IMPORTANTE: Para superar a
materia, a suma da proba mixta, o traballo tutelado, a presentación oral
e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima
de cada unha das partes (actividades do obradoiro/ traballo tutelado e
exposición oral do mesmo/proba mixta) deberá ser de 4 puntos sobre 10.
Aplicarase unha penalización sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada.
Os traballos con evidencia de plaxio serán calificados automáticamente cun 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.
A participación dinámica extraordinaria nas diferentes
tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o
alumnado realice ao longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na
nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou
calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado
e aceptada polo profesorado.
Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.
AS DATAS DO TRABALLO TUTELADO, PRESENTACIÓN ORAL E PROBA MIXTA serán anunciadas con moita anticipación.
OPORTUNIDADE DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas según a seguinte distribución de porcentaxes: entrega dun traballo tutelado (corpus) (15%), exposición oral (15%), entrega de actividades escritas semellantes ás avaliadas ao longo do curso (20%) e proba mixta sobre os contidos do curso (50%).
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os
mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
Atención á
diversidade: Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da
discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para
acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI
en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na
dirección de email adi@udc.es.