Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Ferramentas web avanzadas Código 616G01036
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Gomez Garcia, Angel
Correo electrónico
angel.gomez@udc.es
Profesorado
Gomez Garcia, Angel
Correo electrónico
angel.gomez@udc.es
Web
Descrición xeral Actualmente existen múltiples ferramentas software que nos permiten dotar aos proxectos audiovisuais de mecanismos que facilitan aspectos tan importantes como a correcta edición, organización e publicación de información a través da Web. Entre estas ferramentas teremos: sistemas de xestión de blogs, sistemas de xestión de contidos deseñados para aplicacións específicas, sistemas de xestión orientados a proporcionar capacidades de colaboración directa con outros usuarios, sistemas capaces de integrar todo tipo de arquivos (texto, audio, vídeo) para o seu correcto acceso e visualización en rede, etc.
O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer aos alumnos a existencia destas ferramentas avanzadas e aprender a administrar algunhas das máis utilizadas para a súa integración na creación e xestión de proxectos audiovisuais.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer ferramentas útiles e amplamente empregadas para a creación e xestión de proxectos multimedia A2
A7
B8
C1
C2
C3
C4
Saber administrar e empregar determinadas ferramentas Web para a súa inclusión en proxectos audiovisuais A2
A8
B8
C2
Recoñecer termos e funcións propios das tecnoloxías da información e as comunicacións co obxectivo de mellorar a colaboración no desenvolvemento de proxectos complexos nos que participen profesionais de distintas áreas A7
A8
B8
C2
Deseñar e desenvolver un proxecto multimedia que integre múltiples ferramentas Web tendo en conta aspectos como: as tecnoloxías informáticas existentes, a representación adecuada de datos multimedia, a inclusión de capacidades sociais e de comunicación a través da Web A2
A7
B8
C1
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Creación de blogs, foros e wikis 1.1. Tecnoloxías de blogs
1.2. Tecnoloxías de foros
1.3. Tecnoloxías de wikis
2. Posicionamento en buscadores: estratexias de visibilidade na rede 2.1. Posicionamento en buscadores: estratexias de visibilidade na rede
3. Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web 3.1. Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web
4. Plataformas de distribución de video e audio na rede 4.1. Plataformas de distribución de video e audio na rede
5. Xestores de contidos e webs dinámicas 5.1. Xestores de contidos e webs dinámicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 A8 B8 C2 C4 3 9 12
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 14 98 112
Proba obxectiva A7 A8 B8 C2 1 0 1
Presentación oral A8 B8 C2 1 1 2
Sesión maxistral A2 A7 A8 B8 C1 C2 C3 C4 21 0 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Proxectos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio
Prácticas de laboratorio - Emprego de ferramentas de xestión de blogs, foros e wikis
- Técnicas de posicionamento en buscadores
- Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web
- Plataformas de distribución de video e audio na rede
- Xestores de contidos e webs dinámicas
Proba obxectiva Proba de avaliación dos contidos da materia
Presentación oral Exposición dos traballos tutelados
Sesión maxistral Presentación dos aspectos teóricos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada está enfocada a apoiar ao alumno na compresión das diferentes técnicas mediante o apoio nas titorías e a resolución das dúbidas que xurdan nas clases maxistrais.

Tamén, se lle prestará axuda ao alumno nas dúbidas que podan xurdir na realización das prácticas e durante a aprendizaxe mediante os traballos tutelados, para un mellor aproveitamento e comprensión dos coñecementos vistos na clase.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A8 B8 C2 C4 Avaliarase a calidade dos proxectos realizados nos diferentes aspectos da asignatura 30
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 Seguemento das prácticas a realizar no laboratorio 30
Proba obxectiva A7 A8 B8 C2 Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da asignatura 40
Presentación oral A8 B8 C2 0
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. Esta nota mínima será de 4 puntos sobre un máximo de 10 puntos. En caso de non chegar á nota mínima nalgunha das partes, a máxima nota
global que se poderá acadar é dun 4.5.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto cos profesores da asignatura para posibilitar a realización das tarefas fora da organización habitual de materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Richardson, William (2010). Blogs, wikis, podcasts, and other powerful web tools for classrooms. Ed. Corwin Press
Carazo Gil, Francisco Javier (2011). Domine WordPress: manual práctico. Ed. Ra-Ma
Wright-Porto, Heather (2011). Google Blogger. Ed. Anaya Multimedia
Maciá Domene, Fernando (2009). Posicionamiento en buscadores. Ed. Anaya Multimedia
Woods, Dan; Thoeny, Peter (2007). Wikis For Dummies. Ed. John Wiley & Sons

Bibliografía complementaria

- WordPress. http://wordpress.org

- Blogger. http://www.blogger.com

- phpBB. http://www.phpbb.com

- MediaWiki. http://www.mediawiki.org

- DokuWiki. https://www.dokuwiki.org

- Drupal. https://www.drupal.org


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendase ao alumno, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías