O sistema de avaliación que se prantexa é de avaliación continua, no que cada unha das partes ten un peso específico para o cómputo da nota final da materia. Se un/ha alumno/a non presentase a calquera dos catro elementos de avaliación (prácticas de laboratorio; proxecto de investigación; presentación oral; ou proba obxectiva), tería como nota na avaliación continua un "non presentado".
No caso de que a nota na avaliación continua sexa un "non presentado" ou que non se obteñan os mínimos esixidos para superar a materia polo sistema de avaliación continua, os estudantes poderán presentarse a unha proba obxectiva única que comprenderá toda a materia. Esa proba obxectiva constará de preguntas curtas e/ou de resposta múltiple e de exercicios prácticos.
Aos estudantes que teñan superada a proba do proxecto de investigación e da presentación oral cunha nota igual ou superior a 5, faráselle promedio da nota obtida na proba obxectiva (60%), e no proxecto de investigación (40%).
Aqueles estudantes que non participaran activamente nun dos grupos do traballo de investigación e non teñan superada dita proba deberán entregar un proxecto de investigación individual. Neste caso, a proba obxectiva contribuirá ao 60% da nota final e o traballo de investigación individual contribuirá ao 40% da nota final.
A proba obxectiva única farase nas datas que estableza o centro nos calendarios oficiais de exames.
O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia terá que avaliarse, preferentemente, mediante a realización da proba obxectiva única e o traballo de investigación individual.