Aprendizaxe servizo |
A10 C4 |
Avaliarase a calidade do servizo realizado así como as aprendizaxes desenvolvidas durante o proceso, a través do diario de campo que cada grupo deberá realizar de cada unha das derivas / saídas de campo, e dun breve informe de autoavaliación final.
O servizo será avaliado polo profesorado implicado e por parte da entidade colaboradora (ASF), no que respecta a:
- Información recollida na cartografía social.
- Imaxes do dereito ao hábitat seleccionadas.
- Textos elaborados para cada imaxe. |
30 |
Entendendo o proceso creativo como unha secuencia ligada o tempo, non se pode entender a avaliación como un proceso simplemente cuantitativo, senon como un punto de chegada a un determinado estadio que implica unha relación entre o alumnado e o profesorado diferente da tradicional. A capacidade de reflexión e autocrítica debe indicarnos máis que unha simple avaliación clásica. Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbe,
non utilizar plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel
reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais
e profesionais.
|