PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN
Unha das premisas é que o alumnado participe na avaliación, consensuando os criterios de cualificación e sendo axente de avaliación a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón, os criterios de cualificación poden ser modificados.
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO
A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades escritas grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode chegar até 0,5 puntos.
ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades realizadas na aula (só aplicable ó alumnado cun 15% de ausencias) .
As persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden ter unha ausencia superior ó 15%. Neste caso teñen dereito a unha modalidade de avaliación específica que contempla a supervisión e titorización individualizada. En todo caso, teñen que realizar as mesmas tarefas que o resto do alumnado.
O alumnado sen matrícula a tempo parcial e dispensa académica que non cumpra co requisito de asistencia ó 85% das horas da materia terá que realizar un exame teórico-práctico.
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas distintas actividades que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no traballo tutelado e no portafolio. Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas.
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición.
Plaxio
O plaxio será motivo de suspenso. Así o establece o artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC
- https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
- http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual