EXAME PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE.
No exame da primeira e segunda oportunidade, realizarase unha parte teórica e outra de solución de problemas.
AVALIACIÓN CONTINUA (PRÁCTICAS DE LABORATORIO)
Representa o 30 % da nota final. Para poder optar a esta nota, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 % das clases interactivas e das expositivas, así como realizar TODAS as actividades de laboratorio propostas. Ademais será necesario obter unha nota mínima de 5 sobre 10, para tela en conta na nota final da materia. No caso de non cumprir algún dos requisitos anteriores a nota correspondente á Avaliación continua, será cero (0).
As actividades a realizar e a porcentaxe na nota total das Prácticas de laboratorio, serán:
Práctica de Laboratorio*: Realización da análise granulométrico dunha area (10 %).
Práctica de Laboratorio*: Deseño e fabricación dun formigón en laboratorio. Realización de ensaios de consistencia e resistencia. (10 %).
PARTICIPACIÓN EN CLASE: Avaliarase o traballo persoal e a intervención en clase (10%)
CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de granulometría de áridos. (35 %).
CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de dosificación dun formigón. (35 %).
NOTA FINAL
A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria,tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a puntuación obtida no exame final . O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua e asistise ao 80% das clases e realizado o traballo previo necesario, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota superior ou igual a 5 no exame final.
A nota final obterase mediante o cálculo da media aritmética ponderada das distintas metodoloxías de avaliación. (30 % Avaliación Continua, 50 % Proba Obxectiva e 20 % Solución de Problemas).
En cada unha das partes que compoñen o exame deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10, para poder aprobar o exame. En caso contrario (Nota inferior a 4 nalgunha das partes do exame), a nota medía ponderal dividirase por 1,6.
*Anularanse todas as prácticas no laboratorio se non se certifica que os datos de radón cumpren a normativa vixente. Nese caso o contido das prácticas se desarrrollará só a través de vídeos e normativa, e a nota da súa avaliación obterase nas probas obxectivas (controis) que pasarán a ter unha puntuación do 50% da nota de avaliación cada un:
PARTICIPACIÓN EN CLASE: Avaliarase o traballo persoal e a intervención en clase (10%)
CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de granulometría de áridos e preguntas sobre o seu procedemento. (45 %).
CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de dosificación dun formigón e preguntas sobre o deseño, fabricación e control do formigón. (45 %).
Sera necesaria unha nota media de 5 sobre 10 no exame para aprobar.
Non se permite o uso de calculadoras programables nos exames da materia.
Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán