PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN
Unha das premisas é que o alumnado colabore no proceso de avaliación participando na delimitación dos criterios de avaliación e cualificación e exercendo de axente na avaliación das aprendizaxes, ,a través de procedementos de auto e coavaliación, e do proceso de ensino. Por esta razón, os criterios de cualificación e de avaliación poden ser modificados.
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO
A utilización do galego e a súa competencia lingüística tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades escritas grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode chegar até 0,5 puntos.
ASISTENCIA E SISTEMA DE AVALIACIÓN
A asistencia ás aulas é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer individualmente e entregar as actividades realizadas nesa sesión.
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e nos traballos tutelados e ter realizadas o resto das actividades. Cando non se realice algunha das actividades (portafolio ou traballo tutelado) a cualificación será non presentado. Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas.
Ó rematar as aulas e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e coa planificación do traballo grupal. Os resultados da co-avaliación teñen efectos na cualificación individual de cada alumna e alumno.
No caso de non acadar o 80% de asistencia o alumnado terá que realizar un exame específico (3) entregar o portafolio (3 puntos), o traballo tutelado (3 puntos) e as prácticas a través das TIC (1 punto). Para superar a materia hai que obter a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado e ter realizadas o resto das actividades. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas.
Para as persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica hai unha modalidade de avaliación específica. Antes do inicio da materia teñen que solicitar unha titoría para establecer o proceso de seguimento. Para superar a materia terá que realizar o exame (2 puntos) o portafolio (4 puntos), o traballo tutelado (3 puntos) e as prácticas a través das TIC (1 punto) e obter a metadade da cualificación no exame e no traballo tutelado. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas.
UTILIZACION DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA
Nas actividades escritas é obrigatoria a utilización dunha linguaxe inclusiva.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
a) Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición.
b) Plaxio
O plaxio será motivo de suspenso, en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
Falsificación da sinatura
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua
Copiar nos examesO uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso