A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal.
Serán cualificados con NON PRESENTADO/A os/as alumnos/as que non realizaren a presentación oral pública ante o tribunal.
Calquera falta de honradez académica (plaxio ou outras formas) penalizarase co suspenso automático do TFG. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).
------------------------------------------------
A estrutura do Traballo de Fin de Grao axustarase a estas características:
1. Capa, que incluirá, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade, o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome do autor ou da autora, o visto e prace manuscrito do director ou da directora co seu nome, e o ano de presentación. Non se numerará.
2. Índice do traballo con paxinación.
3. Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía, unha síntese dos contidos e as conclusións e será aproximadamente de 500 palabras.
4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada.
5. Traballo.
6. Conclusións.
7. Referencias bibliográficas.
8. Anexos (se os houber).
O Traballo de Fin de Grao terá unha extensión mínima de 9000 e máxima de 11000 palabras. Para o cómputo non se terán en conta os apartados 1, 2, 3, 7 nin 8.
Presentarase en formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado duplo e letra de 12 puntos.
A paxinación dos apartados 2 e 3 realizarase en numeración romana.