Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Aptitude para redactar proxectos técnicos de obras e construcións, que non requiran proxecto arquitectónico. |
A15 A29 A31
|
B1 B2 B15 B16 B23 B24
|
C1 C3 C6 C8 C9
|
Adquirir coñecementos da organización do traballo profesional e dos estudos, oficinas e sociedades profesionais, a regulamentación e a lexislación relacionada coas funcións que desenvolve o Arquitecto Técnico e o marco de responsabilidade asociado á actividade. |
A27 A29
|
B7 B13 B16 B19 B24
|
C1 C2 C3 C4 C5 C7
|
Analizar, auditar, controlar os proxectos de execución e a súa translación á execución das obras. |
A27
|
B2 B7 B16 B19 B24
|
C1 C4 C5 C6 C9
|
Redactar documentos que forman parte de proxectos de execución elaborados en forma multidisciplinar. |
A15 A29
|
B1 B2 B16 B19
|
C1 C2 C3 C7 C8
|
Aplicar a normativa técnica ao proceso da edificación, e xerar documentos de especificación técnica dos procedementos e métodos construtivos de edificios. |
A29 A31
|
B2 B13 B16 B19 B24
|
C1 C2 C4 C6
|
Analizar, deseñar e executar solucións que faciliten a accesibilidade universal nos edificios e a súa contorna. |
A31
|
B1 B13 B16 B24
|
C4 C6
|
Determinar o contido gráfico dun proxecto técnico coa capacidade técnica para afrontar as cuestións tecnolóxicas e construtivas necesarias para a súa realización. |
A15 A31
|
B1 B15 B16 B23
|
C3 C6 C8
|
Capacidade para aplicar as ferramentas avanzadas necesarias parea a resolución das partes que comportan o proxecto técnico e a súa xestión. |
A15 A27 A29 A31
|
B1 B2 B15 B16 B23
|
C3 C5 C6 C8
|
Identificar, diferenciar e interpretar os códigos gráficos de representación dos elementos que interveñen nun proxecto arquitectónico aplicando as normativas e os criterios de deseño adecuadas a cada caso. |
A15 A31
|
B1 B2 B16 B23 B24
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
INTRODUCIÓN |
Introdución ao proxecto técnico en edificación. Definición e obxecto. Tipos de proxectos. Fases de elaboración do proxecto. Normativa. |
METODOLOXÍA DO PROXECTO |
O contexto e os medios do proxecto. Proceso metodolóxico: análise, síntese, avaliación. Adecuación e coherencia entre proposta e obxectivos. |
REPRESENTACIÓN, COMUNICACIÓN E DOCUMENTACIÓN DO PROXECTO |
Memorias: descritiva e construtiva. Análise do contido gráfico do proxecto. |
ZONIFICACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE ESPAZOS |
Distribucións en relación coa función e o uso. Creación de espazos e ambientes. Estudo de percorridos e circulacións. A iluminación e o mobiliario como elementos de distribución. Relación entre espazos públicos e privados. Relación entre espazos e compatibilidade entre eles. Conexión entre espazos servidos e de servizo. |
ESPAZOS COMERCIAIS E DE TRABALLO. CASO PRÁCTICO |
Análise, desenvolvemento e planificación dun espazo comercial ou de traballo. |
O ESPAZO DOMÉSTICO: A VIVENDA. CASO PRÁCTICO. |
Análise, desenvolvemento e planificación dun ámbito destinado a vivenda. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A29 A31 B1 B13 B16 B23 C1 C4 C7 |
25 |
25 |
50 |
Obradoiro |
A15 A27 A29 A31 B1 B2 B7 B13 B16 B19 B23 C1 C4 C6 |
25 |
25 |
50 |
Traballos tutelados |
A15 A27 A31 B1 B2 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C6 C9 |
0 |
30 |
30 |
Portafolios do alumno |
A15 B2 B7 B15 B19 B23 C1 C4 C7 C8 |
2 |
6 |
8 |
Análise de fontes documentais |
A27 B1 B2 B7 B13 B16 B23 C2 C3 C4 C5 C6 |
0 |
10 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O formato da docencia expositiva consiste na modalidade de exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de cuestións expostas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A exposición oral poderase complementar con outro tipo de actividades formativas como conferencias, presentacións, charlas, visitas, etc. |
Obradoiro |
A docencia interactiva organízase segundo a estrutura de taller de proxectos, modalidade formativa orientada á aplicación das aprendizaxes adquiridas nas clases teóricas e na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado. |
Traballos tutelados |
Con esta metodoloxía preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesorado tanto en escenarios académicos como profesionais. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación. |
Portafolios do alumno |
Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto técnico elaborado: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos. |
Análise de fontes documentais |
Para o desenvolvemento material dos traballos, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. De forma individual ou nos grupos de taller analízase a documentación dispoñible e amplíase, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Traballos tutelados |
Obradoiro |
|
Descrición |
O profesor simultaneará o seguimento colectivo do grupo co de cada alumno para garantir a correcta evolución do proceso proyectual individual. Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de ensino/aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A15 B2 B7 B15 B19 B23 C1 C4 C7 C8 |
Neste apartado considérase o seguimento da recompilación de datos e a xestión de información elaborada polo alumno con relación aos traballos desenvolvidos así como a participación activa e o aproveitamento do alumnado nas prácticas e actividades que se realicen sobre os contidos da materia. |
10 |
Traballos tutelados |
A15 A27 A31 B1 B2 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C6 C9 |
Propoñerase a elaboración de traballos prácticos relacionados cos contidos da materia.
Ao comezo do cuadrimestre comunicarase aos alumnos o número de traballos, as súas características e as datas de entrega correspondentes. |
90 |
|
Observacións avaliación |
Para a avaliación da materia esíxese unha asistencia regular tanto ás clases expositivas como ás interactivas cun mínimo do 80% de asistencia en cada unha delas. Calquera incidencia relacionada coa asistencia (causas familiares, laborais, dispensa académica de *exención de asistencia, etc.) deberá ser comunicada ao profesorado responsable ao comezo do periodo de docencia ou no momento en que esta se produza. A docencia da materia de Proxectos Técnicos II baséase nunha metodoloxía de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), suxeitos a un sistema de avaliación continua e coa obriga de participación activa por parte do alumnado.. Cada proxecto realizarase de forma individual e consideraranse APTOS aqueles traballos que alcancen unha puntuación mínima de 5 sobre 10. Para superar a materia é necesario a correcta realización de TODOS os traballos propostos así como o adecuado seguimento dos mesmos na clase de prácticas (taller de proxectos) e nas tutorías. Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da materia. Para superar a materia POR CURSO o alumno deberase realizar a entrega de TODOS os traballos propostos na forma e prazo sinalados ao comezo do período de docencia e cada un dos traballos deberá ser cualificado como APTO. Os alumnos que non superen a materia por curso deberán entregar os traballos correspondentes na data fixada para a Primeira Oportunidade de avaliación (XUÑO) ou, no seu caso, na data fixada Segunda Oportunidade de avaliación (XULLO). Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións correspondentes do profesor responsable da materia. IMPORTANTE: Terá a condición de NON PRESENTADO o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: - Non cumprir co mínimo de asistencia esixido. - Non entregar en tempo e forma algún dos traballos propostos. Non se permitirá completar ou modificar os traballos fóra das datas de entrega sinaladas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
CHING, Francis D. K. (2010). ARQUITECTURA: FORMA, ESPACIO Y ORDEN. Editorial Gustavo Gili
NEUFERT; Ernst (2013). ARTE DE PROYECTAR EN ARQUITECTURA. Editorial Gustavo Gili
ALLEN, Gerard; OLIVER, Richard (1982). ARTE Y PROCESO DEL DIBUJO ARQUITECTÓNICO. Editorial Gustavo Gili
ALCALDE PECERO, francisco (2002). BANCO DE DETALLES ARQUITECTÓNICOS. Edición del autor
NEUFERT, Peter; NEFF, Ludwig (2013). CASA, VIVIENDA, JARDÍN. Editorial Gustavo Gili
ALLEN, Edward (1982). CÓMO FUNCIONA UN EDIFICIO. PRINCIPIOS ELEMENTALES. Editorial Gustavo Gili
GARCÍA ERVITI, Federico (2016). COMPENDIO DE ARQUITECTURA LEGAL. DERECHO PROFESIONAL Y VALORACIONES INMOBILIARIAS. Editorial Reverté
DE GRACIA, Francisco (1992). CONSTRUIR EN LO CONSTRUIDO: LA ARQUITECTURA COMO MODIFICACIÓN. Editorial Nerea
CHING, Francis D. K.; JUROSZEK, Steven P. (1999). DIBUJO Y PROYECTO. Editorial Gustavo Gili
BENEVOLO, Leonardo (1981). DISEÑO DE LA CIUDAD - 1. La descripción del ambiente. Editorial Gustavo Gili
PRENZEL, Rudolf (1982). DISEÑO Y TÉCNICA DE LA REPRESENTACIÓN EN ARQUITECTURA. Editorial Gustavo Gili
SAINZ, Jorge (2017). EL DIBUJO DE ARQUITECTURA. Editorial Reverte
BOUDON; Philippe / POUSIN (1993). EL DIBUJO EN LA CONCEPCIÓN ARQUITECTÓNICA. Limusa Noriega editores
MUÑOZ COSME, Alfonso (2008). EL PROYECTO DE ARQUITECTURA: CONCEPTO, PROCESO Y REPRESENTACIÓN. Editorial Reverte
PRAT, Jaime (1988). ERGONOMÍA Y MUEBLE. Instituto Biomecánica de Valencia
E. J. MCCORMIK (1980). ERGONOMÍA. FACTORES HUMANOS EN INGENIERÍA Y DISEÑO. Editorial Gustavo Gili
GIEDION, Sigfried (2009). ESPACIO, TIEMPO Y ARQUITECTURA.. Editorial Reverte
WON, Wucius (1995). FUNDAMENTOS DEL DISEÑO BIDIMENSIONAL Y TRIDIMENSIONAL.. Editorial Gustavo Gili
TUNSTALL, Gavin (2009). LA GESTIÓN DEL PROCESO DE EDIFICACIÓN. DEL CROQUIS A LA EJECUCIÓN. Editorial Reverté
PANERO, Julius; ZELNIK, Martin (2014). LAS DIMENSIONES HUMANAS EN LOS ESPACIOS INTERIORES. Editorial Gustavo Gili
CHING, Francis D. K. (2016). MANUAL DE DIBUJO ARQUITECTÓNICO. Editorial Gustavo Gili
VALDERRAMA, Fernando (2010). MEDICIONES Y PRESUPUESTOS. Editorial Reverté
CHRISTOPHER JONES, John (1982). MÉTODOS DE DISEÑO.. Editorial Gustavo Gili
QUARONI, Ludovico (1980). PROYECTAR UN EDIFICIO: OCHO LECCIONES DE ARQUITECTURA. Xarait Ediciones
ZEVI, Bruno (2010). SABER VER LA ARQUITECTURA. Editorial Apostrofe
SCHMITT; Heinrich; HEENE, Andreas (2009). TRATADO DE CONSTRUCCIÓN. Editorial Gustavo Gili
MUNARI, Bruno (2016). ¿CÓMO NACEN LOS OBJETOS?: APUNTES PARA UNA METODOLOGÍA PROYECTUAL. Editorial Gustavo Gili |
|
Bibliografía complementaria
|
VV.AA. (2018). Ahorro de energía en el diseño de edificios. Ediciones Asimétricas
URBAN BROTONS, Pascual (2016). CONSTRUCCIÓN DE ESTRUCTURAS DE HORMIGÓN ARMADO ADAPTADO A LAS INSTRUCCIONES EHE-08, NCSE-02 Y CTE. Editorial Club Universitario
URBAN BROTONS, Pascual (2012). CONSTRUCCIÓN DE ESTRUCTURAS DE MADERA. Editorial Club Universitario
URBAN BROTONS, Pascual (2008). CONSTRUCCION DE ESTRUCTURAS HORMIGON ARMADO: DETALLES CONSTRUCTIVOS Y PERSPECTIVAS. Editorial Club Universitario
URBAN BROTONS, Pascual (2009). CONSTRUCCIÓN DE ESTRUCTURAS METÁLICAS. Editorial Club Universitario
LÓPEZ CAÑERO, Juan (2016). FONTANERÍA Y CALEFACCIÓN BÁSICA. Editorial paraninfo
VV.AA. (2017). Instalaciones de climatización y ventilación en el diseño de edificios. Ediciones Asimétricas
VV.AA. (2017). INSTALACIONES DE ILUMINACIÓN EN EL DISEÑO DE EDIFICIOS. Ediciones Asimétricas
VV.AA. (2016). INSTALACIONES ELÉCTRICAS EN EL DISEÑO DE EDIFICIOS. Ediciones Asimétricas
VV.AA. (2015). INSTALACIONES HIDRÁULICAS EN EL DISEÑO DE EDIFICIOS. Ediciones Asimétricas
LÓPEZ CAÑERO, Juan (2016). REDES DE EVACUACIÓN. Editorial paraninfo
VV.AA. (2016). SEGURIDAD EN CASO DE INCENDIO PARA DISEÑADORES DE EDIFICIOS. Ediciones Asimétricas |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Xeometría Descritiva/670G01004 | Expresión Gráfica Arquitectónica I/670G01008 | Construción I/670G01009 | Construción II/670G01011 | Expresión Gráfica Arquitectónica II/670G01013 | Instalacións I/670G01014 | Construción III/670G01017 | Xeometría da Representación/670G01018 | Estructuras I/670G01019 | Topografía/670G01020 | Proxectos Técnicos I/670G01023 | Instalacións II/670G01024 | Estruturas II/670G01025 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Construción IV/670G01022 | Medicions, Orzamentos e Control Económico/670G01030 |
|
Materias que continúan o temario |
Proxecto Fin de Grao/670G01036 |
|
Observacións |
NOTA: Para o correcto seguimento e aproveitamento da materia considérase conveniente o coñecemento e manexo de programas informáticos de deseño asistido (AutoCAD, ArchiCad, Revit, SketchUP, etc.), así como de programas informáticos de carácter ofimático (procesamento de textos, follas de cálculo, xestión de PDFs, tratamento de imaxes, presentacións, etc.). Recoméndase acudir ás clases interactivas (taller de proxectos) provistos dun computador portatil con acceso a Internet. |
|