Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Proxectos 2 Código 630G02006
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Muñoz Fontenla, Luis W
Correo electrónico
l.w.munoz.fontenla@udc.es
Profesorado
Di Felice Vázquez, Mario Francisco
Iglesia Perez, Manuel de la
Lopez Bahut, Maria Emma
Muñoz Fontenla, Luis W
Correo electrónico
m.difelice@udc.es
m.iglesia1@udc.es
emma.lopez.bahut@udc.es
l.w.munoz.fontenla@udc.es
Web
Descrición xeral En Proxectos 2 elíxese un ámbito xeográfico do territorio galego para o emprazamento e desenvolvemento dos exercicios. A selección está en función do interese paisaxístico, cultural e patrimonial do lugar e da pertinencia e adecuación do mesmo aos obxectivos e exercicios expostos.

Os traballos do cuadrimestre, situados nun mesmo ámbito xeográfico, ordénanse por fases sucesivas relacionadas entre si.

Un obxectivo fundamental é ensinar ao alumno para proxectar desde o lugar, a partir do medio físico natural/rural e o seu espírito, para o que deberá desenvolver habilidades e estratexias específicas.

O método docente baséase en "aprender facendo" nun lugar concreto. Os temas dos dous exercicios cuadrimestrais propostos serán de dificultade crecente. Trátase de fomentar unha progresión na aprendizaxe coa que o propio alumno senta estimulado.

O concepto do espazo arquitectónico, a súa expresión formal e a relación co lugar deben conformar unha parte esencial dos coñecementos adquiridos.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O resultado da aprendizaxe da materia é o coñecemento esencial e específico do título de Grado: a capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozo e anteproxectos. Na preparación e desenvolvemento do curso e na selección de lugares e proxectos prestarase especial atención ao respecto pola natureza e ao emprego de boas prácticas ambientais. A34
A37
A39
A50
A53
A55
A56
A57
A63
B1
B2
B3
B6
B10
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1_COMPRENDER/COÑECER UN LUGAR.
Entende-lo territorio contextualmente como un soporte complexo de realidades naturais e antropolóxicas.
1.1. Coñecemento presencial do lugar designado.
-Identidade do lugar.

1.2. Análise do espazo dende diferentes perspectivas: xeográfica, paisaxística, cultural e histórica.
-Recursos e métodos.

1.3. Síntese persoal do lugar.
2_APREHENDER UN LUGAR.
Relacións entre o lugar e a arquitectura.
Ámbito natural: Medio natural / Unidade de paisaxe,
Medio natural / Medio artificial do núcleo rural.
2.1. As preexistencias.

2.2. A escala como recurso.
-Noción de escala do medio natural.

2.3. Espazo comunitario e espazo privado.
Categorías espaciais.
3_ PROXECTAR O LUGAR.
A ocupación e vivencia dun espazo de carácter natural-rural.
3.1. Obxectivos.
-Desenrolo de elementos propios do ámbito natural-rural.
-Condicionantes de relación: preexistencias naturais/artificiais, paisaxe, estruturas do lugar (topografía, clima, escala, materialidade-tectónica, viarios, etc.).

3.2. Espazo arquitectónico exterior-interior.
- Tramas, texturas, límites, proporcións, ritmos, formas, escala, percepción háptica, luz.

3.3.Cometidos.
-O espazo como medio social.
-O espazo como medio funcional.
4_ PROCESOS.
Desenrolo dun sistema de ferramentas para o proxecto arquitectónico.
4.1. Elaboración do proxecto a través de bosquexos, esquemas, planos, maquetas.
-Ideación como articulación.
-Formalización como concreción.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A34 A37 A53 A55 A56 A57 B3 B12 C4 1 0 1
Sesión maxistral A34 A37 A39 A50 A55 A56 A57 B6 B10 B12 C8 10 0 10
Proba obxectiva A34 A37 C1 C3 4 0 4
Discusión dirixida A34 A37 C1 C6 6 0 6
Saídas de campo A34 A37 A55 A56 A57 B12 C4 C8 4 0 4
Obradoiro A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 24 73 97
Análise de fontes documentais A34 A37 A53 A55 A56 A57 B6 0 6 6
Lecturas A34 A37 B1 B2 B3 B6 0 6 6
Esquemas A34 A37 A53 A55 A56 B6 0 6 6
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos obxectivos, contidos e metodoloxías da materia. Introdución sobre o lugar no que se vai traballar, expoñendo os proxectos que se desenvolverán nel ao longo do cuadrimestre.
Sesión maxistral Exposición oral, con apoio multimedia, dos contidos teóricos da materia, co obxectivo de trasladar coñecementos, fomentar o seu desenvolvemento e facilitar ao alumno a elaboración do traballo específico do Obradoiro. Estimulando a súa aprendizaxe autónoma.
Proba obxectiva Desenvolvemento na aula dunha práctica que demostre de forma sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno ao redor dos temas tratados no desenvolvemento dos exercicios de curso.

Esta proba poderá incluír preguntas sobre os temas tratados nas Clases Maxistrais.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por el profesor.
Saídas de campo Visita ao lugar onde se desenvolverán os traballos do cuadrimestre. O obxectivo é a observación directa e sistemática do lugar, recollendo información, toma de datos, bosquexos, análise, etc.
Obradoiro O Obradoiro é a modalidade formativa básica da materia. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversos métodos (prácticas individuais e en grupo, exposición dos traballos, debates e comentarios, así como a docencia individualizada).

A través do obradoiro, o alumnado desenvolverá os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado.

Aprendizaxe colaborativa: A clase organízase en pequenos grupos, onde os alumnos co profesor traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas. Desta forma procúrase reunir e compartir a máxima información posible (toma de datos e medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, análise da parcela, procura de exemplos, construción da maqueta xeral do emprazamento, etc.). O obxectivo é optimizar a aprendizaxe.

Realizaranse exposicións orais complementarias sobre os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia e desenvolver as prácticas do obradoiro.

Os resultados do Obradoiro, colectivos e individuais, formarán parte do Portafolio do alumno.
Análise de fontes documentais Constitúe a recompilación e proceso de datos que o alumno elaborou a partir das sesións teóricas e das consultas en bibliotecas e outros arquivos.

Este traballo recollerase no Portafolio do alumno.
Lecturas Lectura crítica da bibliografía facilitada e da complementaria seleccionada polo alumno. Resumos e anotacións do lido sintetizando os contidos fundamentais e as principais ideas.

Este traballo recollerase no Portafolio do alumno.
Esquemas Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados coas reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos. Vinculados aos lugares de traballo e ao desenvolvemento da cada un dos exercicios propostos.

Este traballo recollerase no Portafolio do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
O profesor responsable do taller simultaneará o seguimento colectivo do grupo co de cada alumno, garantindo a evolución do proceso proyectual individual.

Esta atención personalizada estenderase á docencia do Obradoiro compartido con outras materias.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A34 A37 C1 C3 A proba obxectiva consistirá nunha práctica que demostre de maneira sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno ao redor dos temas tratados ao longo dos exercicios do curso.

Esta proba poderá incluír preguntas sobre os temas tratados nas Clases Maxistrais.
20
Obradoiro A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Proxectos 2 impartirase no Obradoiro ao longo de aproximadamente 30 encontros, dos cales 15 son de docencia compartida.

Cualificarase a través dunha avaliación continua onde o alumno desenvolverá un traballo constante, con resultados parciais que mostren unha progresión ascendente. Os requisitos imprescindibles, ademais da calidade e a progresión ascendente do traballo de curso, son:
1º. Ter entregados todos os exercicios nos prazos e forma indicados na materia.
2º. Acreditar unha asistencia mínima, tanto ao obradoiro como á docencia compartida, do 80% en cada unha delas.

O traballo persoal do alumno cualificarase a través de dous exercicios desenvolvidos durante o cuadrimestre, realizados no Obradoiro, recollidos no Portafolios.
80
Análise de fontes documentais A34 A37 A53 A55 A56 A57 B6 Este traballo recollerase no Portafolios do alumno e avaliarase co traballo do obradoiro. 0
Esquemas A34 A37 A53 A55 A56 B6 Este traballo recollerase no Portafolios do alumno e avaliarase co traballo do obradoiro. 0
Lecturas A34 A37 B1 B2 B3 B6 Este traballo recollerase no Portafolios do alumno e avaliarase co traballo do obradoiro. 0
 
Observacións avaliación

Para superar a materia en primeira oportunidade é necesario cumprir os seguintes tres requisitos:

1_Asistencia mínima do 80 % ás clases das materias.

2_Ter todos os traballos do curso presentados en data de entrega e cun contido propositivo e completo, acorde ao cronograma da materia. Non se permitirá completar ou modificar os traballos da materia carentes do desenvolvemento suficiente fora da data de entrega.

3_Realizar a proba obxectiva. Esta proba é eliminatoria, a cualificación mínima para aprobar a materia é apto.

Se non se cumpre un dos tres requisitos antes apuntados, a cualificación será de "Non presentado".

En caso de incumprir os dous primeiros requisitos, a segunda oportunidade manterá a cualificación de "Non presentado", ao non cumprir a condición de avaliación continua.

Non se admitirán ampliacións dos traballos entre primeira e segunda oportunidade.

Baremo na primeira oportunidade: -80% corresponde ao traballo desenvolvido durante o cuadrimestre. -20% corresponde á proba obxectiva.

Baremo na segunda oportunidade: -50% corresponde ao traballo desenvolvido durante o cuadrimestre. -50% corresponde á proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica ARNHEIM, R. (1979). Arte y percepción visual. Psicología del ojo creador. Madrid: Alianza Editorial
ROWE, C. (1981). Ciudad collage. Barcelona: Gustavo Gili
DESPLAZES, A. (2010). Construir la Arquitectura. Del material en bruto al edificio. Barcelona: Gustavo Gili
McHARG, I. L. (1969). Design with nature. Garden City, Nueva York: Natural History Press
TANIZAKI, J. (2017). El elogio de la sombra. Madrid:Siruela
NORBERG-SCHULZ, Ch. (1975). Existencia, espacio y arquitectura. Barcelona: Gustavo Gili
NORBERG-SCHULZ, Ch. (1980). Genius Loci. Barcelona: Gustavo Gili
MONEO, R. (2004). Inquietud teórica y estrategia proyectual. Barcelona: Gustavo Gili
RASMUSSEN, S. E. (2000). La experiencia de la arquitectura. Sobre la percepción de nuestro entorno. Madrid: Celeste
LYNCH, K. (1998). La imagen de la ciudad. Barcelona: Gustavo Gili
SOLÁ-MORALES, M. (1997). Las formas de crecimiento urbano. Barcelona: UPC
MARTÍ ARÍS, C. (1993). Las variaciones sobre la identidad. Barcelona: El Serbal
HERTZBERGER, H. (1991). Lessons for students in architecture. Rotterdam: 010 Publishers
PALLASMA, J. (2014). Los ojos de la piel. La arquitectura y los sentidos. Barcelona, Gustavo Gili
LE CORBUSIER. (2014). Mensaje a los estudiantes de arquitectura. Buenos Aires: Infinito
ZEVI, Bruno (1981). Saber ver la arquitectura. Barcelona: Poseidón
MONTANER, J. M. (2008). Sistemas arquitectónicos contemporáneos. Barcelona: Gustavo Gili
ALEXANDER, Ch. (1980). Un lenguaje de patrones. Barcelona: Gustavo Gili
CARERI, F. (2002). Walkscapes. El andar como práctica estética. Barcelona: Gustavo Gili

Bibliografía complementaria

-ABALOS, I. (2010). Naturaleza y artificio. Barcelona: Gustavo Gili.
-CORTÉS, J.A. y MONEO, J.R. (1976). Comentarios sobre dibujos de 20 arquitectos actuales. Barcelona: ETSAB.
-DE LLANO, P. (2006). Arquitectura popular en Galicia: Razón y construcción. Santiago de Compostela: Xerais.
-GAUSA, M. et. al. (2002). Diccionario Metapolis de Arquitectura Avanzada. Barcelona: Actar.
-KANDINSKY, Wassily (2007). Cursos de la Bauhaus. Madrid: Alianza Editorial.
-KLEE, Paul (1972). Pedagogical sketchbook. Nueva York: Praeger Publishers.
-LENAGHAN, P et al. (2016). Una mirada de antaño: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia. A Coruña: Afundación, The Hispanic Society of America.
-MUNARI, B. (2005). El arte como oficio. Barcelona: Idea Books.
-MUNTAÑOLA Th., J. (2004). Arquitectura y contexto. Barcelona: UPC.
-OTERO PEDRAYO, R. (2009). Paisaxe e cultura. Vigo: Galaxia.
-VILLARES, R. (2004). Historia de Galicia. Vigo: Galaxia.

-ALONSO PEREIRA, J.R. (2005). Introducción a la historia de la arquitectura. Barcelona: Reverté.
-BALDELLOU, M.A. (1995). Arquitectura moderna en Galicia. Barcelona: Electa.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeometría Descritiva/630G02003
Introdución á Arquitectura /630G02005
Debuxo de Arquitectura/630G02002
Análise de Formas Arquitectónicas/630G02007
Construción 1/630G02010
Proxectos 1/630G02001
Xeometría da Forma Arquitectónica/630G02014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise Arquitectónico 1/630G02012

Materias que continúan o temario
Proxectos 3/630G02011

Observacións

Condicións específicas relativas á mobilidade para alumnos saíntes e entrantes:

Dado que o curso de Proxectos 2 persigue unha evaluación continua para todos os alumnos inclusive aqueles que se atopen en mobilidade, saínte ou entrante, rexerán as mesmas condicións de evaluación para todo alumnado sen perxuicio de que se preste atención específica ao alumnado entrante por causa lingüística ou diferenzas manifestas entre a escola de orixe e destino.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías