Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria |
A1 A10 A15 A25 A26
|
B3 B5 B8
|
C7 C8
|
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións |
A10
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica |
A15
|
|
|
Coñecer a variación lingüística da lingua galega |
A25
|
|
|
Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa |
A26
|
|
|
Adquirir capacidade de autoformación. |
|
B3
|
|
Apreciar a diversidade |
|
B8
|
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
|
C7
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
|
B1 B2
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A variación lingüística |
1.1. Perspectivas sobre os tipos de variacionismo
1.2. Orixe e limites da variación
1.3. Lingua, dialecto, variedade |
2. A dialectoloxía |
2.1. Definición e orientacións
2.2. Cuestións de método
2.3. O caso da Galiza
2.4. Tipoloxía dos fenómenos de variación lingüística |
3. Dialectoloxía, filoloxía e lingüística |
3.1. Dialectoloxía e lingüística histórica
3.2. Dialectoloxía e onomástica
3.3. Dialectoloxía, estruturalismo e xenerativismo
|
4. Variación diatópica nos falares galegos |
4.1. Introdución
4.2. Principais fenómenos de variación |
5. Variación diatópica nos falares portugueses |
5.2. Introdución
5.2. Principais fenómenos de variación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A25 A26 B2 B5 |
15 |
22.5 |
37.5 |
Obradoiro |
A10 A15 B8 |
14 |
28 |
42 |
Lecturas |
A10 B1 B3 B5 |
1 |
12 |
13 |
Traballos tutelados |
A15 B1 B2 B3 B5 C7 C8 |
1 |
12 |
13 |
Proba mixta |
A15 A25 A26 B5 |
1 |
5 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesión de traballo en que o profesor expón os principais contidos teóricos que garantan que o alumnado adquire unha base epistemolóxica adecuada sobre a fenomenoloxía da variación lingüística e os contidos teóricos fundamentais. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a realización de comentarios de textos, as prácticas a través de TIC ou estudos de casos. |
Lecturas |
Cada estudante deberá obrigatoriamente ler durante o curso unha serie de textos, os cales serán seleccionados polo profesor. Nas aulas contémplanse diversas actividades relacionadas con estas lecturas: elaboración de fichas, debates, exposición dos contidos, etc. Algunha delas pode entrar na proba mixta. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escollido entre diversas propostas presentadas no inicio de curso sobre diferentes aspectos ou cuestións de variación lingüística. |
Proba mixta |
Na proba mixta, cada estudante debe demostrar que ten asimilados os contidos a través dun exercicio que, entre outras posibilidades, combinará preguntas (longas e/ou breves) de carácter ensaístico con probas de comentario. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada nortéase cara á orientación dos traballos tutelados (tema, focaxe, bibliografía adecuada etc.) e á solución de dúbidas e lacunas que o alumnado puider presentar.
A orientación será realizada de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións escritas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A10 A15 B8 |
Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (comentarios de texto, discusión de casos etc.). |
20 |
Proba mixta |
A15 A25 A26 B5 |
Nesta proba, o alumnado deberá desenvolver temas e/ou preguntas relacionadas cos contidos vistos nas aulas, combinados con probas de tipo práctico. |
40 |
Lecturas |
A10 B1 B3 B5 |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. Eventualmente poderán ser solicitados breves resumos ou fichas de lectura. |
15 |
Traballos tutelados |
A15 B1 B2 B3 B5 C7 C8 |
Neste tipo de probas serán tidos en conta como valores da cualificación o correcto desenvolvemento do tema proposto, a clareza expositiva e argumentativa e a calidade lingüística. |
25 |
|
Observacións avaliación |
Cuestións xerais: 1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle). 3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co
profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica. 4. Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (50), traballo tutelado (30), lecturas (20). Se houber convocatoria adiantada de decembro, os criterios de avaliaciíon serán os mesmos que os de xullo. 5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais. Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). .
Freixeiro Mato, X. R. et al. (2005). A lingua literaria galega no século XIX. A Coruña: Universidade da Coruña
Fernández Rei, F. et al. (1996-). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
ILG [Instituto da Lingua Galega] (2016). Arquivo do galego oral. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega
ILG [Instituto da Lingua Galega] (1990-2015). Atlas Lingüístico Galego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Martins, A. M. (coord.) (2010). Corpus Dialectal para o Estudo da Sintaxe (CORDIAL-SIN). Lisboa: Universidade de Lisboa
Francis, F. N. (1989 [1983]). Dialectology. An introduction . London: Longman
Fernández Rei, F. (2001 [1990]). Dialectoloxía da lingua galega . Vigo: Xerais
Vasconcellos, J. Leite de (1987 [1901]). Esquise d’une Dialectologie Portugaise . Lisboa: Instituto de Investigação Científica
Cintra, L. F. Lindley (1995). Estudos de Dialectologia Portuguesa . Lisboa: Sá da Costa
Gärtner, E. et al. (eds.) (2000). Estudos de Geolingüística do Português Americano. Frankfurt: TFM
Beaud, S. et. al. (2007). Guia para a Pesquisa de Campo. Produzir e Analisar Dados Etnográficos. Petrópolis: Vozes
Mollica, M. C. et al. (2003). Introdução à Sociolingüística. O tratamento da Variação. São Paulo: Contexto
Chambers, P. et al. (1994). La dialectología . Barcelona: Visor
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Ames: Laiovento
Álvarez, R. et al. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega
Vasconcellos, J. Leite de (1928). Opúsculos. Vol. II. Dialectologia . Coimbra: Universidade de Coimbra
Vasconcellos, J. Leite de (1985). Opúsculos. Vol. VI. Dialectologia . Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda
Barbosa, P. (coord.) (2014). Perfil Sociolinguístico da Fala Bracarense. Braga: Universidade do Minho
Britain, D. et. al. (eds.) (2003). Social Dialectology. In Honour of Peter Trudgill. Amsterdam / Philadelphia: John Benjamins Publishing Company
Biber, D. (1988). Variation across Speech and Writing . New York / New Rochelle / Melbourne / Sidney: Cambridge University Press |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|