A avaliación da asignatura constará de dúas partes diferenciadas:
- O 60% da calificación corresponderá á avaliación continua, e asociarase á elaboración de una proposta de investigación, relacionada co perfil profesional do/a alumno/a, que se concretará na elaboración (50%) e exposición (10%) do borrador dun proxecto de investigación.
- O 40% da calificacción corresponderá á nota acadada nunha proba obxectiva, realizada de forma presencial na data que oficialmente estableza a coordinación do máster, que constará de preguntas breves e/ou tipo test, así como na resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos que se desenvolvan ó longo do curso.
En calquera caso será necesario ter entregado tanto o borrador do proxecto de investigación como terse presentado á proba obxectiva para poder superar a asignatura. En caso contrario, a nota máxima que constará na acta será dun 4.
Para obter a calificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a non poderá ter participado en ninguna das actividades/metodoloxías propostas.
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumplir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:
a.- Non se empregarán plásticos.
b.-Realizaranse impresións a dobre cara.
c.- Empregarase papel reciclado.
d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.