Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer e integrar os fundamentos educativos da Logopedia: Procesos de ensino e aprendizaxe. |
A16 |
Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial. |
A22 |
Saber deseñar, programar e avaliar a actuación logopédica. |
A23 |
Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe. |
A25 |
Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais. |
A28 |
Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais). |
A29 |
Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador. |
A30 |
Coñecer a actuación profesional e os contornos onde se desenvolve a práctica. |
B1 |
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. |
B3 |
Apreciar as distintas manifestacións da diversidade. |
B4 |
Aprender a aprender. |
B7 |
Capacidade de análise e síntese. |
B9 |
Capacidade de organizar e planificar. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B14 |
Destreza e empatía nas relacións interpersoais. |
B15 |
Poñer en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo. |
B22 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B23 |
Traballar de forma colaborativa. |
B24 |
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender o carácter interrelacional da intervención logopédica no marco do sistema educativo segundo a súa estrutura e funcionamento. |
A16 A25 A29
|
B15
|
C4
|
Coñecer e manexar críticamente as principais cuestións pedagóxicas e recursos didácticos que permitan desenvolver unha intervención logopédica informada dende unha perspectiva educativa holística e ecolóxica, comprometida coa optimización do acceso á aprendizaxe e do potencial comunicativo de todos/as e cada un/ha dos destinatarios/as da súa labor. |
A4 A22 A23 A28
|
B1 B4 B7 B9 B12
|
C3 C6
|
Adquirir unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. |
A4
|
B1 B3
|
|
Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que caracteriza as aulas educativas. |
A4 A16
|
B3
|
|
Asumir a importancia dunha profesionalidade adecuada ó ámbito logopédico no contexto escolar, valorando a importancia da investigación como ferramenta imprescindible para o coñecemento. |
A29 A30
|
B3 B11 B14
|
C7
|
Apreciar as implicacións do desenvolvemento logopédico a nivel individual e colectivo das personas con necesidades específicas de apoio educativo. |
A29
|
B3 B22 B23 B24
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I. Escola, cultura e sociedade. |
- Interrelacións entre sociedade, cultura e escola.
- A escola como camiño cara a igualdade e a inclusión social.
- Estrutura e desenvolvemento da escola como organización.
- Outras institucións e profesionais que colaboran coa escola. |
MÓDULO II. Indicadores educativos para atender á diversidade na aula. |
- Modelos de atención á diversidade en contextos escolares.
- A xestión eficaz da aula en contextos de inclusión do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. |
MÓDULO III. Propostas didácticas na intervención logopédica. |
- Ámbitos de actuación das/os profesionais da Logopedia no sistema educativo.
- A colaboración inter/trans-disciplinar como resposta integral ás NEAE do alumnado e ás necesidades das familias.
- Aproximación ás medidas de atención á diversidade.
- Aproximación ás medidas específicas de atención ante necesidades logopédicas. |
MÓDULO IV. Proxectos de traballo en torno ás necesidades específicas de apoio educativo. |
- Exemplos de proxectos logopédicos en contextos escolares.
- Exemplos de propostas educativas con atención nas Necesidades Específicas de Apoio Educativo. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A16 A22 A23 A25 A28 A29 A30 B1 B3 B4 B14 C7 |
21 |
28 |
49 |
Traballos tutelados |
B1 B4 B7 B9 B12 B22 B23 B24 C3 C6 |
10 |
40 |
50 |
Discusión dirixida |
A16 A25 A29 A30 B1 B3 B4 B7 B9 B12 B22 B23 |
10 |
21 |
31 |
Proba mixta |
A4 A16 A22 A23 A25 A28 A29 A30 B1 B3 B7 B9 B11 B15 C4 C6 |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |
Traballos tutelados |
Ao longo do cuadrimestre proporase un traballo en torno ao contido do temario que deberá fundamentarse coa bibliografía básica e complementaria da guía e con outra seleccionada polo profesorado e/ou polo estudantado.
A súa realización iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións proporcionadas a través da atención personalizada da profesora. A través da exposición na aula e da plataforma Moodle, compartiranse os traballos realizados. |
Discusión dirixida |
Mediante esta metodoloxía trataranse diversos temas orientados a que o alumnado reflexione sobre cuestións clave da materia co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade da intervención logopédica no ámbito educativo.
Valorarase a achega oral individual do alumnado para o enriquecemento da materia así como a participación en pequenas actividades en pequeno grupo que implicarán a posta en común e a posterior elaboración de sínteses escritas. |
Proba mixta |
A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos tratados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Discusión dirixida |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
1. As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas e interactivas, lecturas, actividades, realización da proposta de intervención e preparación do exame, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
2. De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación das actividades que se realicen ao longo do cuadrimestre.
3. Como a realización da proposta de intervención é unha actividade principal na materia e ten un peso importante na avaliación desta, para a súa realización e correcto seguimento, cada grupo (ou alumno/a, de o realizar de maneira individual) deberá obrigatoriamente desenvolver -cando menos- unha titoría, fóra do horario de docencia presencial da materia.
4. Esta proposta de atención personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.
5. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Discusión dirixida |
A16 A25 A29 A30 B1 B3 B4 B7 B9 B12 B22 B23 |
Na avaliación deste aspecto terase en conta o nivel de participación do alumado nos debates desenvoltos na aula ou vía moodle, con especial atención en tres tarefas:
- argumentación individual oral en grupo-clase;
- postas en común en pequeno grupo;
- síntese escrita das conclusións obtidas en pequeno grupo e grupo-clase. |
10 |
Traballos tutelados |
B1 B4 B7 B9 B12 B22 B23 B24 C3 C6 |
Para avaliar o traballo teranse en conta os seguintes aspectos:
ELABORACIÓN
- estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical;
- contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.
EXPOSICIÓN
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva. |
55 |
Proba mixta |
A4 A16 A22 A23 A25 A28 A29 A30 B1 B3 B7 B9 B11 B15 C4 C6 |
A proba mixta consistirá no comentario dun texto ou unha imaxe con base nos contidos tratados nos diferentes documentos traballados na materia. |
35 |
|
Observacións avaliación |
- En aplicación da "Norma que regula el régimen de dedicación al estudio
de los estudiantes de grado en la UDC " (aprobada en Consello de Goberno
de 29 de maio de 2012), o alumnado ao que se lle teña recoñecida a
condición de estudante a tempo parcial e teña solicitado á Decana a
correspondente dispensa académica, quedará eximido da obrigatoriedade
de asistencia á parte das sesións; non obstante,
este alumnado deberá entregar e presentar os correspondentes traballos
de modo individual antes da data establecida para a realización do exame
da materia. - Aquel alumnado que avanzada a materia supere o límite de faltas permitido, deberá realizar -e de ser o caso, expoñer- o traballo tutelado e os escritos derivados das discusións dirixidas, de modo individual.
- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do
peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados, discusión dirixida e
proba mixta). - O traballo tutelado (proposta de intervención logopédica) entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados o traballo tutelado e os escritos derivados das discusións dirixidas.
- É obrigatoria a participación no proceso de asignación inicial de casos para a elaboración do traballo tutelado; esta terá lugar nas primeiras semanas de docencia da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Esta bibliografía é susceptíbel a modificacións a medida que avanza o curso académico. Realizarase unha selección de títulos da listaxe final e da bibliografía complementaria; esta selección será de lectura obrigatoria. Os documentos estarán dispoñibles na Moodle para a súa consulta.
MÓDULO 1. Escola, cultura e sociedade.
Delval, J. (2002). Puntos de partida: Educación y sociedad. En J. Delval, La escuela posible . Como hacer una reforma de la educación (pp. 15-36). Barcelona: Ariel. Martínez, B. (2007). El papel de la escuela . Cuadernos de Pedagogía , 372, 62-64. Núñez, T. (2008). Da segregación á inclusión educativa . A Coruña: Laiovento. Romañach, J. e Lobato, M. (2005). Diversidad funcional, nuevo término para la lucha por la dignidad en la diversidad del ser humano. Foro de Vida Independiente. Recuperado a 10/06/2015 de http://www.forovidaindependiente.org/files/documentos/pdf/diversidad_funcional.pdf
MÓDULO 2. Indicadores educativos para atender á diversidade na aula. Acosta, V. M. (2001). La respuesta educativa a las dificultades del lenguaje desde una perspectiva inclusiva. En J. J. Bueno; T. Núñez e A. Iglesias (Coords.), Atención educativa a la diversidad en el nuevo milenio. XVIII Jornadas de Universidades y Educación Especial (pp. 151-159). A Coruña: Universidade da Coruña. Barreiro, P. M. (2009). Respostas dos centros educativos á diversidade . Revista Galega de Educación , 43, 34-39. Fernández, C. (2009). Los modelos de la respuesta educativa a las dificultades del lenguaje. En C. Fernández. La logopedia en la escuela. Propuestas desde la práctica para una educación más inclusiva (pp. 35-50). Las Palmas de Gran Canaria: Universidad de las Palmas de Gran Canaria. Núñez, T. (2008). Educación Especial: normalizar ou volver patolóxicas as diferenzas. Revista Galega do Ensino , 52, 20-23. Pardo, N. A. (2011). El papel del logopeda o fonoaudiólogo en la inclusión educativa . Recuperado a 28/06/2016 de http://www.espaciologopedico.com/articulos/articulos2.php?Id_articulo=2261.
MÓDULO 3. Propostas didácticas na intervención logopédica. Acosta, V.M. e Moreno, A.Mª. (2001). Atención educativa a las necesidades especiales relacionadas con el lenguaje oral. En F. Salvador (dir.), Enciclopedia psicopedagógica de necesidades educativas especiales (pp. 387-405). Vol. 2. Málaga: Aljibe. Carreras, I. (2001). Igual que los demás. Cuadernos de Pedagogía , 303, 36-38. Castejón, L. e España, Y. (2004). La colaboración logopeda-maestro: hacia un modelo inclusivo de intervención en las dificultades del lenguaje. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología , 24(2), 55-66. Estellés, Mª. T. (1999). Intervención logopédica en los trastornos de la voz: de la infancia a la tercera edad. En J. D. Martín (Ed.), Logopedia escolar y clínica. Últimos avances en evaluación e intervención (pp. 219-232). Madrid. CEPE. Fernández, C. (2009). Características del modelo de apoyo a las dificultades del lenguaje. Implicaciones educativas. En C. Fernández, La logopedia en la escuela. Propuestas desde la práctica para una educación más inclusiva (pp. 69-93). Las Palmas de Gran Canaria: Universidad de las Palmas de Gran Canaria. Galán, P. (2001). El logopeda como profesional del lenguaje y de la comunicación en los centros educativos. En F. Peñafiel, e J. de D. Fernández (Coords.), Cómo intervenir en Logopedia Escolar (pp. 168-183). Madrid: CCS. González, D. (1993). Adaptaciones curriculares. Guía para su elaboración . Málaga: Aljibe. Moreno, A. Mª. (2001). Alternativas para el cambio en el modelo de atención a las dificultades del lenguaje en el contexto escolar. En J. J. Bueno; T. Núñez e A. Iglesias (Coords.), Atención educativa a la diversidad en el nuevo milenio. XVIII Jornadas de Universidades y Educación Especial (pp. 379-384). A Coruña. Universidade da Coruña. Rodríguez, E. (2008). La intervención del maestro/a de Audición y Lenguaje con los/as alumnos/as con necesidades educativas especiales. Reflexiones y experiencias innovadoras en el aula , 2, 13 pp. Sánchez, M.J.; López, G. (2005). Intervención logopédica en los alumnos del colegio de sordos `Sagrada Familia´. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología , 25: 1, 38-40. Solano, N. (2010). Habilidades profesionales en la intervención logopédica. En M. Lázaro, Aspectos teóricos y prácticos de la intervención logopédica . Colección de e-books da Universidad de Castilla La Mancha, 5-30. Zapiola, Mª C. (2005). Adaptaciones curriculares para niños con compromiso en la comunicación y el lenguaje. Revista Argentina de Psicopedagogía , 59, 6 pp.
MÓDULO 4. Proxectos de traballo en torno ás Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Bustos, Mª C. (1995). Manual de Logopedia Escolar. Niños con alteraciones del lenguaje oral en Educación Infantil y Primaria . Madrid: CEPE. Cidoncha, V. e Díaz, E. (2008). Materiales generales y específicos para los alumnos con necesidades educativas especiales. Educación y futuro digital (Edición dixital), 5 pp. Rodríguez, L. (2010). Elaboración de documentos y materiales para la intervención logopédica. En M. Lázaro, Aspectos teóricos y prácticos de la intervención logopédica . Colección de e-books da Universidad de Castilla La Mancha, 177-246. Torres, J. (2002). Trastornos del lenguaje en niños con necesidades educativas especiales. Barcelona: CEAC. |
Bibliografía complementaria
|
|
Acosta,
V.M. (2004). Las prácticas educativas ante las dificultades del
lenguaje. Una propuesta desde la acción. La colaboración entre logopedas,
psicopedagogos, profesores y padres. Barcelona: Ars Medica. Acosta,
V. M. e Moreno, A. Mª. (2003). Dificultades del lenguaje, colaboración
e inclusión educativa. Manual para logopedas, psicopedagogos y profesores. Barcelona:
Ars Medica. Ainscow,
M. (2001). Desarrollo de escuelas inclusivas. Madrid: Narcea. Ariza, M.
A. e Trujillo, F. (2006). Experiencias educativas en aprendizaje cooperativo.
Granada: Grupo Editorial Universitario. Barton,
L. (1998). Discapacidad y sociedad. Madrid: Morata. Castro, Mª
M; Zapico, H. e Rodríguez, J. (2007). Experiencias de trabajo entre escuela y comunidad en el contexto gallego. En Mª. M. Castro; G. Ferrer; M.F. Majado; J. Rodríguez; J. Vera; M. Zafra e Mª H. Zapico. La escuela en la comunidad: la comunidad en la
escuela (pp. 139-177). Barcelona: Graó. Echeita,
G. (2007). Educación para la
inclusión o educación sin exclusiones. Madrid: Narcea. Gallardo, J. R. e Gallego, José L. (2003). Manual de logopedia escolar.
Un enfoque práctico. Málaga: Aljibe. García, C. (1998). Una escuela común para niños diferentes: la integración
escolar. Barcelona: EUB. Iglesias, Mª J. e Sánchez, Mª del C. (2007). Diagnóstico e intervención didáctica del
lenguaje escolar. A Coruña: Netbiblo Iza,
M. (2002). Recursos tecnológicos en
Logopedia. Málaga: Aljibe. Moya,
A. (2002). El profesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?,
¿cómo?...realiza su trabajo. Archidona: Ediciones Aljibe. Parrilla,
Á. (2003). La Respuesta
Educativa a la Diversidad. Bases Pedagógicas de la Educación Especial: Manual
para la Formación Inicial del Profesorado. Madrid: Biblioteca Nueva. Pino,
F. R. (2007). La cultura de las personas sordas. Conferencia signada
no Observatori d'Ètica Aplicada a la Intervenció Social dentro dp Seminario
Els Atres Prenen la Paraula. Consultado a 26/06/2015 en http://www.cultura-sorda.eu/resources/La+cultura+de+las+personas+sordas+Felisa+R.pdf Porras,
R. (1998). Una escuela para la
integración educativa: una alternativa al modelo tradicional. Sevilla: Morón. Stainback,
S. e Stainback, W. (2001). Aulas inclusivas: un nuevo modo de
enfocar y vivir el currículo . Madrid: Narcea. WEBGRAFÍA
(DATA DE CONSULTA: 28/06/2018) Portal da
Asociación Española de Logopedia, Foniatría y Audiología: http://www.aelfa.org Portal da
Asociación de Logopedas de España: http://ale-logopedas.org/ Portal
“Atención á Diversidade” da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/web/diversidadeorientacion Portal
“Cultura Sorda”: http://www.cultura-sorda.eu/ Portal do
Foro de Vida Independiente y Divertad: http://www.forovidaindependiente.org/ Portal de
“El logopeda sin recursos”: http://www.logopedasinrecursos.org/ Portal de
Orientación Educativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD): http://ntic.educacion.es/w3/recursos2/orientacion/ LEXISLACIÓN
(DATA DE CONSULTA: 24/06/2018) Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE, suplemento en lingua galega ao número 295, de 10 de decembro de 2013) http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886-G.pdf Lei 3/2006, do 30 de xuño, de creación do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (DOG nº 135, de 13 de xullo de 2006) http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei3_2006.pdf Lei
Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE suplemento en lubgua galega nº 6, de 4 de maio de 2006) http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2006/05/15/pdfs/A00931-00978.pdf Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias (artigos II e VII sobre o establecemento da Logopedia como profesión e as súas funcións) (BOE, suplemento en lingua galega nº 14, de 24 de novembro de 2003) http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2003/11/24/pdfs/A02536-02551.pdf Real
Decreto 334/1985, de 6 de marzo, de Ordenación de la Educación Especial (BOE nº 65, de 16 de marzo de 1985) http://ouad.unizar.es/documents/RealDecreto3341985de6demarzodeOrdenaciondelaEducacionEspecial..pdf Real
Decreto 299/1996, de 28 de febrero, de ordenación de las acciones dirigidas a
la compensación de desigualdades en educación (BOE nº 62, de 12 de marzo de
1996) http://www.boe.es/boe/dias/1996/03/12/pdfs/A09902-09909.pdf Decreto
320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con
necesidades educativas especiais (DOG nº 153, de 6 de agosto de 1996) http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19960806/Anuncio8E56_gl.html Decreto
120/1998, do 23 de abril polo que se regula a orientación educativa e
profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 79, de 27 de abril de
1998) http://www.xunta.es/Dog/Dog1998.nsf/FichaContenido/B17a?OpenDocument Orde do 6
de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do curriculum nas
ensinanzas de réxime xeral (DOG nº 213, de 7 de novembro de 1995) http://www.xunta.es/dog/Publicados/1995/19951107/Anuncio58F2_gl.html Orde do 31
de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos
e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de
réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización
do dictame de escolarización (DOG nº 247, de 19 de decembro de 1996) http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19961219/AnuncioC9A2_gl.html Orde do 19
de maio de 1997 pola que se regulan os programas de diversificación curricular
na educación secundaria obrigatoria (DOG nº 108, de 6 de xuño de 1997) http://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970606/Anuncio717E_gl.html Orde do 24
de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da
orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada
polo Decreto 120/1998 (DOG nº 148, de 31 de xullo de 1998) http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio107CA_gl.html Orde do 27
de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a
escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino
non universitario con necesidades educativas especiais (DOG nº 20, do 30 de
xaneiro de 2003) http://www.xunta.es/dog/Publicados/2003/20030130/Anuncio3CD6_gl.html |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Inclusión educativa e adaptación do currículo/652G04011 |
|
Observacións |
1.- De modo xeral, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimir as actividades. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autoras e autores, propiciarase a intervención en clase de todo o alumnado, etc.) 3.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|