Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Transmitir mensaxes audiovisuais. |
A1
|
|
|
Realizar produtos audiovisuais. |
A2
|
|
|
Dominar diferentes técnicas relativas á creación e á produción audiovisual. |
A7
|
|
|
Ter coñecemento dos principais códigos da mensaxe audiovisual. |
A12
|
|
|
Expresarse con corrección, tanto a nivel oral como a nivel escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
B6
|
|
Comprender e expresarse con corrección, a nivel oral e escrito, nun idioma estranxeiro. |
|
B7
|
|
Utilizar os instrumentos básicos das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida. |
|
B8
|
|
Desenvolverse para formar parte dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria a fin de poder analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e ofrecer solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
B9
|
|
Ser capaz de comprender a relevancia da cultura emprendedora e de coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
|
C1
|
Valorar de maneira crítica o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñíbel para resolver os problemas que deben encararse no exercicio da profesión. |
|
|
C2
|
Aceptar como cidadán/á e como profesional a relevancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
|
C3
|
Ser capaz de se desenvolver para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, para poder analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e ofrecer solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Expresión oral |
1.1. Vocalismo e consonantismo
1.2. Modelos de entoación
1.2. Dicción e locución
1.3. Estratexias de comunicación oral
|
2. Expresión escrita
|
2.1. O estándar ortográfico e morfolóxico. Aproximación á normativa da lingua galega
2.2. Un modelo culto para o galego: a necesidade da diferenza (exemplificación nalgúns fenómenos: CD sen “a”, infinitivo flexionado, futuro do subxuntivo etc.)
2.3. Principais particularidades da lingua escrita |
3. Tipoloxía discursiva
|
3.1. Textos escritos e textos orais formais // Planificación, redacción e revisión de textos monolóxicos (presentacións) e dialóxicos (debates, mesas redondas) // Xéneros discursivos nos medios de comunicación
3.2. Linguaxe de especialidade: o galego profesional no ámbito da comunicación audiovisual // Vocabulario técnico e fraseoloxía |
4. Comunicación non verbal
|
4.1. Linguaxe corporal
4.2. Cortesía
4.3. Técnicas de dramatización |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C4 |
6 |
36 |
42 |
Sesión maxistral |
A7 A12 B9 C1 C2 |
14 |
15 |
29 |
Obradoiro |
A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 |
17 |
16 |
33 |
Presentación oral |
A1 A12 B6 |
2 |
18 |
20 |
Proba mixta |
A1 A7 B6 B8 C2 |
3 |
20 |
23 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
O/a estudante deberá entregar un traballo colectivo (máximo, 3 estudantes por grupo), fixado polo profesorado no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e a colaboración entre o alumnado. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter teórico-práctico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo. |
Obradoiro |
Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos). |
Presentación oral |
Os/as alumnos/as deberán presentar oralmente o traballo colectivo. Nesta proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio. |
Proba mixta |
Proba con exercicios de diferente tipo en que se avalían os coñecementos e as competencias adquiridas a través das sesións maxistrais e das aulas de obradoiro. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que o/a alumno/a informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, o/a estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto do desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento quer por medio do correo electrónico.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C4 |
O profesorado encomendará un traballo tutelado, que será realizado de forma colaborativa por grupos de até 3 persoas. No traballo aplicaranse os coñecementos adquiridos sobre lingua galega a algún proxecto relacionado coa comunicación audiovisual.
|
40 |
Obradoiro |
A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 |
Ao longo do cuadrimestre serán realizados diferentes exercicios prácticos na sesións presenciais. Serán avaliados a súa entrega, o uso adecuado dos recursos e metodoloxías suxeridas e a progresión no proceso de aprendizaxe. |
15 |
Presentación oral |
A1 A12 B6 |
Os/as alumnos/as terán que realizar unha presentación oral do traballo colectivo, orientada á demostración da súa competencia comunicativa. |
10 |
Proba mixta |
A1 A7 B6 B8 C2 |
Nesta proba o alumnado terá que realizar diferentes exercicios de corrección e produción de textos, para avaliar os coñecementos e competencias adquiridas durante todo o cuadrimestre. |
35 |
|
Observacións avaliación |
O traballo tutelado, a presentación oral e a proba mixta teñen carácter obrigatorio. Para superar a materia será condición indispensábel obter unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10, tanto no traballo tutelado como na proba mixta. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final do traballo tutelado se este for entregado fóra de prazo sen causa xustificada. Considerarase non presentado na materia quen non entregar o traballo tutelado, non fixer a presentación oral e/ou non se presentar á proba mixta. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non superasen a materia terán que entregar o traballo tutelado só se este non foi entregado na convocatoria anterior ou se non obtivo unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10. No seu caso, o prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade. O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: traballo tutelado (60%) e proba mixta (40%). O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade. O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica. Deberá entrar en contacto co profesor antes de acabar o mes de novembro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
GRAMÁTICAS Álvarez Blanco, R. / Xove, X. (2002): Gramática da lingua galega (Vigo:
Galaxia). Freixeiro Mato, X. R. (2006) [1998]: Gramática da lingua galega. I. Fonética e
fonoloxía (Vigo: A Nosa Terra). Freixeiro Mato, X. R. (2006) [1999]: Gramática da lingua galega. III. Semántica
(Vigo. A Nosa Terra). Freixeiro Mato, X. R. (2006) [2000]: Gramática da lingua galega. II. Morfosintaxe (Vigo: A Nosa Terra). Freixeiro Mato, X. R. (2006) [2003]: Gramática da lingua galega. IV. Gramática do texto (Vigo: A Nosa
Terra). Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica
(Morfosintaxe) (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco). López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda
Leirado, M. [2010] (2011): Gramática Práctica da Lingua Galega. Comunicación
e Expresión (A Coruña: Baía Edicións). DICIONARIOS Carballeira Anllo, X. M. (2009): Gran Dicionario Xerais da Lingua (Vigo: Xerais). Ledo
Cabido, B. (dir.) (2004): Dicionario de
galego (Vigo: Ir Indo). López
Taboada, C. / Soto Arias, M. R. (2008): Dicionario
de fraseoloxía galega (Vigo: Xerais). Pena, X. R.
(coord.) (2004): Gran
dicionario Cumio da lingua galega (Vigo: Edicións do Cumio). Pena, X. R. (coord.) (2005): Gran
dicionario Século XXI da lingua galega
(Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio). CADERNOS DE EXERCICIOS Medrano Martínez, C. l. (ed.) (2006): Proxecto
Artello. Ortografía 1 (A Coruña: Rodeira-Grupo Edebé). Medrano
Martínez, C. l. (ed.) (2006): Proxecto Artello. Ortografía 2 (A Coruña:
Rodeira-Grupo Edebé). Pena, X. R. / Rosales, M. [1987] (2006): Manual e exercicios de galego urxente (Vigo:
Edicións Xerais de Galicia). |
Bibliografía complementaria
|
|
Briz Gómez, Antonio (coord.) (2008). Saber hablar (Madrid: Aguilar). Domínguez Dapena,
Cristina (2004): Técnicas
de expresión oral. O uso expresivo da voz (Vigo: Galaxia). Estrela, E. / Soares, M. A. / Leitão, M. J. (2003): Saber
Escrever. Saber Falar. Um guia completo para usar correctamente a língua portuguesa (Lisboa: Dom Quixote). Gimeno Terraza, I. (coord.) (2000): Expresión oral. Hablar bien en público (Barcelona:
Larousse). Gomes, A. / Cavacas, F. (2005): Escutar. Falar.
Oralidade, Lisboa (Lisboa: Clássica Editora). González
Rei, B. (2004): Ortografía da lingua
galega (A Coruña: Galinova Editorial). Hermida, A.
(2006): Manual de conxugación verbal da
lingua galega (Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio). Hernández Guerrero, J. A. / García Tejera, M. C. (2004): El arte de hablar. Manual de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna (Barcelona: Ariel). Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega
(2005) [1982]: Normas ortográficas e
morfolóxicas do idioma galego (Santiago de Compostela: ILG / RAG). Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega
(2004): Vocabulario ortográfico da lingua
galega (Santiago de Compostela: ILG / RAG). Edición dixital en
http://www.realacademiagalega.org/volga Losada Aldrey, M. C. / Cid Fernández, A. / Fernández Carballido, X. (2017). Para dar trela. Manuel práctico de fraseoloxía galega (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades). Edición dixital en http://www.cirp.gal/pub/docs/frase/para_dar_trela.pdf Morales, C. J. (2001): Guía para hablar en público (Madrid: Alianza). Pazó Fernández, Edith (2005). Dicionario galego de televisión (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, CRTVG). Edición dixital en http://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicTV.pdf Regueira, X. L. (2005):"Estándar oral". En
Álvarez e Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: 69-95 (Santiago de Compostela: Consello da
Cultura Galega). Regueira, X.L. (2012). Oralidades. Reflexións sobre a lingua falada no século XXI (A Coruña: RAG). Servizo de Normalización Lingüística da Universidade
da Coruña (2006): Criterios para o uso da
lingua (A Coruña: Universidade da Coruña). Servizo de Normalización Lingüística da Universidade
da Coruña (2006): Sobre a calidade da
nosa lingua (A Coruña: Universidade da Coruña). Scott, Bill (2000): La comunicación oral y escrita para
directivos y profesionales (Deusto: 2000). |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|