Nas dúas oportunidades de avaliación é necesario obter 5 puntos para superar a materia. Ningunha das partes da avaliación é excluínte. A nota final será a media ponderada de cada unha das partes da avaliación.
Na primeira oportunidade, a cualificación final virá determinada de acordo ás porcentaxes establecidas nesta GD.
Na segunda oportunidade de avaliación, a proba obxectiva cualificarase con 10 puntos indicándose no encabezado da proba a porcentaxe de cada un dos apartados (60% parte teórica e 40% suposto práctico).
Para alumnos con matrícula parcial, lesionados ou asimilados, acordarase co profesor a forma de avaliación. A proba obxectiva constituirá o 60% da avaliación, adaptando a cada caso o 40% restante entre os traballos tuteados e a proba ou suposto práctico.
O idioma de impartición de clases e de realización da proba obxectiva é o castelán. Se algún alumno desexa realizar a proba obxectiva noutro idioma deberá solicitalo por escrito ao profesor, con dez dias de antelación.
Para optar á máxima puntuación na práctica da vela, é imprescindible asistir ao 70% das sesións prácticas.