Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A16 |
Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa. |
A17 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as literaturas en lingua inglesa dos países que foron antiguas colonias do imperio británico, así como das súas diásporas. |
A1 A7 A16
|
B5 B8
|
C2 C4
|
Coñecer o contexto socio-histórico e cultural das comunidades anglófonas de fóra de Europa, con especial atención á súa relación cos textos literarios da materia. |
A16 A17
|
B1 B5 B7 B8
|
C2 C4
|
Ler e analizar textos dende unha perspectiva crítica e / ou poscolonial. |
A1 A2 A3 A11 A15
|
B1 B2 B3 B6 B7 B8
|
C2 C4 C6 C7
|
Ser capaces de elaborar ensaios e comentarios de texto en lingua inglesa, e preparar e facer exposicións orais coherentes en lingua inglesa. |
A6 A9
|
B1 B3 B5 B7 B8
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución: contextos coloniais. |
1.1. O imperialismo británico: introdución socio-histórica.
1.2. O discurso colonial. Orientalismo.
Lecturas: Rudyard Kipling, “White Man’s Burden” e Henry Lawson, “The Drover’s Wife”
|
2. Descolonización e poscolonialismo. |
2.1. Descolonizando a mente.
2.2. Literaturas e crítica poscolonial. Estereotipos e opostos maniqueos.
Lecturas: Chinua Achebe, Things Fall Apart e Chimamanda Ngozi Adichie, “The Danger of a Single Story” |
3. Resistindo a descolonización. |
3.1. Sudáfrica: de colonia de asentamento á era pos-apartheid.
3.2. Australia poscolonial (?): a xeración roubada.
Lecturas: Nadine Gordimer, “Country Lovers” e fragmentos de Sally Morgan, My Place |
4. Axencia poscolonial. |
4.1. Hibridismo e terceiros espazos.
4.2. "Ritos de paso" e liminalidade.
4.3. "Pode o subalterno falar?"
Lectura: fragmento de David Malouf, Remembering Babylon |
5. Diásporas, migracións e contextos transnacionais. |
5.1. Aínda, o comercio triangular da escravitude.
5.2. Afropolitanismo.
5.3. Globalización, neocolonialismo e cosmopolitanismo.
Lecturas: Amma Darko, Beyond the Horizon, fragmentos de Jamal Mahjoub, Travelling with Djinns, Jamaica Kincaid,“A Small Place” e Merlinda Bobis, “The Long Siesta as a Language Primer” |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Seminario |
A6 A15 B7 C2 |
7 |
14 |
21 |
Sesión maxistral |
A3 A7 A16 A17 B5 C2 |
19 |
25 |
44 |
Discusión dirixida |
A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 |
14 |
14 |
28 |
Proba de ensaio |
A9 B1 B2 B3 B6 |
2 |
24 |
26 |
Proba mixta |
A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 |
2 |
24 |
26 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Seminario |
O alumnado debe leer o material asignado ANTES das clases. O calendario detallado das lecturas darase a coñecer a principios do cuadrimestre. |
Sesión maxistral |
Neste tipo de sesións as docentes explicarán a) o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos e autores/as a analizar, b) conceptos teóricos dos estudos poscoloniais, c) pautas para analizar críticamente e para facer un uso axeitado das teorías poscoloniais. |
Discusión dirixida |
Animarase ao alumnado a debatir e expresar a súa opinión, tanto de forma oral como escrita. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións maxistrais nas clases de grupo grande (DE), aínda que se levará a cabo fundamentalmente nas clases interactivas de grupo intermedio (DI) e nos seminarios de grupo pequeno (TGR). |
Proba de ensaio |
O alumnado redactará dous ensaios (un a mediados do cuadrimestre e o outro cara ó final) sobre as novelas estudadas nos grupos pequenos. |
Proba mixta |
Este tipo de proba valorará a capacidade do/a estudante para comprender e aproximarse a un texto literario de xeito crítico por medio de preguntas sobre os textos analizados no curso. Ademais, o alumnado deberá demostrar que comprenden os principais temas e conceptos teóricos do poscolonialismo, e que os poden aplicar ao estudo de textos literarios. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
As profesoras axudarán ao alumnado a resolver dúbidas sobre os textos e conceptos discutidos na clase de xeito individual e en grupos pequenos. Tamén están ao dispor do alumnado para orientar sobre calquera aspecto do curso durante o horario semanal de titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Discusión dirixida |
A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 |
Valoraranse actividades feitas na clase (individuais e en grupo, orais e escritas), que poden incluír, entre outras, respostas ás lecturas asignadas, resumos, análises, aportacións aos debates e discusións de clase. |
20 |
Proba de ensaio |
A9 B1 B2 B3 B6 |
Cada estudante redactará dous textos escritos (un a mediados do cuadrimestre, o outro cara o final) sobre as novelas estudadas nos grupos pequenos. (As datas especificaranse ao principio do cuadrimestre). Na valoración destas probas valorarase en particular a capacidade do/a estudante para a comprensión crítica dos textos e conceptos vistos na clase así como a súa competencia lingüística en inglés. |
40 |
Proba mixta |
A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 |
O exame final poderá incluír preguntas breves (ex., identificación /análise de citas, definicións de termos clave, etc.), así como preguntas máis longas e complexas. |
40 |
|
Observacións avaliación |
• Para aprobar a materia a/o estudante debe obter unha nota de 5 (ou superior) a 10 despois de sumar todos os compoñentes da avaliación. Adicionalmente, non se superará a materia a menos que se obteña unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final. • A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións: 1) un exame escrito similar ao final de xuño (40%); 2) un ensaio crítico (40%); 3) preguntas escritas adicionais que substituirán a sección “Discusión dirixida” da primeira oportunidade (20%).
• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.
• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo. • O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
• Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de email adi@udc.es.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
ACHEBE, Chinua (1958 [2001]). Things Fall Apart (novel). London: Penguin
SENIOR, Olive (). "Colonial Girls School" (poem). http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=14910
BENNET, Louise (2008). "Colonization in Reverse" (poem). http://www.thenewblackmagazine.com/view.aspx?index=1377
GORDIMER, Nadine (1975). "Country Lovers" (short story). http://data0.eklablog.com/we-love-reading/perso/la%20rencontre%20avec%20lautre/country%20lovers.pdf
KINCAID, Jamaica (1988). "Small Place" (essay). New York: Farrar
ADICHIE, Chimamanda Ngozi (2009). "The Arrangers of Marriage" (short story). London: Fourth State.
BREEZE, Jean "Binta" (2001). "The Arrival of Brighteye" (poem). http://www.youtube.com/watch?v=Oylxi-pPPwM
LAWSON, Henry (1892). "The Drover's Wife" (short story). https://ebooks.adelaide.edu.au/l/lawson/henry/while_the_billy_boils/book2.1.html
NICHOLS, Grace (1984). "The Fat Black Woman Goes Shopping" (poem). London: Virago.
KIPLING, Rudyard (1899). "The White Man's Burden" (poem). http://www.kiplingsociety.co.uk/poems_burden.htm
KAY, Jackie (). "Things Fall Apart" (poem). http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=5682
DARKO, Amma (1991). Beyond the Horizon (novel). London: Heinemann
MORGAN, Sally (1982). My Place (novel). London: Virago.
MAHJOUB, Jamal (2004). Travelling with Djinns (novel). Vintage RAND
BOBIS, Merlinda (1999). “The Long Siesta as a Language Primer" (short story). North Melbourne: Spinifex Press |
|
Bibliografía complementaria
|
McLeod, John (2010). Beginning Postcolonialism, 2nd ed.. Manchester UP
Clarke, Ayebia (2005). Broadening the Horizon: Critical Introductions to Amma Darko. Banbury, UK
Boehmer, Elleke (1995/2005). Colonial and Postcolonial Literature. Oxford UP
Young, Robert J.C. (1995). Colonial Desire: Hybridity in Theory, Culture and Race.
Keown, Michelle; David Murphy and James Procter, eds. (2009). Comparing Postcolonial Diaspora. . Macmillan
Steger, Manfred (2013). Globalization: A Very Short Introduction. Oxford UP
Childs, Peter, and Patrick Williams (1997). Introduction to Post-Colonial Theory. Prentice
Wisker, Gina (2007). Key Concepts in Postcolonial Literature. Macmillan
Raiford, Leigh and Heike R-Hernandez (2017). Migrating the Black Body. The African Diaspora and Visual Culture. Seattle: U of Washington
Wawrzinek, Jennifer and J.K.S. Makokha (2011). Negotiating Afropolitanism: Essays on Borders and Spaces in Contemporary African Literature and Folklore. Rodopi
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (2007/2013). Postcolonial Studies: The Key Concepts. 2nd/3rd edition.. Routledge
Ramone, Jenni (2011). Postcolonial Theories. New York: Palgrave
Gadsby, Meredith (2006). Sucking Salt: Caribbean Women Writers, Migration, and Survival. . Columbia:U of Missouri
Booker, M. K. (1998). The African Novel in English. An Introduction. Heinemann
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (1989/2002). The Empire Writes Back. Theory and Practice in Post-Colonial Literatures. 2nd ed. . Routledge
Donnell, Alison (2006). Twentieth-Century Caribbean Literature: Critical Moments in Anglophone Literary History. London: Routledge |
Recoméndase utilizar o primeiro libro desta lista, de Ashcroft, Griffiths e Tiffin (identificador ou sinatura da biblioteca UDC: L2-4120), como libro de consulta xeral (especialmente na sua segunda ou terceira edición), ademáis de outros textos máis curtos (capítulos de libro e artigos) que aportará ou recomendará a docente para cada tema en particular. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Introdución aos Estudos Literarios/613G03005 | Literatura Inglesa 1/613G03010 | Literatura Inglesa 2/613G03017 | Lingua Inglesa 4/613G03019 | Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020 | Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa/613G03022 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 |
|
Materias que continúan o temario |
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 | Traballo Fin de Grao/613G03041 |
|
Observacións |
Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os DOUS textos longos de obrigada lectura (a novela completa de Achebe e os capítulos da novela de Rushdie) tan pronto lles sexa posible. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión. |
|