Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumnado deberá posuír un coñecemento avanzado dalgún dos monumentos dramáticos das literaturas en linguas galega e portuguesa. |
A11 A17 A18 A19 A20
|
B1 B8
|
|
O alumnado debe coñecer as diversas metodoloxías de análise literaria e espectacular e ser capaz de avaliar criticamente o estilo dun texto dramático ou dun espectáculo teatral. |
A2 A11 A14
|
B1
|
|
O alumnado deberá ser capaz de presentar oralmente os resultados das súas análises dunha maneira rigorosa e efectiva, demostrando a súa capacidade de síntese e de xerarquización da información. |
|
B6 B7
|
|
O alumnado deberá saber pór en relación a información presentada pol@s compañeir@s coas lecturas realizadas e realizar comentarios retroalimentadores que demostren a súa capacidade para identificar os valores dun texto dramático e trazar pontes cos outros textos das diferentes dramaturxias en lingua galega e portuguesa. |
A11 A17 A18 A20
|
B5 B7
|
|
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo na procura de exemplos de dramaturxias e encenacións posdramáticas, ben como de expor os seus resultados de maneira crítica e rigorosa nun obradoiro presencial. |
A11 A14
|
B1 B6 B7
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Teatro: literatura e encenación |
1.1 Entre dous polos: do logocentrismo á marxinación do texto
1.2. Reflexións sobre a representación no século XX. As experiencias da Sociedade Teatro Livre de Lisboa e do Conservatorio Nacional de Arte Galega.
1.3. O metateatro en lingua galego-portuguesa
1.4. Teatro sen fixación escrita:
......1.4.1. Barriga Verde e a comunicación das subalternas
......1.4.2. O teatro mozambicano contemporáneo |
2. Teatro Modernista no Brasil e en Portugal e Teatro de Arte na Galiza |
2.1. O proxecto de Teatro da Arte de Castelao e as achegas de Otero Pedrayo.
2.2. A renovación estética do teatro de Oswaldo de Andrade
2.3. O teatro modernista portugués non atinxe os palcos |
3. A actividade teatral fronte ás ditaduras e ao xugo colonial
|
3.1. A refundación do teatro galego desde 1965
3.2. O teatro portugués e o 25 de abril
3.3. O teatro brasileiro e a resistencia á ditadura
3.5. O teatro de Pepetela e a Angola da post-independencia. |
4. Dramaturgas |
4.1. Historiografías dramáticas masculinizadas e autoras invisibilizadas
4.2. Teatro feminista na Galiza e nos países lusófonos. A Escola de Mulheres de Lisboa
4.3. Dramaturgas dos séculos XX e XXI |
5. Posdrama en lingua galega e portuguesa |
5.1. Na Galiza: a escrita teatral de Xesús Pisón e as propostas escénicas de Ana Vallés.
5.2. Prácticas postdramáticas en Portugal: Carlos J. Pessoa e o Teatro da Garagem |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A2 A17 A18 A19 A20 |
4 |
38 |
42 |
Proba oral |
A17 A20 B5 B7 |
6 |
14 |
20 |
Obradoiro |
A2 A14 A17 A18 A19 A20 B1 B6 B7 |
14 |
18 |
32 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A2 A11 B8 |
0 |
4 |
4 |
Sesión maxistral |
A10 A11 A17 A18 B7 B8 |
10 |
2 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras teatrais que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre. Alén destas, o docente fornecerá artigos e estudos especializados sobre os contidos tratados na materia.
|
Proba oral |
Exposicións orais individuais, na aula, en que cada alumno/a exporá a análise e comentario dun texto dramático. A totalidade do grupo participará no diálogo posterior, demostrando a asimilación das lecturas por medio de comentarios retroalimentadores. |
Obradoiro |
Sesións de traballo na sala de aulas en que, coa guía do docente, os estudantes realizarán comentarios de encenacións e dramaturxias de textos representativos das últimas décadas dos teatros galego, portugués e brasileiro.
Para alén do traballo na sala de aulas, o alumnado deberá realizar unha serie de visionados e lecturas complementares.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
O alumnado asistirá a un evento específico marcado polo docente nas primeiras sesións, ora unha representación teatral, ora unha palestra sobre teatro en lingua galega ou portuguesa. |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Os/as alumnos/as poderán contar con axuda personalizada para a preparación da súa presentación oral, a resolución de dúbidas levantadas polas lecturas e a realización do seminario.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A2 A17 A18 A19 A20 |
O control das lecturas será realizado por medio de discusións dirixidas na aula posteriores ás presentacións orais individuais, ben como a través da presentación de informes de lecturas de artigos especializados achegados polo docente. |
30 |
Proba oral |
A17 A20 B5 B7 |
Esta proba, realizada na aula, servirá para o alumnado expor individualmente a súa análise e comentario dunha das lecturas obrigatorias.
A seguir de cada presentación realizarase un diálogo cos/coas compañeiros/as. |
30 |
Obradoiro |
A2 A14 A17 A18 A19 A20 B1 B6 B7 |
O alumnado deberá realizar a análise grupal de dramaturxias e encenacións contemporáneas acordadas co profesor. |
30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A2 A11 B8 |
O alumnado deberá asistir ora a un espectáculo teatral programado na contorna, ora a unha palestra especializada sobre teatro en lingua galega e portuguesa. Posteriormente, deberá realizar un informe -oral ou escrito- sobre o mesmo.
O docente comunicará nas primeiras sesións presenciais a natureza e lugar de celebración do evento e, se for preciso, presentará alternativas para o alumnado que non puider asistir ao inicialmente programado. |
10 |
|
Observacións avaliación |
As persoas con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico para coñecer a maneira de acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona estabelecidas ao efecto. Para superar a materia será requisito indispensábel a realización da proba oral e a participación no obradoiro. Quen non realizar ambos os exercicios será considerado/a NON PRESENTADA/O. Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira e o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación. As persoas que se matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberán contactar co profesor antes de o mes de novembro concluír. Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Figueiredo, César Alessandro (2015). "A ditadura militar no Brasil e o teatro: memória e resistência da classe artística", Revista Eletrônica de Ciência Política 6, n. 2. file:///Users/carlosbiscainho/Downloads/44240-167761-1-PB.pdf
Biscainho-Fernandes, C-C (2019). "A dramaturxia galega feminina no século XXI", eHumanista IVITRA, 15, Monogràfic III, Santa Bárbara (California) (Estados Unidos), UC Santa Barbara, 2019, pp. 324-341.
Tato Fontaíña, L. (2009). "A renovación dramática na Galiza e no Brasil: a muller como problema", en Laura Tato Fontaíña & Mª Amparo Tavares Maleval (eds.): Estudos Galego-Brasileiros 3. Língua, Literatura, Ident. Rio de Janeiro
Tato Fontaíña, L. (2009). "Frustracións parapelas: Teatro Modernista Brasileiro e Teatro de Arte Galego", . en Olivia Rodríguez González (ed.): Novas achegas ao mundo da cultura galega. Enfoques literarios e
Tato Fontaíña, L (2000). "O teatro desde 1936", en Anxo Tarrío (coord.), Literatura Galega.. A Coruña: Hércules de Edicións
Vasques, Eugénia (1999). "O teatro português e o 25 de abril", . Instituto Camoes
Biscainho-Fernandes, C-C (2007). A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral. Santiago: Editorial Laiovento
Caetano, Cristina Maia (2004). Conhecer o teatro em Moçambique. Pinhel: Pinhel Editora.
Caetano, Ana Cristina Maia (2003). Contributos para o Estudo do Teatro em Moçambique. Dissertaçao de Mestrado
Rebello, F. L. (1991). História do Teatro . Lisboa: Imprensa Nacional / Casa da Moeda
Tato Fontaíña, L (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Barata, J. Oliveira (1991). História do Teatro Portugués. Lisboa: Universidade Aberta
Garcia Mendes, Miriam (1993). O negro e o teatro brasileiro. Sao Paulo-Rio de Janeiro-Brasília: Hucitec-IBAC
Magaldi, Sábato (2001). Panorama do teatro brasileiro. São Paulo: Global
Campoi García, Comba (2018). Sen medo ao demo: resistencia simbólica na Galiza da Posguerra:o teatro de títeres de Barriga Verde. Allariz: Dr. Alveiros
Lourenço Módia, C. & Biscainho-Fernandes, C-C (2000). Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999). Ourense: Abano
(2003). Teatro galego. Setepalcos 4. Coimbra: Cena Lusófona
Biscainho-Fernandes, C-C (2008). Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego. Compostela: Xunta de Galicia |
TEXTOS DRAMÁTICOS SUSCEPTÍBEIS DE SEREN COMENTADOS Xaime Quintanilla, Donosiña. Marcelino Mesquita, Uma anedota. Otero Pedrayo, Teatro de máscaras. Oswald de Andrade, A morta. Almada Negreiros: Deseja-se mulher
Manuel Lourenzo, Defensa de Helena. Gianfranco Guarnieri, Eles não usam black-tie Roberto Vidal Bolaño, Laudamuco, Señor de Ningures Chico Buarque, Roda viva María Xosé Queizán, Antígona.
Hilda Hilst, O novo sistema. Pepetela, A corda Xesús Pisón, Teatro (Serpe, serpe. Natividade coruñesa. Guión para cinéfilos. Tambores en París. Lux Perpetua. Breviario Hamlet. Hamlet 2. Hamlet 3. Primeira comuñón. Venus Podre. Vampiros. Caricias. Aniversario de Medea). Maria Estela Guedes, A boba. Pessoa, Carlos J., Festas de garagem
|
Bibliografía complementaria
|
Tato Fontaíña, L. (2001). A construción dun teatro nacional en Castelao. Castelao. Co pensamento en Galiza. Actas do Congreso. Pontevedra: AS-PG / Concello de Pontevedra. pp
Fernández Castro, X.M. (2011). A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia | Bertamiráns: Laiovento
Franco, Camilo (2012). Dez obras na vida de Vidal Bolaño. A Coruña: Biblos
Tato Fontaíña, L. (2013). Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións cinematográficos de Ramón Otero Pedrayo. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Carvalho Calero, R (2000). Escritos sobre teatro. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' da Universidade da Coruña
Vidal Ponte, R. (2014). Fóra de portas. Santiago: Positivas
Cruz, I. (2001). Historia do teatro português. Lisboa: Verbo
Vasques, Eugénia (2001). Mulheres que escreveram teatro no século XX em Portugal . Lisboa: Colibri
Martínez Teixeiro, Alva (2009). O Herói Incómodo. Utopia e Pessimismo no Teatro de Hilda Hilst. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"
Cruz, I. (2005). O teatro português. Estrutura e transversalidade. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"
Prado, Décio de Almeida (1993). Peças, pessoas, personagens. O teatro brasileiro de Procópio Ferreira a Cacilda Becker. Sao Paulo: Companhia das Letras
Pascual, Roberto (2013). Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro. Vigo: Xerais
Tato Fontaíña, L. (2013). Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro. Noia: Toxossoutos
Barbosa, Pedro (2005). Teoría do Teatro Moderno. A hora zero. Porto: Edições Afrontamento
Pena, M. & Enríquez, G. (2013). Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Vigo: Galaxia
Pérez, Marta & Vanesa Sotelo (2013). “Tomar as rendas e crear á inversa: unha perspectiva feminista da creación escénica en Galicia”. En Revista Galega de Teatro nº 73: 7-16.. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 | Literatura Portuguesa 1/613G02026 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Esta materia ten continuidade en "Literatura e espectáculo", do Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade. |
|