As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva.
A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5.
Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes/suspensas, coas mesmas condicións e porcentaxes.
De non realizar as probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado.
Os estudantes que disfruten da dispensa académica recibirán, no apartado de Análise de fontes documentais, un máximo do 40% da cualificación final en función das actividades que teñan presentado por escrito ao longo do curso, conforme á seguinte ratio:
-exercicio de comentario fonético: 12%
- exercicio de comentario morfosintáctico; 16%
- exercicio de comentario literario: 12%
A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura