Área de Filoloxias Galega e Portuguesa da UDC
Eliseu, A. (2008). Sintaxe do Português. Lisboa: Caminho
Dik, S. C (1997). The Theory of Functional Grammar, 2 vols.. Berlin: Mouton de Gruyter |
|
Bibliografía complementaria
|
Peres, J. A. / Móia, T. (1995). Áreas Críticas da Língua Portuguesa. Lisboa: Caminho
Báez San José, V. (2002). Desde el Hablar a la Lengua. Prolegómenos a una teoría de la sintaxis y la semántica textual y oracional. Granada: Ágora
Koch, I. Villaça (2002). Desvendando os segredos do texto. São Paulo: Cortez
Mateus, M. H. M. / Xavier, M. F. (orgs.) (1991/1992). Dicionário de Termos Linguísticos. Lisboa: Cosmos
Neves, M. H. de Moura (2000). Gramática de Usos do Português. São Paulo: UNESP
Bosque, I. / Demonte, V. (dirs.) (1999). Gramática descritiva de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe
Beaugrande, R.-A. de / Dressler, W. U. (1997). Introducción a la lingüística del texto. Barcelona: Ariel
Azeredo, J. C. (org.) (2008). Língua Portuguesa em Debate. Conhecimento e Ensino. Petrópolis: Vozes
Cunha, C. / Cintra, L. (1992). Nova Gramática do Português Contemporâneo. Lisboa: Sá da Costa
Sperber, D. / Wilson, D. (1986). Relevance. Communication and Cognition. Oxford: Basil Blackwell |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Galega 1/613G02002 | Lingua Galega 2/613G02014 | Lingua Galega: Norma e Usos/613G02038 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|