Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. |
A15 |
Capacidade de coñecer, comprender e avaliar a estrutura e a arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman. |
A31 |
Capacidade de deseñar e construír sistemas dixitais, incluíndo computadores, sistemas baseados en microprocesador e sistemas de comunicacións. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
B7 |
Preocupación pola calidade |
B9 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade) |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o funcionamento básico dos bloques funcionais dun computador (procesador, memoria,
E/S, etc.) |
A5 A15
|
B3 B7
|
C2 C4 C6
|
Saber realizar deseños básicos de compoñentes dun computador utilizando sistemas dixitais |
A15 A31
|
B1 B3 B7 B9
|
C2 C4 C6
|
Aprender a programar a baixo nivel un procesador mediante unha linguaxe ensambladora |
A5
|
B1 B9
|
C2 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. Sistemas Dixitais |
- Sistemas Combinacionais
- Sistemas Secuenciais
|
II. Estrutura, Organización e Funcionamento de Bloques Funcionais Básicos |
- Unidade de Procesamento
- Unidade de Control
- Sistema de Entrada/Saída |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
10 |
17 |
27 |
Prácticas de laboratorio |
A5 A15 A31 B1 B3 |
20 |
28 |
48 |
Sesión maxistral |
A5 A15 A31 B7 C2 |
30 |
30 |
60 |
Proba obxectiva |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
3 |
6 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Proporanse aos alumnos problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Faranse controis escritos ao longo do curso para avaliar o progreso dos estudantes. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición das competencias transversais C4 e C6.
A oferta dun grupo con docencia en inglés contribúe á adquisición da competencia C2. |
Prácticas de laboratorio |
Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
A existencia dun grupo con docencia en inglés facilita a adquisición da competencia C2. |
Sesión maxistral |
Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos, centrados nas competencias A5, A15 e A31, están apoiados por bibliografía en castelán e tamén en inglés para contribuír á consecución da competencia C2. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
A existencia dun grupo con docencia en inglés reforza a consecución da competencia C2 dos alumnos que o escollan. |
Proba obxectiva |
Ao remate do cuadrimestre haberá un exame cunha duración total de 3 horas. A proba fará particular énfase nas competencias A5, A15, A31, B1 e B3, pero sen descuidar a avaliación do resto de competencias, tanto xerais (B7 e B9) como transversais (C2, C4 e C6). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos alumnos na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos. Por outra banda, recomendarase aos estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.
Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. Se teñen concedida a dispensa académica de asistencia a clase só necesitan realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
Proporanse problemas para traballo persoal e avaliarase a súa resolución a través de controis escritos durante o curso. Con estes controis preténdese avaliar as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31, sen descoidar a súa relación coas competencias transversais C4 e C6.
Os controis escritos do grupo de docencia en inglés faranse nesta língua, contribuíndo a avaliar a adquisición da competencia C2. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
A5 A15 A31 B1 B3 |
Avaliaranse as prácticas realizadas polos alumnos durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31. |
20 |
Proba obxectiva |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse principalmente as competencias A5, A15, A31, B1 e B3.
Aos alumnos do grupo de docencia en inglés faráselles esta proba obxectiva nesta língua, contribuíndo a avaliar a adquisición da competencia C2. |
60 |
|
Observacións avaliación |
- Para poder aprobar a materia na primeira oportunidade será necesario obter como mínimo o 25% da nota máxima nas prácticas de laboratorio e, igualmente, o 25% da nota máxima final dos controis escritos, e ter unha nota total (prácticas máis problemas máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- Na segunda oportunidade soamente se poderá recuperar a nota do exame. As
notas de prácticas e de problemas serán as obtidas durante o curso. Para os alumnos que utilicen a oportunidade adiantada de decembro utilizaranse as notas de prácticas e problemas que obtiveran no seu
último curso. Nesta oportunidade só será necesario para aprobar obter unha nota total igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. Os que teñan concedida a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase só terán que realizar as prácticas correspondentes á avaliación continua e poderán escoller o horario que máis lles conveña entre os dispoñibles para a realización dos controis escritos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
David A. Patterson, John L. Hennessy (2014). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers
Thomas L. Floyd (2009). Digital Fundamentals (10th Edition). Pearson International Edition
Javier García Zubía (2003). Problemas resueltos de electrónica digital . Thomson
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2015). Problemas resueltos de estructura de computadores (2ª ed.). Paraninfo |
|
Bibliografía complementaria
|
David M. Harris & Sarah L. Harris (2013). Digital Design and Computer Architecture. Morgan Kaufmann Publishers
Miles J. Murdocca y Vicent P. Heuring (2002). Principios de arquitectura de computadoras. Prentice Hall |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Informática Básica/614G01002 | Matemática Discreta/614G01004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Tecnoloxía Electrónica/614G01005 |
|
Materias que continúan o temario |
Estrutura de Computadores/614G01012 |
|
Observacións |
Recoméndase utilizar as horas de titorías dos profesores que correspondan aos grupos de problemas para consultas ou resolución de dúbidas sobre os exercicios da materia. |
|