Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade para a adecuada comprensión e expresión, oral e escrita, nas linguas oficiais da Comunidade autónoma ou lingua inglesa, de contidos e informes dentro do contexto científico técnico propio da súa disciplina. |
A19
|
B1 B2 B3 B4
|
C1 C2 C6
|
Capacidade para empregar un vocabulario técnico axeitado propio da Fisioterapia. |
A19
|
B2 B3 B4
|
C1 C2
|
Capacidade para estruturar, analizar, razoar criticamente, sintetizar e presentar ideas e teorías complexas. |
A1 A2 A3
|
B2 B3
|
C4 C6
|
Capacidade para traballar con responsabilidade, de forma organizada e planificada, incorporando os principios éticos e legais da profesión |
A14
|
B5
|
C7 C9
|
Dominio das ferramentas básicas das TIC e fontes de documentación propias do ámbito sanitario e en concreto de Fisioterapia. |
A15 A17
|
B1 B3 B5
|
C3 C9
|
Capacidade para xestionar a información e o coñecemento no seu ámbito disciplinar. |
A1 A2 A3 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C8 C9
|
Desenvolvemento de habilidades básicas de investigación. |
A14 A15 A17
|
B1 B3 B4 B5
|
C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
O Traballo Fin de Grao pode adoptar algunha das seguintes modalidades:
1. Revisión bibliográfica: esta modalidade pretende describir de forma actualizada o estado de coñecemento dun ámbito concreto da realidade de investigación sanitaria.
2. Proxecto de investigación: o propósito é achegar información útil e aplicable para o desenvolvemento dun proxecto de investigación novo.
3. Traballo de investigación: o obxectivo será comunicar os resultados orixinais derivados do proceso de investigación levado a cabo polo/a estudante. Aceptaríase dentro desta modalidade de TFG a realización dun estudo piloto.
4. Caso clínico real: implica a exploración, intervención e seguimento dun caso clínico real, onde o/a estudante poida pór de manifesto as competencias adquiridas ao longo do seu proceso formativo.
5. Experiencia de Aprendizaxe e servizo: é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden ao traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo. En definitiva, a aprendizaxe-servizo é un método para unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores. Aprender a ser competentes sendo útiles aos demais. (http://www.udc.es/ocv/aprendizaxe_servizo/)
Á súa vez, o tema do Traballo Fin de Grao poderá ser elixido libremente polo/a estudante, a condición de que faga referencia a algún dos contidos formativos incluídos nas materias do plan de estudos do Título de Grao en Fisioterapia, en consonancia coas competencias recollidas na ORDE CIN/2135/2008, de 3 de xullo.
No entanto, a efectos organizativos, propoñense as liñas de traballo que figuran a continuación: |
1. Fisioterapia Neurolóxica.
2. Fisioterapia Deportiva.
3. Diagnóstico e intervención fisioterápica nas principais disfuncións do complexo nocello-pé: fiabilidade, validez e eficacia.
4. Análise biomecánica do movemento. Rehabilitación da marcha en problemas neurolóxicos. Control motor. Exercicio físico e lesións deportivas.
5. Manexo da evidencia científica en Fisioterapia. Nutrición en Fisioterapia.
6. Fisioterapia nos maiores.
7. Fisioterapia respiratoria nas enfermidades do sistema respiratorio e outros procesos clínicos.
8. Fisioterapia Obstétrica e uroginecológica
9. Fisioterapia na prevención da enfermidade e promoción da saúde.
10. Fisioterapia en Traumatoloxía.
11.A nálisis biomecánico do movemento.
12. Tratamento 3D da escoliose a través do método FED.
13. Fisioterapia nas disfuncións do sistema neuro-músculo-esquelético.
14. Fisioterapia nas patoloxías relacionadas cos linfedemaes e problemas vasculares.
15. Efectos neurofisiológicos da Terapia Manual.
16. Sistema nervioso periférico.
17. Novas estratexias terapéuticas na avaliación e tratamento da enfermidade de Parkinson. Avaliación neurofisiológica da fatiga do sistema motor.
18. Epidemioloxía, prevención e tratamento activo da dor músculo-esquelético (DME). Impacto do DME na calidade de vida relacionada coa saúde (CVRS).
19. Disfunción da articulación témporo-mandibular.
20. Análise morfofuncional do sistema músculo-esquelético mediante ecografía. Fisioterapia nas disfuncións do sistema neuro-músculo-esquelético.
21. Electroterapia en Fisioterapia.
22. Rehabilitación acuática. Neurociencia aplicada á rehabilitación.
23. Intervención fisioterápica en nenos con patoloxía neurolóxica |
A materia Traballo fin de Grao ten asignados 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do/a estudante.
A actividade presencial está representada por 13 horas distribuídas da seguinte maneira:
- 2 horas corresponden ao seminario inicial co responsable académico da materia onde se explican os distintos procedementos relacionados coa materia (elección do director, regulamento, modalidades de traballo, entrega do TFG,...) e acláranse todas as dúbidas que poidan xurdir.
- 10 horas distribuídas ao longo do segundo cuadrimestre destinaranse ás reunións presenciais co titor, para realizar un adecuado seguimento do TFG.
- 1 hora corresponde á presentación oral e defensa do TFG ante o Tribunal de avaliación.
As 137 horas restantes corresponden ao traballo non presencial por parte do estudante: selección do tema, cronograma de traballo e elaboración do TFG e preparación da súa presentación e defensa |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
A1 A2 A3 A19 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C6 C8 C9 |
1 |
9 |
10 |
Actividades iniciais |
A17 C7 |
2 |
0 |
2 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 |
0 |
128 |
128 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactuar dun modo ordenado, formulando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
O alumno realizará unha defensa do seu Traballo fin de grao ante un Tribunal composto por 3 membros: Presidente, Secretario e Vogal. A súa exposición terá unha duración máxima de 10 minutos transcorridos os cales quedará a disposición do Tribunal para aclarar, responder ou afondar en todas aquelas cuestións que se lle soliciten. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
A finalidade deste seminario de 2 horas de duración é dar a coñecer aos estudantes matriculados o Regulamento de elaboración do TFG, a temporalización e datas relevantes, o proceso de solicitude de director/a e de elección da temática concreta, as diferentes modalidades posibles, o sistema é criterios de avaliación, así como dar resposta as posibles dúbidas con respecto á materia. Este seminario será impartido polo profesor responsable da xestión académica da materia TFG, neste caso o Secretario/a Académico/a. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Á súa vez, a metodoloxía traballo tutelado pode incluir o emprego, illado ou combinado, doutras metodoloxías docentes como Análise de fontes documentais, aprendizaxe e servizo ou práctica clínica, en función da modalidade de traballo seleccionado.
A cada alumno asignaráselle un director/a para a elaboración do seu Traballo fin de Grao (TFG). O devandito titor encargarase de asesorar o estudante así como de realizar un seguimento do seu traballo comprobando que adquire as competencias inherentes a este, e que cumpre cos requisitos especificados na normativa. Unha vez o alumno finaliza o seu TFG, o director/a deberá emitir un informe favorable para que poida solicitar a súa defensa ante o Tribunal de avaliación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Para a súa realización é importante consultar co/a director/a os avances que se vaian acadando progresivamente para recibir as orientacións necesarias en cada caso, asegurando a calidade dos traballos de acordo aos criterios establecidos. O seguimento farase preferentemente de forma individualizada mediante titorías virtuais ou presenciais.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 |
Elaboración e presentación, en tempo e forma, dunha memoria do Traballo de Fin de Grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas.
|
70 |
Presentación oral |
A1 A2 A3 A19 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C6 C8 C9 |
Presentación e defensa ante o Tribunal universitario dun traballo fin de grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas. |
30 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación da presentación oral e posterior defensa do Traballo Fin de Grao será realizada polo tribunal designado, representando un 30% da cualificación final. Da mesma forma, este tribunal emitirá unha calificación da memoria do Traballo Fin de Grao que representará o 40% da cualificación final. Ambas calificacións deberán ser motivadas. O restante 30%, corresponde coa cualificación emitida polo director/a do Traballo Fin de Grao no momento do seu depósito, para o cal deberá empregar o modelo de informe do director/a facilitado por parte da Secretaría Académica. Tal cualificación deberá ser motivada, e valorará tanto a calidade final do Traballo Fin de Grao presentado como a avaliación continuada do/a estudante. Os requisitos para a matricula e a defensa do TFG estarán en todo caso determinados pola normativa vixente que adopte a Universidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vallejo-Nájera, Juan Antonio (2010). Aprender a hablar en público hoy : cómo cautivar y convencer por medio de la palabra . Barcelona : Planeta
Day, Robert A (2008). Cómo escribir y publicar trabajos científicos. Washington : Organización Panamericana de la Salud
[CONSORT Group.] Schulz KF, Altman DG, Moher D (2010). CONSORT 2010 Statement: Updated guidelines for reporting parallel group randomised trials.. J Clin Epidemiol. 2010 Aug;63(8):834-40
Martín Vivaldi, Gonzalo (1993). Curso de redacción del pensamiento a la palabra : teoría y práctica de la composición y del estilo . Madrid : Paraninfo
Hulley, SB. et al. (2014). Diseño de las investigaciones clínicas. Ed. Barcelona: Lippincott williams and wilkins. Wolters kluwer health
José Luís R. Martín, Aurelio Tobías Garcés, Teresa Seoane Pillado (2006). El concepto salud a través de la síntesis de la evidencia científica. Toledo : FISCAM
Ruiz Morales A, Morillo Zárate LE. (2004). Epidemiología clínica: investigación clínica aplicada. Ed. Bogotá: Médica Internacional
Gómez-Conesa, A. (2012). Escala PEDro (traducción y adaptación española). https://www.pedro.org.au/wp-content/uploads/PEDro_scale_spanish.pdf
Renart Pita MA (2004). Escribir en Ciencias Biomédicas. Madrid: Aran Ediciones
Polgar, Stephen. (2014). Introducción a la investigación en ciencias de la salud. Barcelona : Elsevier
García JA, Ponce F, Ramírez Y, Lino L. (2011). Introducción a la metodología de la investigación en ciencias de la salud. Madrid: McGraw-Hill
Argimon Pallás JM, Jiménez Villa J. (2013). Métodos de investigación clínica y epidemiológica. Ed. Barcelona: Elsevier
[PRISMA Group] Moher D, Liberati A, Tetzlaff J, Altman DG (2009). Preferred reporting items for systematic reviews and meta-analyses: the PRISMA statement.. J Clin Epidemiol. 2009 Oct;62(10):1006-12
González IF, Urrútia G, Alonso-Coello P. (2011). Revisiones sistemáticas y metaanálisis: bases conceptuales e interpretación. Revista Española de Cardiología 64(8):688-696
[CARE Group] Gagnier JJ, Kienle G, Altman DG, Moher D, Sox H, Riley D (2014). The CARE guidelines: consensus-based clinical case report guideline development.. J Clin Epidemiol. 2014;67(1):46-51
Serrano Gallardo, P (2012). Trabajo fin de grado en ciencias de la salud. Madrid : DAE |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
DOCUMENTACIÓN E ESTADÍSTICA SANITARIA/651G01028 | ESTANCIAS CLÍNICAS I/651G01035 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
ESTANCIAS CLÍNICAS II/651G01036 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Os requisitos para a matricula e a defensa do TFG estarán en todo caso determinados pola normativa vixente que adopte a Universidade. Actualmente, a UDC establece que o/a estudante pode matricularse da materia TFG a condición de que lle resten un máximo de 78 créditos para finalizar os seus estudos, incluídos os créditos correspondentes á materia Traballo Fin de Grao. Para a defensa e cualificación do TFG é imprescindible que o/a estudante superase a totalidade do ECTS da titulación, a excepción do propio TFG. Para poder presentar e defender o Traballo Fin de Grao ante o Tribunal avaliador o/a estudante deberá ter superado tódalas materias da titulación, a excepción da propia materia Traballo Fin de Grao. Consideracións medio-ambientais: co obxectivo de axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, e sen perxuizo dos requisitos establecidos no Regulamento de Traballo Fin de Grao, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|