Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A17 |
CE17 Coñecer os fundamentos, potencial, tecnoloxía, aplicacións, características de equipos e normativa das fontes de enerxía renovable utilizadas no edificio. |
A18 |
CE18 Coñecer as distintas técnicas de integración dos sistemas baseados en enerxías renovables tanto para a infraestrutura como para os elementos vistos utilizando solucións de integración na envolvente cun impacto visual moderado no edificio, así como o correcto dimensionado de salas de caldeiras e sistemas de almacenamento de combustibles |
B3 |
CB03 Ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
CB04 Saber comunicar conclusións ?e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan? a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
CB05 Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo. |
B6 |
CG01 Capacidade de análise e síntese. |
B7 |
CG02 Capacidade de organización e planificación. |
B8 |
CG03 Coñecementos informáticos relativos ao ámbito do programa formativo. |
B9 |
CG04 Capacidade de xestión da información. |
B10 |
CG05 Resolución de problemas. |
B11 |
CG06 Toma de decisións. |
B12 |
CG07 Traballo en equipo. |
B14 |
CG09 Razoamento crítico. |
B16 |
CG11 Aprendizaxe autónoma. |
B21 |
CG16 Motivación pola calidade. |
B22 |
CG17 Sensibilidade cara a temas ambientais. |
B23 |
CG18 Orientación a resultados. |
B24 |
CG19 Orientación ao cliente. |
C1 |
CT01 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
CT03 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT04 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
CT06 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT07 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os requisitos normativos e tecnolóxicos para sistemas baseados en enerxías renovables e coxeración |
AM17 AM18
|
BM3 BM4 BM5 BM6 BM7 BM8 BM9 BM10 BM11 BM12 BM14 BM16 BM21 BM22 BM23 BM24
|
CM1 CM3 CM4 CM6 CM7
|
Coñecer e aplicar as metodoloxías de control de montaxe, posta en marcha e legalización das instalacións regulamentarias baseadas na utilización de enerxías renovables e coxeración. |
AM17 AM18
|
BM3 BM4 BM5 BM6 BM7 BM8 BM9 BM10 BM11 BM12 BM14 BM21 BM22 BM24
|
CM1 CM3 CM4 CM6 CM7
|
Adquirir criterios para a comprobación do correcto dimensionamento das instalacións baseadas na utilización de enerxías renovables e coxeración. |
AM17 AM18
|
BM3 BM4 BM5 BM6 BM7 BM8 BM9 BM10 BM11 BM12 BM14 BM21 BM22 BM24
|
CM1 CM3 CM4 CM6 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque 1.- Introdución aos sistemas renovables |
Obxectivos normativos formulados
Necesidades a cubrir polos sistemas renovables |
Bloque 2.- Sistema solar térmico para a produción de ACS |
Fundamentos e normativa
Esquemas e Compoñentes
Cálculo
Mantemento |
Bloque 3.- Sistema solar fotovoltáico para a produción de enerxía eléctrica |
Fundamentos e normativa
Esquemas e Compoñentes
Cálculo
Mantemento |
Bloque 4.- Sistema xeotérmico para instalacións hidráulicas e térmicas |
Fundamentos e normativa
Esquemas e Compoñentes
Dimensionado
Mantemento |
Bloque 5.- Sistema minieólico para a produción de enerxía eléctrica |
Fundamentos e normativa
Esquemas e Compoñentes
Mantemento |
Bloque 6.- Sistema de produción de calor mediante o emprego de biomasa e coxeración |
Fundamentos e normativa
Características dos equipos
Sala de equipos
Mantemento |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 B21 B22 B23 B24 C1 C3 C4 C6 C7 |
15 |
10 |
25 |
Proba de resposta breve |
A17 A18 B3 B4 B6 B10 C1 C3 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A17 A18 B3 B4 |
10 |
10 |
20 |
Proba obxectiva |
A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B14 C1 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B14 B22 B24 C3 |
12 |
10 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Analizarase o desenvolvemento dun caso práctico para cada sistema |
Proba de resposta breve |
Consiste na realización dunha proba tipo test e/ou de resposta breve (entre 10 e 20 preguntas) cunha duración máxima dunha hora. |
Sesión maxistral |
Exposición do profesor dos fundamentos e criterios técnicos aplicables a cada sistema, así como a análise da súa integración no inmoble. |
Proba obxectiva |
Consiste na realización de un traballo similar a os propostos durante o curso. |
Análise de fontes documentais |
Analizarase o contido e as prescricións formuladas na normativas técnicas e bibliografía específica para cada sistema. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
Durante as sesións dedicadas ao estudo de casos prácticos, o profesor realizará unha atención personalizada co obxectivo de orientar e corrixir o alumno no desenvolvemento de exemplos concretos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 B21 B22 B23 B24 C1 C3 C4 C6 C7 |
O alumno realizará un máximo de cinco traballos individuais propostos polo profesor. |
42 |
Proba obxectiva |
A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B14 C1 |
Traballo práctico similar a os traballos individuaís propostos. |
18 |
Proba de resposta breve |
A17 A18 B3 B4 B6 B10 C1 C3 |
Durante o curso, realizarase un exame teórico, que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas, de cada un dos bloques temáticos, para poder presentarse ás probas teóricas esíxese a asistencia a clase, cuxa media deberá ser superior a 4. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Avaliación por curso (70% da cualificación da materia):
• Probas obxectivas teóricas: realizarase un exame teórico, que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas, de cada un dos bloques temáticos, para poder presentarse ás probas teóricas esíxese a asistencia a clase (40% da cualificación obtida por curso).
• Traballos prácticos: Realizaranse un mínimo de cinco traballos prácticos individuais, un por cada bloque temático. O profesor poderá expor un traballo práctico en grupo complementario aos individuais, cuxa nota repercutirá en nótaa media de traballos prácticos realizados durante o curso, esíxese a asistencia ás sesións interactivas (60% da cualificación obtida por curso)
Exame final (proba obxectiva) (30% da cualificación da materia):
• O exame final consta de dous partes: unha teórica e outra práctica.
• O exame teórico (exame tipo test e resposta curta, entre 10 e 20 preguntas) supón o 40% da nota da proba obxectiva.
• O exame práctico (propoñerase un exercicio similar aos traballos prácticos realizados durante o curso), o que supón un 60% da nota da proba obxectiva.
Aclaracións relevantes:
• Se a cualificación media obtida por curso é superior a 8, o alumno quedará eximido de presentar o exame final, neste caso obterá unha nota máxima de 6,9. Os alumnos que desexen optar a unha nota máis alta, deberán presentar exame final (teoría e práctica).
• No caso de dispensa académica, o alumno estará obrigado a presentar as probas teóricas por curso e presentar os traballos individuais nas datas fixadas polo profesor. En caso contrario, a cualificación obtida por curso será un cero.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
FRANCISCO JAVIER REY MARTINEZ, ELOY VELASCO GOMEZ (). Bombas de calor y energías renovables en edificios. Paraninfo
Aranda, Alfonso (). Integración de energías renovables en edificios. Prensas Universitarias de Zaragoza
Antonio Madrid Vicente (). LA BIOMASA Y SUS APLICACIONES ENERGÉTICAS. AMV ediciones
Carlos Tobajas Vázquez (). MONTAJE Y MANTENIMIENTO DE INSTALACIONES SOLARES TÉRMICAS. AMV ediciones
José María Fernández Salgado (). TECNOLOGÍA DE LAS ENERGÍAS RENOVABLES. AMV ediciones |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Técnicas de montaxe e integración dos sistemas de enerxías renovables/670526012 | Técnicas de acondicionamento e Certificación IAQ da calidade ambiental interior na edificación/670526026 |
|
Materias que continúan o temario |
Técnicas de aforro e uso eficiente da enerxía nos edificios: rehabilitación enerxética/670526025 |
|
|