Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Innovación, orientación e avaliación educativa. |
A3 |
Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico e de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades; seguindo as pautas do método científico e dos procesos de investigación desenvoltos acordes a determinadas metodoloxías de investigación cualitativa, cuantitativa e orientadas ó cambio e á innovación. |
A5 |
Ser capaz de demostrar unha comprensión sistemática dos procesos de innovación, orientación e avaliación educativa e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa mesma. |
A7 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas. |
A31 |
Ser capaz de identificar as principais liñas de investigación en orientación e de analizar e valorar os métodos e técnicas de investigación utilizados. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B3 |
Traballar de forma autónoma e con iniciativa. |
B4 |
Traballar de forma colaborativa. |
B8 |
Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa orientación. |
AI1
|
|
|
Ser capaz de concibir e deseñar un proceso substancial de investigación con rigor científico seguindo as pautas do método científico e dos procesos de investigación desenvoltos acordes a determinadas metodoloxías de investigación na orientación. |
AI3
|
|
|
Ser capaz de demostrar unha comprensión sistemática dos procesos de orientación e métodos de investigación relacionados coa mesma |
AI5
|
|
|
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas. |
AI6
|
|
|
Capacidade de análise e síntese. |
|
BI1
|
|
Traballar de forma autónoma e con iniciativa. |
|
BI3
|
|
Traballar de forma colaborativa. |
|
BI4
|
|
Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento. |
|
BI8
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
CM1
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
CM4
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
CM8
|
Ser capaz de identificar as principais liñas de investigación en orientación e de analizar e valorar os métodos e técnicas de investigación utilizados. |
AI30
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Institucionalización da orientación |
Desenvolvemento e situación actual no sistema educativo e no ámbito laboral
Implicacións para a investigación |
Liñas de investigación en orientación no ámbito educativo e laboral
|
Avaliación de necesidades
Deseño e avaliación de programas
Avaliación de servizos de orientación
A praxe dos profesionais da orientación, dos titores e doutros especialistas.
A titoría nos distintos niveis e modalidades de ensino
Avaliación de plans de acción titorial
Desenvolvimento profesional dos profesionais da orientación e dos titores e titoras.
TICs e Orientación |
Retos para a investigación en orientación na sociedade do coñecemento |
Retos para a investigación en orientación na sociedade do coñecemento |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
|
1 |
0 |
1 |
Análise de fontes documentais |
|
7 |
35 |
42 |
Presentación oral |
|
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
|
13 |
0 |
13 |
Portafolios do alumno |
|
0 |
15 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. |
Análise de fontes documentais |
Supón a utilización de documentos bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos |
Presentación oral |
Exposición verbal do traballo do alumnado no que o profesorado e demáis alumnos propoñen cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno o longo do curso, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
A titoría será grupal e individual e está vencellada ó seguimento e supervisión das actividades de avaliación propostas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
|
O portafolios ou carpeta inclúe o traballo realizado polo alumnado, acompañado dunha reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas e sobre o propio proceso de aprendizaxe.
|
50 |
Presentación oral |
|
A presentación do traballo será oral nos horarios de clase e previa a súa titorización. Entre os criterios de valoración contémplanse a organización e síntese da información, a claridade expositiva a os elementos de análise e valoración nas temáticas estudadas. |
20 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As revistas nacionais e internacionais e as actas dos congresos constitúen a principal fonte documental sobre as pesquisas que se veñen realizando no ámbito da orientación. Ao comezo da materia vaíse entregar unha listaxe destas publicacións co seu enderezo web, no que se pode consultar o sumario e, en moitos casos, acceder os artigos e comunicacións. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
A orientación profesional no marco da aprendizaxe ao longo da vida/652439015 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
<p>Esta materia é de interese para o alumnado que &nbsp;queira centrar o seu TFM &nbsp;en orientación e titoría, &nbsp;xa que profundiza nas súas liñas de investigación e na análise das metodoloxías empregadas.</p> |
|